Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
La izquierda busca reconstruirse ante el nuevo ciclo político
El PP de Ayuso bloquea la investigación de los negocios de su pareja
Opinión - 'Un español cuenta algo muy sorprendente', por Isaac Rosa
Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Desclasados

La presidenta de la Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, y su consejero de Transportes, David Pérez

0

Hai xa meses, prometinme evitar no que leo ou escribo as palabras “Madrid” e “Ayuso”. Nin vivo alí, nin me goberna ela. “Almeida”, directamente non computa no meu vocabulario, abondo teño con opinar sobre a xestión municipal do circo turístico no que se converteu Compostela. “Feijóo”, preocúpame pouco, porque despois de máis dunha década de omnipresencia e “boa xestión”, comeza a ser desenmascarado como o triste vilán de Scooby Doo que se agochaba baixo o discurso mediático. E a outra palabra da que teño empacho é “xeración”. Dito isto, dispóñome a romper todas as miñas promesas.

Ayuso dixo: “¿Qué dificultades están encontrando los jóvenes hoy en España? Por un lado, la falta de estímulos. Lo tienen todo, o por lo menos tienen mucho más que otras generaciones”. E engadiu: “Pero les falta esa cultura del esfuerzo, que se ha ido perdiendo por las sucesivas leyes educativas”. Non sei que tal lle sentaría a frase, entre outros, ao exministro Wert, o caso é que a Twitter sentoulle fatal. Concretamente á xente nova, é dicir, o 90% do meu TL. E, así, Ayuso conseguiu unha vez máis o que quería: toda a nosa atención. Facer de España, Madrid, e de Madrid, España, tal como se propón cada vez que abre a boca. Darse a importancia que quere que lle deamos. A que corren os medios a darlle.

A min, que decidira enfrontarme pola vía da omisión a Ayuso e ao seu concepto de Madrid, o que me preocupa non é que a presidenta da Comunidade (esa metonimia propia de Tolkien) insulte á xuventude, senón o que hai detrás: a intención nada inocente de dividirnos, de crear un enfrontamento entre xeracións. E aquí, na ferramenta poderosa da palabra “xeración”, nese invento tan prolífico como inútil nos últimos tempos, é onde está a clave de todo.

Despois de ler algún dos miles de chíos onde se criticaba o ascenso de Ayuso dende as Xuventudes do PP ata a presidencia de Madrid e o contraste entre a súa traxectoria meteórica e a cultura do esforzo, despois de ver como todo o mundo revisaba con bisturí científico ou whatsapeiro o concepto de meritocracia, atopei a un par de usuarios indignados cunha medida recente: a partir de xaneiro do 2023, os maiores de 65 non pagarán o abono de transportes en Madrid. O argumento en contra era algo así como: “Eu teño 27 anos, un soldo de merda e pago o metro. O meu caseiro de 65, non”. Ayuso estaría orgullosa.

Quizais é porque vivo nun país que avellenta a pasos axigantados e no que o transporte urbano non é funcional aínda que si gratuíto ata os 21, pero o caso é que a brecha xeracional é unha cuestión que cada vez me preocupa máis. O modo en que a dereita -a democrática e a fascista, se é que algunha vez existiron con independencia- empregan esta loita aparentemente secular coma unha especie de distracción, ao tempo que conseguen apartarnos dos demais, dos da nosa mesma clase social. Porque non nos enganemos, mozo de 27 cun soldo de merda, hai demasiados pensionistas precarios neste país, demasiados parados de longa duración, demasiadas vítimas de todas as crises e, asumámolo xa, a precariedade aumenta en todas as franxas de idade pero afecta sempre aos mesmos: aos chamados humildes, ás traballadoras.

Entre outras das perlas que soltou Ayuso no congreso titulado Xuventude, un proxecto de vida cóntase: “La izquierda se aprovecha de todo: para acortar la infancia, prolongar la adolescencia, sin responsabilidades, y ahora pretendiéndose adueñar de la salud mental. Todo en un mismo pack. Lo único que se pretende es que se estudie menos, se trabaje menos, pero se odie más”. Efectivamente, cada vez estou máis seguro de que ese odio do que fala é culpa de todos: duns e doutros. Que hai algo mal resolto en que ese odio non se converta en rabia, nunha rabia de clase, que non xeracional. Porque a rabia, comparada co odio, ten demostrado ser máis produtiva.

Este -igual ca tantos outros- é cada vez máis un estado de desclasados, de atordados por discursos efectistas no medio da tempestade, por loitas sen sentido. Non deixemos que dividan aínda máis a nosa miseria laboral, mental e educativa. Conversemos con aquelas maiores ca nós que levan anos padecendo a desigualdade estrutural: elas teñen o remedio contra a nostalxia mal entendida. Penso na hipoteca de meus pais, na pensión de miña nai e nos esforzos físicos sobrehumanos por ter unha casa en propiedade. Penso na doutora que, mentres redactaba a receita, me dixo que un ansiolítico ás noites era o que tomaban “todos os velliños”. Acaso hai adolescentes de máis de 65 anos?

Se escribo hoxe sobre Ayuso é porque temo continuar sendo un desclasado durante moito máis tempo, porque se algún día os seus vencen, eu espero non esquecer nada do aquí escrito. E é que en todo isto, a presidenta da Comunidade de Madrid é o de menos. Sinto moito quitarlle protagonismo.

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Etiquetas
stats