Avaliar é impartir xustiza, e esta pode ser retributiva e distributiva, ou procesual e reparadora.  Temos avaliación o domingo. Final.  Hai que se ceibar.
Era 17 de xuño do 92, mércores. Tiña aínda 17 anos e era absolutamente libre. Lembro que deambularamos pola cidade, de Peritos a Portanet, non sei nin por onde, cuns pés que nin me tocaban o chan, paseabamos pola nosa propia felicidade, eramos catro amigxs, comprariamos uns xeados, viña a tardiña a canda nós, entramos nunha tenda todoacén, riabamos, comprei un libro (Historia da diplomacia secreta no s. XVIII, de Karl Marx)... e a noticia chegou: había que repetir o Selectivo.
Caeu a noite sobre nós.
Repetir o Selectivo... o que tiñamos que facer era que nunca máis se repetise. Porque... a ou para que servía a Selectividade?:
“Para”:
1. Que os centros universitarios non se masificasen, o que rebaixaría a calidade. Curiosa e súpeta preocupación por un alumnado que estivo estibado sen problema en aulas de até máis de trinta uns anos antes. E eramos cen en primeiro de Filoloxía. Daquela sería máis ben para que non se democratizasen os estudos “importantes”, e hoxe coa baixada da natalidade e as as matrículas xa nin se explica.
2. Que o mercado laboral puidese absorber xs novxs licenciadxs. Con isto xa nos pegaba a risa nos 90, e eu vin carreiras como xornalismo pasar do pleno emprego ao puro paro en cuestión de menos de cinco anos.
3. Estandarizar o nivel de competencias dxs novxs universitarixs, clasificándoxs. E aquí estaba a semente da barbarie no milenio que andamos:
“A” o Sistema. Non nos daba xa unha pista o palabro? Por máis que se reencarnase en PAU, ABAU, etc. nunca perdeu o nome popular, porque só diso se trata: de discriminar, porque cando se seleccionan froitas, que pasa coas que sobran? Onde van parar, incorporadas ao Aparato, as persoas?
Collín a vespino e tirei para Matamá, case chorando. Incrédulo. Non podía ser. De pequeno fora sonámbulo pero aquel era un pesadelo demasiado real. Non sei nin como nos comunicamos. Ao día seguinte díxenlle a Miñanai: “Marcho”. E alá fun no vitrasa e logo nun tren tomado pola carraxe e a alegría, rindo outra vez, xuntxs, petado de xente coma min a Santiago. “This train is bound for glory!” E amais de absolutamente libre fun feliz, porque botei unha noite en branco a falar de todo canto había, coñecín o meu primeiro amor compostelán e a camaradaxe, a falar de poesía e literatura dende a estación ao instituto Rosalía (onde iamos non-durmir), das Crechas ao almorzo e logo ao Reitorado... Perdemos, pero aprendín que non é igual ser libre ca estar ceibe. Para estar ceibx primeiro hai que se ceibar.
E o cribo do Selectivo é agora o da escola toda, a través das competencias (outra verba que non se escolleu ás toas, sinónimos tiña: capacidade, destreza, experimentación, habilidade, habelencia...) O “conceto” de competencias clave nace no cume da Unión Europea de 2000 en Lisboa, que decretou como obxectivo unificar as capacidades, perdón, estandarizar as competencias. A raíz atopámola no Informe á Unesco de Jacques Delors et alii (Comisión Internacional sobre a educación para o s. XXI), chamado A educación encerra un tesouro (sic).
Non podería estar máis de acordo.
A educación encerra un tesouro. Por iso che ten unha chea de piratas á espreita. O caso é que nin a educación debese “encerrar” nada (nin a ninguén) nin o seu valor é calculable. A cousa é que sen competencia, non hai negocio. Así que hai que pór a todo o mundo a competir. Hai que lle pór un prezo a todo. Un número. Hai que poder buscar, comparar e se se topa algo mellor, compralo. Hai que taxar, avaliar o valor. Pero só se pode valorar o observable, medible e avaliable, o que permita graduar o rendemento ou logro acadado: velaí os estándares (de aprendizaxe).
A educación ceiba a persoa. Os estándares entenden de máis ou menos, pero non de mellor ou peor. E por suposto esquecen x diferente. Como encaixar as intelixencias múltiples nas avaliacións estandarizadas? Volvemos botar man do palabrarío barato: facemos “agrupamentos”... e logo, que se fai no “grupo”? A facer “agrupamentacións” e mesmo “agrupamentacionaxes” chegaremos. Integrar non consiste en illar, senón en igualar a partir do mínimo común múltiplo: o agrupamento debería ser a medida máxima do grupo. Pero Carme Pomar rexeita baixar as ratios por aula por “seguridade socioemocional” (neoloxismo neolingüístico pandemial).
Facemos “coma quen que”. Facemos, a propósito, mal: “non vos demos cartos xa suficientes para normalización lingüística? Non tedes remedio”. Todo é igualdades e diversidades familiares e afectivo-sexuais ou NEE (necesidades educativas especiais) e ciquiñentas siglas máis para ao final termos que encaixar todxs no estándar avaliable.
Porque: si, o problema é estrutural. E vén de dentro e de atrás: entre o 97 e o 98 a FAES, o “laboratorio de ideas” do PP, o seu think tank, organizou unhas conferencias sobre educación. Xa daquelas, en Ejes para una reforma, se pedía un sistema máis selectivo, a avaliación en todas as etapas do sistema educativo, o fomento do esforzo persoal e unha formación do profesorado máis baseada nos coñecementos ca en teorías pedagóxicas.
