Santiago Freire xa é a segunda autoridade “reactiva” que coa o conselleiro en menos dun ano, despois do subdirector xeral de Inspección que nos chama clase ociosa e se pregunta a que vén a teima co galego
Este mes a Consellaría de Educación presentou unha Guía para fortalecer a convivencia e inclusión nos colexios e institutos. Non é nada novo, practicamente cada ano sacan unha iniciativa a custo cero (poida que só gasten na luz da sala de prensa o tempo que dura a presentación), inzada de “abordaxes multimodais” e “enfoques proactivos” para que o profesorado siga a facer malabares cos poucos recursos cos que conta ante problemáticas cada vez máis complicadas. Perdón, onde dixen problemáticas quería dicir oportunidades, como indica a nova guía. Para empregar a retórica da que tanto gusta Román Rodríguez, digamos que nos centros de ensino estanse a presentar oportunidades multiocasionais para poñermos en práctica técnicas de prevención de conflitos nun contexto profesoral deficitario.
A guía en si non ten nada de malo, inclúe modelos de convivencia positiva, xustiza restaurativa, enfoques baseados na cooperación fronte aos problemas, e en xeral perspectivas metodolóxicas que levan anos facendo parte de distintos programas formativos do profesorado e que a maioría de nós xa tentamos aplicar nas aulas. Céntrase nas indicacións para actuar en cooperación coas familias e co alumnado. O que me chamou poderosamente a atención é que non haxa un apartado sobre como resolver os numerosos conflitos que esta administración ten abertos coa comunidade educativa.
O profesorado galego vén de convocar unha nova xornada de folga para abril, coas mesmas reivindicacións que en todas as anteriores: redución de ratios, substitución das baixas, incremento de recursos nos centros, recuperación das condicións de traballo anteriores á crise de 2008 e diálogo coa administración. Lonxe de ver este conflito co profesorado como algo natural e positivo, como indica a súa guía, Román Rodríguez percíbenos como adversarios aos que castigar para restablecer a orde, e debería saber que iso é moi da vella escola e nada proactivo.
O modelo de convivencia que propón a guía da consellaría fai fincapé nun concepto de autoridade afastado da imposición e baseado na construción do respecto mutuo, algo que o conselleiro esqueceu ter en conta cando decidiu nomear o ex alcalde de Noia como director territorial de Educación na provincia da Coruña. Non é un segredo que o modelo de autoridade predilecto de Santiago Freire ten pouco de respecto mutuo e moito máis de golpe de Estado. Xa é a segunda autoridade “reactiva” que nos coa o conselleiro en menos dun ano, despois do subdirector xeral de Inspección que nos chama clase ociosa e se pregunta a que vén a teima co galego.
Canto ao papel das familias, a guía indica que a fórmula ideal para garantir o éxito escolar pasa porque os membros da comunidade educativa teñan unha participación representativa nos órganos que toman as decisións dos centros, como xa acontece no Consello Escolar. Non aclara a guía para que serve o consenso e o traballo de toda a comunidade educativa á hora de, por exemplo, actualizar o nome dun centro de ensino para reivindicar un barrio histórico como a Almáciga de Santiago, se despois chega o PP e decide que o consenso obedece a intereses espurios e que a participación representativa das familias está moi ben sempre e cando non vaia contra a sensibilidade relixiosa de Borja Verea.
Está claro que para Román Rodríguez fortalecer a convivencia e a inclusión é unha tarefa exclusiva do profesorado galego, a realizar en solitario, sen máis recursos destinados á inclusión, como profesorado de apoio ou coidadores, sen ninguén con quen dialogar nas xefaturas territoriais nin na inspección, e sen poderse apoiar nas familias. A guía, cos seus diagramas innovadores e os seus bonitos gráficos, quedará xenial impresa a toda cor sobre a mesa do despacho dalgún alto cargo da consellería, para que cando a prensa afín os entreviste xusto antes da próxima folga de profesorado, eles poidan dicir que de protestas non saben nada, que están moi ocupados innovando.
