Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
El ataque limitado de Israel a Irán rebaja el temor a una guerra total en Oriente Medio
El voto en Euskadi, municipio a municipio, desde 1980
Opinión - Vivir sobre un polvorín. Por Rosa María Artal
Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Pablo Iglesias, fóra de xogo na campaña

Pablo Iglesias y Yolanda Díaz desembarcan este fin de semana en la campaña de Galicia En Común

0

A Pablo Iglesias gústanlle moito as campañas electorais. De feito, as últimas remontadas de Podemos atribúenselle ao seu pulo. Por iso, chama moito a atención a súa práctica desaparición nesta campaña do 12 de xullo tanto en Galicia como no País Vasco tendo en conta, ademais, que é a primeira na que podería presumir de chegar ao goberno. As malas perspectivas dos seus candidatos e o búmerang do caso Dina reduciron ao mínimo a súa presenza.

O líder de Unidas Podemos xogou moi forte o ano pasado unha das súas cartas favoritas, a das cloacas, aproveitando a investigación xudicial do roubo dun móbil dunha das súas colaboradoras e a publicación de varios mensaxes privados seus, incluído un machista e intolerable sobre unha presentadora da televisión. Presentouse ante o xuíz coma vítima e centrou toda a campaña das xerais de abril na denuncia da policía patriótica e dos sumidoiros de Interior. Deulle a volta ás enquisas e salvou os mobles naquelas eleccións.

15 meses despois, a situación mudou radicalmente porque o xuíz lle retirou a condición de prexudicado neste complexo asunto e mesmo investiga por que tardou meses en devolver a memoria do móbil á súa propietaria e quen tentou destruíla.

Iglesias tivo que reducir ao mínimo as súas comparecencias públicas e tamén os mitins. De feito, en Galicia so está hoxe. Tampouco se lle esperaba moito máis porque todo o protagonismo o ten agora Yolanda Díaz, a ministra ferrolá de Traballo, que estaba chamada a ser, probablemente, a candidata de Galicia en Común se non se asinase a coalición de goberno en Madrid.

Estas eleccións chéganlle nun momento moi delicado a Podemos. Hai catro anos, o ilusionante proxecto de En Marea superou os socialistas e o BNG e converteuse na alternativa a Feijóo. Eran os mellores tempos dos alcaldes do cambio en Santiago, A Coruña e Ferrol e Iglesias e Errejón aínda facían campaña xuntos, pero ollándose xa de esguello.

Aquilo durou moi pouco e cedo rachou en mil anacos provocando esperpentos como o da Marea Galeguista que ocupa o segundo lugar en todos os espazos electorais públicos para alegría do PP. A estas alturas, os galegos aínda se están a preguntar quen era o señor que estaba á dereita de Feijóo no debate do outro día, que foi embarullado e tedioso pero que deixou ver un proxecto esgotado, o do PP.

O batacazo que lle auguran as enquisas á candidatura de Antón Gómez-Reino e os malos resultados que tamén parece que vai a ter a súa candidata en Euskadi poden confirmar a paradoxal situación de Iglesias: con máis poder ca nunca e con menos votos cada vez.

Podemos vaise parecendo cada vez máis á vella IU e cada vez menos ao proxecto que Iglesias empezou a deseñar precisamente en Galicia hai oito anos. Foi nas autonómicas de 2012 cando estivo asesorando á candidatura de AGE, a Alternativa Galega de Esquerdas que encabezaban Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz; una lista que conseguiu un gran resultado a lombo da indignación pola crise económica.

Daquilo naceron despois as Mareas, unha confluencia de movementos sociais de esquerda, culturais, feministas, mozos; uns máis nacionalistas e outros máis galeguistas. Foi todo un revulsivo para a política galega que, porén, foise esvaecendo no medio de liortas tribais, intereses e ciumes persoais e incomprensibles loitas que deixan aos Monty Python coma uns principiantes.

As traumáticas rupturas nas Mareas, a recuperación incompleta do Bloque con erros como o da súa alianza con Bildu e a histórica falta de proxecto galego do PSOE explican tamén a dificultade de artellar unha alternativa sólida aos once anos de Feijóo.

En Galicia hai unha maioría progresista, como se viu en todas as eleccións do ano pasado, pero ninguén soubo armarla e liderarla. Se os progresistas quedan na casa e o PP repite maioría, a esquerda galega debería verse no espello e non botarlle a culpa ao árbitro. A responsabilidade sería solo súa.

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Etiquetas
stats