E aquí estamos, abocadxs ao milenio do avaliacionismo e o dataísmo, onde absolutamente todo ten un número asociado, onde a importancia da creatividade queda reducida á súa condición de avaliable nun talent show, a Literatura e a Arte son historia (que non as Historias da), a Educación Plástica, Visual e Audiovisual, as Artes Escénicas e a Música (e por suposto a Educación Física) van desaparecendo pouco e pouco das probas e do currículo. As rrss lévannos camiño dos BigData e Kafka resúmese nun capítulo de Black Mirror.
Avaliar é impartir xustiza, e esta pode ser retributiva e distributiva, ou procesual e reparadora.
Temos avaliación o domingo. Final.
Hai que se ceibar.
Tenme falado muito ao ouvido estes tres meses Miñavoa. Pero desta volta non foi para me regalar estruturas idiomáticas que aparafusar en versións.
Era Miñavoa –por parte de Miñanai– unha muller de terra, fóra do estereotipo: nunca me meteu cartos no peto ás agachadas de meus pais, nunca me chamou “meu netiño” –nin lembro que usase diminutivos–, e a miña primeira aventura por eses mundos consistiu en volver só da casa dun amigo de preescolar cando xa nos deran o leite con galletas aos dous e xa el estaba en pixama porque era noite e quedara ela de me vir buscar. Volvín para a casa só, segundo disque dixen despois, “polo camiño de Matamá”.
Non a culpei e nunca o fixen: fora a máis pequena de muitos irmáns, fíxose dura e medrou brava e desconfiada, sen nada saber da sororidade até porque era soa entre tantos homes, sacada Súanai, Avoademiñanai, que Miñanai ten enmarcada nunha foto da que fixo borrar nun nimbo á súa volta todos os homes que estaban de pé ao pé dela naquela foto familiar. Miñanai, tamén, outra.
Miñavoa non contaba contos e cantaba fatal. Cada vez que encetaba unha anécdota rompía a rir ás gargalladas xusto antes de contar o chiste, e gozaba na verza ela soa até case abafar, co resto da familia a mirar para ela con cara de póquer agardando pola continuación da narrativa, que nunca chegaba. Que ben o pasaba a non-contar historias, Miñavoa.
Á parte os contos autohilarantes, manexaba dous grandes relatos namais, recorrentes, que simplemente invocaba coma mantras, seguramente coa mesma estrutura unha e outra vez, sen novos puntos de xiro nin inventar nada a cada volta: as veces que fora regar de noite, ou ao muíño, sobre todo aquela solidaria en que unha cuadrilla de xitanxs non só non se metera con ela, senón que a axudara a pasar un valado; e aqueloutra do demo aquel que lle viñera a falar, xa casada, ao portal.
Era eu de catro anos, e estaba en preescolar. En Parvulitos de 4, na época. Vinte anos despois andaba a rematar Hispánicas, muito máis perdido ca aquel día que volvera “polo camiño de Matamá”, a lidar cos siquiñentos folios de traballos que fixeran as miñas compañeiras de ano sobre o Descort Plurilingüe de Raimbaut de Vaqueiras, coa teoría toda da Lingüística Románica que tiña que chapar para a convocatoria extraordinaria ciscada por antre aqueles centos de palabras...
E velaí que Miñavoa me empeza (me segue) a falar, desta volta na orella: “parvuo”. E non só: “parvueira”. Os apuntamentos a dicir que o hiato latino clásico -uu(m) xa se resolvera en crase e “parvo” no latín vulgar, e miña avoa a pronunciar claramente “parvuo”. Logo souben que vén de PAVULU(M), coa caída galaicoportuguesa do -l- intervocálico, pero vaia, tamén aí escolleron diferenciar os dous “oo” en vez de xuntalos. Quen? Seguramente xs cen avxs de terra ferriniáns/ás que seguimos aínda sen vingar.
Os Meusavós tamén: Meuavódepai, o meu único amigo daquel verán a me soletrear “Teupai porque foi educado así, pero os obreiros temos que ser de esquerdas”. O Meuavódenai sempre coa palabra xusta, falando calado, a decodificar linguaxes non-verbais. Miñoutraavoa, o queixo e o marmelo e a bondade total.
Pero Miñaavoaesta a me besbesellar: “por enquanto” (de onde tiraría ese lusismo, se nós diciamos “en canto”?), chamáballe “parlas” ás linguas, “chaufer” ao condutor do vitrasa, “cotón” á bóla ou galaxia que se nos forma no embigo...
Palabras que só a falta de memoria nos impide recordar: “imos” (pero se até di “vamos” miña nai!), “trafego” en vez de tráfico, “corta” e “quinta feira”, facéndolle a enquisa do ILGa que o alzhéimer deixou pola metade.
Preguntaba por min aqueles días: “Cando vén o Leo de Santiago?” Falabamos horas, eu a buscar palabras e ela falar. Nunca aprendeu a dicir “Filoloxía Galega”, nunca llelo puido concretar ás amigas. Aí aínda descubrín que dende moi pequena (sendo xa ela a máis pequena) tivera que “ollar por” seus irmáns. Que cando algo lle puña vergoña “dáballe pola altura”. Que a palabra indignada tiña nela unha filla popular: “endinada”.
Tenme falado muito ao ouvido estes tres meses Miñavoa. Pero desta volta non foi para me regalar estruturas idiomáticas que aparafusar en versións -cando as fago sempre é ela a me traducir as “parlas”.
Eran centos de avxs de terra que morreron sen aire en absoluta soidade.
No Meupaís desmontamos os relatos cunha frase lapidaria:
“Non me contes historias”.