Non sei cantos burkas se ven a diario polos corredores dos concellos e deputacións de España, pero si sei que mentres discuto sobre iso non estou a falar sobre cousas que si vexo a diario, como as clases de relixión dentro das escolas públicas, por seguir co tema da aconfesionalidade do Estado
En 1994 dous mozos asasinaron a puñaladas un operario de limpeza madrileño que agardaba polo bus para volver á casa despois da súa quenda de traballo. Cando a policía os detivo, explicaron que escolleran a súa vítima ao chou, seguindo unha especie de xogo que eles mesmos inventaran co obxecto de cometer un asasinato. A prensa tradicional, que era a única que existía daquela, quixo sensacionalizar aínda máis o crime atribuíndoo ao pánico moral de moda na época, os xogos de rol, como antes fixeran co satanismo e antes aínda con Mick Jagger. Os medios de comunicación de masas sempre tiveron moi claro como se reparten as culpas dos crimes violentos: se un criminal con filiación ultradereitista empuña varias armas automáticas para matar 69 adolescentes de campamento, foron os videoxogos, ou as drogas, os que o radicalizaron. Pouco despois do chamado “crime do rol” descubrín eu o máxico mundo dos dados de máis de seis caras e as partidas baseadas nos Mitos de Cthulhu de H.P. Lovecraft. Lembro a chufa da miña familia co tema, pero tamén lembro ter que explicar en máis dunha ocasión que se xogaba sentados arredor dunha mesa, e non seguindo xente inocente pola rúa, porque ás veces detectaba un asomo de dúbida nas piadas afables da miña familia. Por moito que me coñecesen, e que se fiasen de min, era difícil non deixarse levar pola cantidade de artigos e editoriais incendiarios que a prensa seria lle dedicou durante catro ou cinco anos ao pernicioso novo culto.
Nas últimas 48 horas non deixei de ver nas miñas redes sociais referencias aos therian, un termo que a semana pasada non coñecía. O que teñen en común todas as noticias que atopei en distintos medios de comunicación, alén de repetir con máis ou menos énfase as advertencias sobre o perigo que entrañan, foi que todas foron publicadas nos últimos catro días malia a que o movemento leva décadas existindo. O venres no instituto escoitei varios comentarios moi escandalizados, primeiro na sala de profesores e máis tarde dentro da aula, por parte de xente que estou segura de que, coma min, non coñecía a palabra até que alguén lles explicou (nun vídeo de Tiktok, de Facebook ou de La Voz de Galicia, segundo a franxa de idade) que os adolescentes de agora, ademais de ter un pésimo gusto musical, e non querer traballar, e non saber aburrirse, tamén se integran en subculturas perigosísimas nas que se identifican con animais e se esquecen de ser humanos. Visto o rebumbio, aproveitei unha das clases nas que saíu o tema para falarlle ao alumnado sobre o pánico moral, e puxen un recordatorio no calendario do móbil porque lles apostei que dentro dun ano exacto lles ía preguntar que pasaba cos therian e non ían lembrar nada do asunto. Despois pregunteilles cantos deles ían a concertos cun cueiro posto, porque este verán varios membros da miña familia me aseguraron que “agora” “todos os chavales” van aos concertos con cueiro para non perder nada do seu artista favorito, algo que sen dúbida viran nun vídeo de TikTok, de Facebook ou de La Voz de Galicia. Seguramente haxa un par de persoas ás que lles pareceu boa idea poñer un cueiro para ir a un concerto, o mesmo que hai un tipo que se operou a cara para se parecer a un tigre ou haberá outros dous que comen a comida do comedeiro do can, pero tamén sei que eses tres, catro ou cen exemplos son os que as redes e os medios tradicionais transforman en norma para captar atención, visitas e publicidade, nos casos máis inocuos, ou para xerar opinión e criminalizar colectivos nos máis perniciosos. Outra historia que escoitei máis dunha vez nas salas de profesores foi a do velliño que foi polo pan e cando volveu tiña a casa okupada, e dadas as estatísticas de invasión de morada facilitadas polo Ministerio del Interior, só cabe concluír que todas as persoas que algunha vez me contaron esa historia estaban a falar do mesmo velliño.
