O veraneante pelma

Casado acusa a Sánchez de atacar a Feijóo para imponer una España "desigual"

En poucos sitios de Europa parece máis ben traído e necesario o lema que defende eldiario.es: periodismo a pesar de todo. No país onde nunca pasa nada e, se pasa, xa se ocupa a Xunta de firmar o convenio para que non pase, o xornalismo é un traballo complicado pero alguén ten que facelo. Vaille vir mellor que ben ao −dito sempre con cariño e con respecto− acomodado mercado mediático galego un pouco de competencia e algo máis de pluralismo. Necesitamos coma o respirar medios que sexan valentes cando informan do Goberno, non só cando contan da oposición. 

Pero non todo ían ser boas noticias a un mes dunhas eleccións galegas onde volve a estar en xogo quen goberna como non o estaba dende fai tempo. A chegada da edición galega de eldiario.es, seguro que recibida en Montepío coa austeridade que sempre ten demostrado O Noso Alberto fronte a liberdade de prensa e a información crítica e esixente coa súa administración, súmanse outras novidades políticas non tan reconfortantes chegadas coa campaña.

Seguro que vostede, amigo lector, coma min, ten gravado na memoria un dos recordos más sufridos do verán: o veraneante pelma; ese visitante que se pegaba o primeiro día das vacacións e xa non había xeito de sacalo de enriba mentres metía ós teus pais de compromiso en compromiso e daba que falar na vila. O veraneante pelma sempre era o primeiro na cola da sardiñada popular ou da queimada, acaparando víveres coma se viñera unha apocalipse zombi, meténdose no medio da procesión para facer unha foto, preguntado a berros en plena ofrenda que santo era aquel, falándolle ós avós coma se viñeran de Marte, contando que en Madrid so ceaban un iogur mentres se forraba a polbo e percebes. Na casa non viamos chegado o día de que marchase e deixar de andar dando explicacións ós veciños ou aguantándolles as caralladas sobre como pronunciaba sacho, muiñeira ou repunante.

Non estamos en verán, pero estamos en campaña e O Noso Alberto ten o seu propio veraneante pelma: chámase Pablo Casado. Nunha campaña deseñada polos populares galegos para manter o oligopolio do centro dereita cun discurso tinguido de centralidade, moderación e galeguismo en pequenas doses, cada vez que desembarca Pablo Casado ou alguén do PP de Madrid é coma cando aquel veraneante deixábate en evidencia nas festas arramplando con todo canto se dera gratis, dende queixo a sardiñas. Nunha estratexia deseñada para matar de pura indiferencia a Ciudadanos e a Vox, a dirección nacional popular tense convertido no principal ariete e aliado dos laranxas e da dereita ultra, que aínda existen na campaña galega grazas a que Pablo Casado fala deles. E a campaña, coma aqueles veráns, vaise facer moi longa con semellante compaña.

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de eldiario.es en Galicia.

    Autores

Etiquetas
Publicado el
3 de marzo de 2020 - 22:36 h

Descubre nuestras apps

stats