eldiario.es

9

Síguenos:

Boletines

Boletines

Luís Pardo

Con 16 anos, a Luís Pardo deixáronlle un micrófono na emisora municipal do seu concello, Radio Culleredo, e xa non quixo soltalo. Hoxe dirixe e presenta o magazine local Hoy por Hoy Santiago en Radio Galicia-Cadena SER e forma parte do comité de redacción da revista Luzes. Polo camiño, tras licenciarse en Xornalismo, escribiu teletipos, formou parte do equipo fundador dunha radio e de dúas televisións (as dúas, pechadas), presentou programas de música en directo, percorreu Galicia facendo reportaxes, opinou en 20 Minutos e ata dirixiu unha efémera revista sobre baloncesto. É membro fundador e secretario da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO). Colabora co programa "Radio na Biblio" da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia.

  • Reacciones a sus artículos en eldiario.es: 1

Anacrónico e atemporal

É incrible o importante que é o importante xusto ata que deixa de ser importante. Hai apenas un mes, todo pasaba polas eleccións. Todo. Tanto é así que eu cheguei a pedir, reclamar, solicitar, urxir, pregar… que se convocasen dunha vez para non facernos sufrir máis. O ambiente político era irrespirable e non había nada que non se lese xa unicamente en clave de precampaña.

Hoxe, a súa celebración non nos pode importar menos. O asunto xa é “anacrónico”, tal e como dixo este domingo na SER o conselleiro de Economía. Gústame o termo. Eu tiven un xefe que me pedía que escribise as noticias “de xeito anacrónico, que vallan para calquera día”. Sempre pensei que quería dicir “atemporal”, pero a RAG pon como exemplo de atemporal a Shakespeare e a min pareceríame esaxerado que me pedisen algo comparable cando só estaba contratado a media xornada. Que logo currase oito ou dez horas cada día supoño que tamén ía no carácter atemporal do asunto…

Seguir leyendo »

Retorno Dorado

Cando critican con acritude as películas de superheroes e todo o que as rodea, os integrantes da xeración que revolucionou o cinema dos 70 deixan ver que, aínda que non esqueceran isto de facer películas –quen queira unha mostra, aí ten 'The Irishman'–, si se lles escapa un pouco como funcionan as cousas hoxe, cando uns fotogramas dunha rodaxe ou un tráiler son case tanta noticia como unha estrea.

Se alguén domina con mestría por estes lares iso dos tráilers para crear expectación, ese é Jordi Évole. Metido nunha saga de películas carcerarias –máis preto de 'Cadea Perpetua' que de 'Tango e Cash'–, o avance da súa nova produción, que se estrea en plena precampaña das eleccións galegas, xa conseguiu marcar en vermello no calendario o vindeiro domingo, a catro días da pegada de carteis (ou do que sexa que se faga nos tempos da Marvel).

Seguir leyendo »

Coponia

Cuando la derecha tiene buenas ideas, se copian y punto. Por ejemplo, ¿cuántas fuerzas políticas gallegas podrían hacer lo mismo que Vox y no proponer candidato a la presidencia de la Xunta? ¿Cuántas…? Sin pensar demasiado, se me ocurren dos o tres. Es solo un ejemplo. Otro, la creación de esa ficticia Tabarnia que ahora invoco como inspiración de la futura República de Coponia.

Tabarnia (nombre derivado de Tarragona y Barcelona), la Tierra Prometida del españolismo, es esa inexistente región catalana en la que los unionistas no ganan solo en votos sino también en diputados y por eso pueden independizarse de los que quieren independizarse. Algo así como Escocia, pero de mentirijilla.

Seguir leyendo »

Coponia

Cando a dereita ten boas ideas, cópianse e punto. Por exemplo, cantas forzas políticas galegas poderían facer o mesmo que Vox e non propoñer candidato á presidencia da Xunta? Cantas…? Sen pensar demasiado, ocórrenseme dúas ou tres. É só un exemplo. Outro, a creación desa ficticia Tabarnia que eu agora invoco como inspiración da futura República de Coponia.

Tabarnia (nome derivado de Tarragona e Barcelona), a Terra Prometida do españolismo, é esa inexistente rexión catalá na que os unionistas non gañan só en votos senón tamén en deputados e por iso poden independizarse dos que queren independizarse. Algo así como Escocia, pero de mentirijillas. 

Seguir leyendo »