O pánico moral pode facer graza cando o revisitamos ao cabo dos meses ou os anos como lle prometín ao meu alumnado, como os chistes sobre os xogos de rol, os cueiros nos concertos, ou as listas sobre cancións “satánicas” que algúns catequistas facían circular entre a rapazada nos anos 80, pero cómpre lembrar que sempre hai quen o instrumentaliza para atacar ao diferente ou para facer avanzar unha axenda retrógrada. O mesmo venres ao saír de clase lin no xornal que o PP mais o partido abertamente fascista prohibiran o uso do burka afgán na casa do Concello de Burgos, o que sen dúbida constitúe un triunfo do faro moral de occidente contra o integrismo relixioso. Esta medida urxente promete ser só o comezo dunha serie de prohibicións fantásticas en todas as institucións nas que o PP compita cos ultras por un feixe de votos. Non sei cantos burkas se ven a diario polos corredores dos concellos e deputacións de España, pero si sei que mentres discuto sobre iso non estou a falar sobre cousas que si vexo a diario, como as clases de relixión dentro das escolas públicas, por seguir co tema da aconfesionalidade do Estado.
Estou segura de que nas próximas horas o presidente Rueda se sumará ao carrusel de cargos indignados que lle esixen ao goberno central prohibir prendas de roupa que aquí ninguén leva, quer burkas, quer orelliñas de gato. O caso é xerar pánico, que para algúns se transforma en likes e para outros en escanos. E se con todo o que lles contei aínda non están asustados, poñan os informativos da TVG cinco minutiños, que seguramente atoparán unha peza sobre a afganización de Salceda de Caselas ou a opinión experta dun cazador sobre que facer no caso de atoparmos un therian ceibo polo monte.
É un pouco como o da polarización, a culpa da proliferación de armas nucleares é de todos, dos países que as fabrican e dos que son susceptíbeis de sufrilas
O curso escolar transcorre sobre o lombo dunha serie de efemérides que as distintas autoridades educativas teñen a ben marcar no calendario para cumprir cos xenéricos obxectivos que adornan todos os preámbulos de todas as leis de educación. A rapazada americana ten o día da árbore ou o día do presidente, e nós temos o día de Rosalía, o día do libro ou o día da paz. A cousa funciona así: os obxectivos educativos para un ciclo propoñen bondades xenéricas, como a educación en igualdade, o desenvolvemento sostíbel ou a educación para paz, e correspóndelle aos centros educativos e aos respectivos departamentos desenvolver eses obxectivos en accións concretas. Temos actividades relacionadas cos libros no día do libro, visitas á casa-museo de Rosalía de Castro, concursos literarios nas Letras Galegas e magostos arredor do Samaín. E despois está o Día da Paz.
Cando era nena xa celebrabamos o Día da Paz cada 30 de xaneiro con desexos abstractos sobre a non violencia, como mises abordadas con preguntas capciosas nun desfile. Ás ordes da titora baixabamos ao patio da escola, colocabámonos de pé, formando cos nosos corpos o contorno de algo que asemellaba unha pomba, outra profesora sacaba unha foto desde a fiestra do terceiro andar, e volviamos subir en desbandada cara ás aulas, aliviadas de perder (con sorte) a clase enteira de matemáticas co paripé. Cando comecei a dar clases pensei que se cadra na secundaria a concreción do epígrafe “educación para a paz” era un pouco máis concreta, pero trabuqueime.
Nos últimos anos celebrei o Día da Paz lendo manifestos nos que caen as bombas pero ninguén as bota, ou facendo grúas de papel en recordo dunha nena xaponesa que morreu hai 70 anos. A páxina web das Nacións Unidas, que sospeito que é de onde sacaron a idea os institutos e asociacións pola paz que promoven o conto das grúas, acompaña a efeméride do Día Mundial contra os Ensaios Nucleares cun fermoso texto, que conta a historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa supervivente de Hiroshima. O conto é que hai unha lenda xaponesa que di que se consegues facer mil grúas de origami hanse cumprir os teus desexos, e Sadako, afectada por unha leucemia consecuencia da bomba nuclear, tentou facelas. Que en todo o sitio non mencionen de onde saíra aquela bomba ou o contexto do ataque (o feito de que os EUA tirasen senllas bombas nucleares sobre poboación civil cando a Segunda Guerra Mundial xa finalizara en Europa e Xapón estaba a piques de renderse no Pacífico) ten sentido se pensamos que os EUA son membro permanente do consello de seguridade das Nacións Unidas, con poder de veto sobre todas as decisións. Moito mellor falar dos nenos vítimas das bombas nucleares, así en xeral. É un pouco como o da polarización, a culpa da proliferación de armas nucleares é de todos, dos países que as fabrican e dos que son susceptíbeis de sufrilas.
