Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
Israel se prepara para una ofensiva en Rafah mientras el mundo mira a Irán
EH Bildu, una coalición que crece más allá de Sortu y del pasado de ETA
Opinión - Pedir perdón y que resulte sincero. Por Esther Palomera
Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Proxectos de investimento galegos e fondos europeos

El vicepresidente económico de la Xunta, Francisco Conde, presenta los 108 primeros proyectos seleccionados para aspirar a los fondos europeos de reconstrucción

0

Desde a proposta e aprobación da disponibilidade de fondos comunitarios especiais para combatir os desastres económicos consecuencia da pandemia (en concreto os da Next Generation da UE: 750.000 millóns de euros, nunca tal visto) até este momento pasaron case catro meses. Por unha parte, a alegría desbordada da maioría eleitoral do PP e, por outra, a volta ao semiconfinamento contribuíron a esquecer o traballo de recuperación industrial que hai que facer, xa que é imprescindíbel. A relevancia económica dos efectos do cese de actividade normal son tan evidentes, teñen xa xerado tantas carencias, que non é posíbel que poida haber algún responsábel da política económica deste país (ou alternativamente alguén vixiante desa maioría, chamados BNG e PSOE) que non estexa seriamente ocupado en remediar o desastre.

O baleirado de músculo económico, a sangría de emprego con máis paro, a incapacidade de atraer emigrados de todas as cualificacións posíbeis, a ausencia de emprego público masivo... constitúen probas á inversa (no contratipo da imaxe desexada) do que debería ser. Lembremos como se publicitou catro veces que se ampliaba a contratación no Sergas. Pois ben: a día de hoxe aínda non coñecemos as cifras deste novo emprego. Anunciaronse (con demostración a contrario de CIG-Ensino) novas prazas no ensino público, despois de suprimir a celebración de oposicións este ano. As residencias de anciáns e non válidos seguen estando na diana dos novos contaxios. Que se cambiou? Abriron antes os estabelecementos para turistas que os centros de día... En fin, parece ser que o aprendido no tempo do duro confinamento non valeu. As cabezas pensantes e responsabeis estiveron confinadas consigo mesmas analisando as elecións e o seu resultado.

Cumpría ter feito un proxecto de país. Un proxecto para as necesidades de Galiza no presente e coa base deseñada para servir de crecemento sostido no futuro inmediato. Cumpriría pensar e traballar para o país e non para amigos interesados -grandes directores de EMN- titulares de capital estranxeiro, xa que, por razóns obvias, os seus intererses son só os propios, e circulan en vías contrarias ás do país. Iso sen citar que os investimentos colaborativos co capital estranxeiro, ao seguir a súa propia senda, cautivan fondos presentes e futuros: o seu desenvolvemento xera unhas necesidades económicas con dinámica propia que fai inviábel o uso alternativo de fondos futuros. Así, por exemplo, o investimento actual dunha nova central enerxética titulada por E.ON, supón de inicio aprofundar nunha adicación dubidosa-superespecializada á xeración de electricidade, destinada como unha boa parte da actual á exportación, e con apropiación de rendas por unha multinacional italiana, asunto do que Galiza non tira ningún froito económico.

En cambio, un proxecto enerxético de conversión do consumo de enerxía eléctrica nos centros públicos galegos en fotovoltaica centro a centro suporía un aforro certo nos custes enerxéticos presentes, un investimento medioambientalmente sostíbel, unha independencia de subministro garantido e un exemplo demostrativo para a iniciativa privada.

Hai un aspecto tamén criticábel: a día de hoxe, tarde xa, coñecemos por un documento de prensa do Goberno da Xunta a referencia aos proxectos que se dí se teñen presentado ao goberno do Estado. Sen saber cales son, porque non se di, si podemos rexeitar a forma de presentación e, polo tanto, procedimento de actuación en responsabilidade política. 108 proxectos candidatos que a Xunta presenta en Madrid, previa crítica do goberno central, non sabemos de quen, nen para que, son lanzados a ser xulgados polo goberno central para competir (non sabemos nen sequera se en pé de igualdade) con calquera outro de calquera outro lugar do Estado.

Permitísenos a incursión insolente no traballo dos responsabeis políticos e técnicos para citar que proxectos serían interesantes para Galiza e que ademais son perfectamente incluíbeis nas medidas de recuperación dos fondos Next Generation da UE. Serían uns como estes:

  • Completar a instalación e funcionamento dunha rede de depuración integral de todas as augas que rematan vertendo nas rías: indispensábel para conservar a futuro a súa capacidade productiva mariña (peixes, mariscos e/ou calquera ser vivo aproveitábel). Inclúibel no programa comunitario de bioindustrias-minaría das augas.
  • Limpeza da ría do Burgo e da de Noia, co coidado e avances técnicos necesarios para garantir a produción marisqueira.
  • Transferencia da competencia de goberno das augas continentais hoxe gobernadas por catro confederacións hidrográficas nun so organismo (unha soa federación) coa finalidade de rexir a futuro dun ben único como é a auga doce.
  • Banco de terras para converter terras baldías para cultivo e pasto para gando de pastoreo.
  • Eliminación dos eucaliptais ilegais e conversión en terra útil agrícola.
  • Empresa público-privada para comercialización galega de carne e criación orientada de transformados da carne.
  • Empresa público-privada de servizos ás empresas agrarias desde compra colectiva á calquera forma de aforro en custos.
  • Empresa público-privada de transformación de madeira en bens de alto valor de mercado para vivenda, obra civil, ebanisteria de iates de luxo...
  • Acceso á dixitalización colectiva ás empresas existentes en sectores potentes: productores de carne, de conservas, de transformados do pescado, da confección, da transformación da madeira...
  • Construción da liña ferroviaria Lugo- Santiago (en realidade Curtis-Lugo) e dotación de servizo ferroviario.
  • Construción da liña ferroviaria Lugo-A Mariña e dotación de servizo ferroviario.
  • Servizo ferroviario de cercanías A Coruña-Ferrol.
  • Dotación ferroviaria do século XXI para comunicar Lugo e Ourense.
  • Rede de cercanías que repoña os servizos de proximidade eliminados.
  • Comunicación ferroviaria con Porto, Asturias, Euskadi e Cataluña.
  • Electrificación de todas as vías férreas existentes e criación de servizos ferroviarios do século XXI (compatíbel coa reducción diesel-transición enerxética).
  • Restauración de vivendas baleiras e situadas nos centros das cidades e vilas, co uso de materiais directamente producidos en Galiza: madeira, pedra reciclada, pizarra e tellas recicladas e vidrio recuperado (contribución directa á economía sostíbel e circular).
  • Completar a rede de internet con elementos de rede ópticos nomeadamente no medio rural, hoxe indispensábel...

Non son 108 dos misteriosos proxectos que presentou a Xunta, non son ningún dos do tractor amarelo que tamén presentou en sociedade, mesmo semella unha listaxe de peticións de galegos esfarrapados, pero, como decía un amigo meu empresario do máis adiantado que deu este país no século XX: se andamos nas patacas, e non temos resolvido esa produción (cultivo, venda, exportación, almacenamento), como imos trunfar no cultivo de lavanda para perfumería?

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Etiquetas
stats