Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
El ataque limitado de Israel a Irán rebaja el temor a una guerra total en Oriente Medio
El voto en Euskadi, municipio a municipio, desde 1980
Opinión - Vivir sobre un polvorín. Por Rosa María Artal
Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Política económica da crise (e III)

El paro mata

María do Carme García-Negro

0

Hai na Galiza a día de hoxe 205.014 traballadores afectados (cubertos e en espera) polas regulamentacións temporais de emprego. A cifra de parados da última estatística dispoñíbel (EPA) para o primeiro trimestre de 2020 é de 156.800 persoas afectadas. É decir, antes de que remate o período hábil de utilidade dos ERTE, a economía galega presenta para os seus dirixentes responsábeis en política económica (chamado habitualmente goberno galego) dous problemas: un, reducir a cifra de paro convertendo os parados en ocupados, e dous, conseguir que os atinxidos pola regulamentación temporal de suspensión de emprego non se convertan en parados.

Para lograr tal obxectivo a medio prazo sería necesario, precisaríamos como país, que existise un plan de acción de política económica capaz de incentivar de forma permanente focos de creación de emprego con arraigo material e económico suficiente para non pendurar do fío das subvencións nin dos subsidios. É certamente un logro que a través das accións de política laboral se teña impedido -momentaneamente- perdas de ingresos para os traballadores afectados pola suspensión de actividade económica derivada do confinamento.

É tamén unha evidencia para os observadores da evolución da economía (que teñan algo máis que desexos marabillosos) que a recomposición da actividade económica, tanto pola vía do consumo como pola vía da oferta, non obedece a un alumado automático como o da feira de Sevilla (hoxe ‘off’, mañá ‘on’), polo que é absolutamente necesario que, á parte de contribuír a que os empregados susceptíbeis de se incluír nun ERTE (que non son todos nin moito menos), se vexan protexidos, se elabore un plan de recomposición económica que sexa quen de abranxer parados de longa duración (restos estruturais e da crise anterior), traballadores temporeiros, eventuais, esporádicos, marxinalizados e atrapados polo confinamento, así como axudar de forma activa a minorar a carga sobre o erario público, xa que en tres meses de ERTE se gastan aproximadamente 58 millóns de euros no caso galego.

Comezando pola primeira posibilidade de empeoramento: Cantos dos 61.097 traballadores de hoteis e de comidas poderán continuar empregados? Que posibilidade real existe de permanencia dos 103.172 afiliados da rama de comercio polo miúdo (rexime xeral da Seguridade Social) na mesma situación que a principios de marzo? Cantos autónomos desta rama poderán continuar a actividade? Ou, finalmente, cantos dos 98.246 traballadores dos servizos especializados que abranxen financeiros, seguros, xurídicos ou culturais poderán seguir no mesmo ramo? O confinamento converteuse -a maiores- nunha ratoeira para o conxunto de traballadores sen estatuto persoal normalizado que viven na economía sumerxida, na economía paralegal, alegal ou mesmo ilegal. Os emigrantes en espera de recoñecemento do dereito legal de residencia, os inmigrantes en paso… e todas e cada unha das situacións que se poidan contemplar neste colectivo.

Cantos activos existen na Galiza que percorren os mercados desprazándose cada día da semana a un lugar distinto? Cantos deles só fan este labor por non poderen acceder a outra ocupación? Cantas mulleres inmigrantes están traballando nos servizos persoais e de coidados sen seguridade social e sen outros dereitos dos

cidadáns de Europa? Cantos emigrantes mozos galegos hai probando emprego en países do noso entorno que ficaron atrapados sen posibilidade de retorno nen cobertura social? Os ERTE e a cobertura do parado -que tiña traballado- non serven para ningún destes casos. Tampouco é solución para unha economía decir que se arranxa todo cun novo subsidio. Nas relacións económicas a medio prazo é necesario establecer mecanismos de ocupación e traballo en condicións humanas dignas para todos os activos, xa que é indigno manter as persoas sen futuro nunha situación de vida á marxe do cumprimento do dereito ao traballo.

Unha cousa é deseñar a función- paliativo dun subsidio e outra moi distinta construír garantías de acceso ao mercado de traballo en condicións de igualdade aos que cobran un salario por un traballo. O Estado, e no noso caso, na Galiza, o estado é a autonomía, debe crear capacidade económica, empregando os fondos públicos en dúas vías fundamentais: crear emprego público propio e ser garante do mantemento en condicións de rendibilidade de mercado ás empresas existentes. Para estas funcións hai que ter unha iniciativa un pouquiño máis creativa da que até agora se usou.

No primeiro elo da cadea, quedou amosado de forma evidente que é preciso alongar as dotacións en sanidade e ensino de forma ampla e xenerosa. Todo gasto neste persoal ha devolver á sociedade en forma de benestar e coñecemento de que agora se carece. Amosouse con total claridade que o persoal sanitario non debe morrer extenuado: nin elas e eles o merecen nin somos quen como sociedade para llelo esixir. Pura e simplemente non hai dereito a que un sanitario teña que traballar en condicións de guerra para garantir o dereito á saúde do resto. Debemos aspirar a que sexan contratados todos os interinos e eventuais e a que sexan convertidos en persoal fixo. A sociedade precisa unha certa tranquilidade sabendo que a folgura de persoal é suficiente para as próximas temporadas.

No ensino, exactamente igual. A idea/ocorrencia peregrina de que se pode deixar os nenos sen ensino porque non hai persoal é pura e simplesmente unha ‘paiasada’: contraten, dupliquen e manteñan o ensino público como a realización dun dereito humano: o acceso en igualdade de condicións de todos os nenos a un ensino público. Se hai que duplicar aulas será preciso duplicar plantel, e se alguén ousado argumenta que non nos podemos permitir ese gasto, poñámonos a discutir que é prioritario: o ensino ou os programas da OTAN. O ensino ou os gastos para os turistas. O ensino ou os gastos en infraestruturas de futuro. O ensino ou os edificios? Se hai que valoralo, tamén se pode facer pedagoxía política e decidir que preferimos, sempre e cando se acepte que hai bens superiores a outros á hora de lograr persoas dignas.

Tamén quedou en evidencia neste tempo de pandemia que a cativeza na

cualificación e dotación dos órganos da administración (alí onde son decisivos) non contribúe máis que á inanición social. Unha administración pública fortalecida e adecuada ás necesidades do século XXI contribúe obxectivamente a mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Dicemos do século XXI á mantenta, porque é deplorábel observar e padecer as rémoras que son no gasto público as administracións do pasado que son mantidas só como niños de votos para os gobernantes de turno: concellos e deputacións non teñen razón de ser no 2020 tal e como foron creados no XIX. A administración autonómica veríase mellorada cos orzamentos das deputacións, administrarían non as subvencións aos clubes de festeiros senón as necesidades locais que se marcasen en cada caso. Os concellos precisan tamén unha posta ao día eliminando unha boa parte deles á vez que da unión comarcal xorden servizos comúns a seren prestados de acordo cos requerimentos deste tempo.

Concluímos: só baixo unha acción pública decidida, valente e anovadora que robusteza o sector público será posíbel afrontar, sen máis feridas sociais, a saída da crise.

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Etiquetas
stats