Seguindo o exemplo da ONU, nos centros educativos facemos grúas e lanzamos mensaxes xenéricas sobre paz e amor, como cando eramos cativas no patio da escola. Poderiamos facer un paxariño por cada un dos nenos asasinados en Gaza o último ano e teriamos grúas abondo para resucitar a Sadako, poderiamos mandarlle unha carta a Mark Rutte para dicirlle que non queremos gastar máis cartos en armamento, poderiamos denunciar a entrega do Premio Nobel da Paz a unha axitadora que aplaudiu o bombardeo do seu país, poderiamos esixir que se expulse a linguaxe de odio das nosas escolas, aínda que veña refrendada pola Policía Nacional, e esixir respecto para o noso alumnado migrante, que ten dereito a vivir en paz sen que ninguén lles fale de “paguitas” nin de delincuencia. Todas esas reivindicacións están fundamentadas e xustificadas no obxectivo curricular de “educación para a paz”, e porén é difícil pasar da mensaxe xenérica sobre a bomba que “caeu” en Hiroshima. Coa actualidade como a temos, cargada de belicismo a todas as escalas, non sei se o que nos impide concretar é o medo a unha chamada da inspección educativa (despois de todo, seguen en vixencia as instrucións sobre a cacarexada “neutralidade”) ou máis ben o cansazo que se impón en todas nós, como apuntaba Ismael Ramos a semana pasada neste mesmo espazo.
O caso é que estou desexando que pase esta semana o Día da Paz para poder entrar de cheo nos preparativos de Antroido, que aí si que ninguén ten problema para concretar actividades, e se cadra daquela podemos aproveitar os disfraces para retomar a denuncia, esta vez si con nomes e apelidos, como manda a tradición. E o da pombiña, as grúas e os contos nos que caen as bombas sen que ninguén as bote mellor que siga a contalos a ONU, que xa levan tempo a crer nas paxariñas preñadas.
Unha das trampas máis consistentes que nos coou o capitalismo foi facernos pensar que quen deixou de producir para o sistema xa non ten valor nin vontade
Será que se achega a fin do ano e é o momento que escollemos para facer balance, ordenar, comezar de novo e todas esas intencións que duran o que tardamos en pasar o empacho das festas, pero ultimamente o algoritmo porfía en recomendarme rituais de limpeza e orde. Hai unhas semanas chegou ao meu scroll habitual de redes sociais un artigo que me chamou a atención polo título, algo así como “A arte sueca de limpar para a morte”, facendo referencia a un costume de prepararse antes de morrer ordenando a casa e desfacéndose das cousas superfluas para non lle deixar traballo aos fillos. Teño que aclarar que non profundei nas raíces suecas de dito costume, e non sei até que punto o artigo que lin eu, dunha autora estadounidense, reflectía fielmente unha práctica tradicional.
A autora en cuestión facía moito fincapé en facilitarlle a tarefa á familia cando tivesen que baleirar a casa tras o falecemento dun familiar. Calquera que tivese que pasar por ese transo, e coido que no noso país é algo ben habitual desde que deixaron de convivir varias xeracións nunha mesma casa, sabe que adoita ser un traballo moi ingrato, solitario por veces, e que se acomete nun momento de fraxilidade emocional tras unha perda.
Cando tivemos que baleirar a casa da miña avoa tras a súa morte vímonos decote abafadas pola cantidade de decisións insignificantes que había que tomar, que se tira, que se deixa, quen quere que recordos e quen vai coidar das plantas. Tamén recordo atopar cousas que me fixeron sorrir, como algún xoguete que non vía desde que era nena, o vello Trivial Pursuit que usabamos nas sobremesas, mentres a avoa durmiñaba na butaca co oído posto no xogo para poder berrar “As Termópilas” ou “Benito Pérez Galdós” cando era necesario, ou a botelliña do perfume que adoitaba usar os días de festa, e que aínda conservo no meu tocador, para ulir de cando en vez e invocar o seu recordo. Eses malos momentos que pasamos como familia tendo que desfacernos de todas as cousas que tiña a miña avoa gardadas nun piso cheo de armarios volvería pasalos gustosa a cambio de volver a ese intre no que a miña irmá descubriu nun deles unha caixa con medio cento de fibelas de cinto perfectamente ordenadas e clasificadas.
Unha das cousas nas que insistía a autora do artigo é en que tires calquera cousa comprometedora que teñas, e que o fagas xa, sen esperar a vella, non vaia ser o demo que despois non teñas a cabeza no sitio. Pon o exemplo dunha amiga dela que gardaba as cartas de amor que intercambiara cun amante había anos porque lle facían sentir ben, pero decidiu queimalas por se a súa familia se sentía mal ao atopalas tras a súa morte. É inevitábel pensar que As Pontes de Madison sería unha curtametraxe de 5 minutos se a Francesca Johnson lle dese por facer iso coas cartas do fotógrafo, pero alén da referencia cinematográfica obrigada, coido que hai algo moi moralista no de se preocupar polo que pensarán os outros cando unha xa non estea.
O artigo dicía que o que deixas atrás debería contar a historia que ti queres contar, como se na morte tamén precisásemos asesores que nos axudasen a “controlar o relato”. As historias das persoas non deberían estar editadas. Son confusas, por veces épicas, as máis das veces aburridas, e non deixan de ser importantes cando chegamos a vellas, pero moitas veces asumimos que cando unha persoa é vella a súa historia deixa de ser súa, que unha vella é automaticamente fráxil, ou está desvalida ou non entende o mundo que a rodea. Unha das trampas máis consistentes que nos coou o capitalismo foi facernos pensar que quen deixou de producir para o sistema xa non ten valor nin vontade. Se aceptamos ese axioma, é doado deixarse convencer de que os problemas da xente moza os causan os vellos e as súas pensións e que a clase non ten nada que ver.
Unha das cousas que vou facer neste final de ano é facerlle caso ao algoritmo e poñerme a ordenar os armarios. O que non vou facer é desfacerme dese vestido que hai 15 anos que non me sirve pero porfío en volver poñer algún día, nin da pota sen unha asa que me ocupa media lacena pero penso que inda podo usar para un cocido. Se nós non queremos sentar a agardar nunha casa baleira, como lle podemos pedir iso a ninguén, por moito tempo que leve sendo pensionista. Como dicía a miña avoa cando discutiamos cousas diante dela pero sen incluíla, pensando que os seus coñecementos se limitaban ao Trivial Pursuit, “vós pensades que son parva”. Pois iso.
De todas as militantes que podían encabezar a campaña do 25N, no PPdeG alguén considerou oportuno escoller as tres mulleres que arrouparon e eloxiaron o exconselleiro do mar Alfonso Villares cando se viu obrigado a dimitir por estar a ser investigado por un delito de agresión sexual
O malo das columnas semanais (xa non digamos das mensuais) é que unha quere abordar algo que aconteceu o martes ou mércores e, cando chega a data de entrega, xa nos pasaron por riba outras corenta “últimas horas” máis, cos seus ciclos de indignación, chufa nas redes sociais e esquecemento correspondentes e, para cando a columna sae publicada, xa nin a autora lembra a conto de que viña tanta palabrería.
A principios desta semana, por exemplo, vin unha serie documental moi interesante (para quen, coma min, goce das historias sobre calotes e imposturas varias). Trataba dunha guionista de series de Hollywood que labrou a súa carreira a base de inventar historias lacrimóxenas sobre si propia e de parasitar os traumas da xente que a rodeaba. A serie, por se a alguén lle interesa, chámase Anatomy of Lies, que parece un título buscado para amolar a Alberto Núñez Feijóo, precisamente por esa teima que ten a actualidade de atrapallarse durante a semana como se alguén estivese a usar unha máquina do tempo para alterar todas as nosas liñas temporais, pero xuro que cando a vin aínda non comezara sesión ningunha no Congreso dos Deputados. A historia desta guionista é a de moitos outros impostores famosos, alguén que necesita atención desesperadamente e está disposta a inventar calquera doenza ou traxedia persoal para conseguila, como aqueloutra muller que finxira estar no World Trade Center o día dos atentados e mesmo chegara a presidenta da asociación de vítimas. Creo que me atraen esas historias porque me interesa moito o mecanismo que leva a alguén a ter envexa do padecemento alleo. No caso da muller do documental, que dicía ter, entre outras moitas cousas, un tipo de cancro moi pouco común, os síntomas parecían redobrárselle cando alguén na súa oficina tiña unha enfermidade grave ou algún outro problema.
Na política tamén abondan os expoñentes desta síndrome, que os médicos da ficción chaman Munchausen e eu bauticei co menos exótico pero máis descritivo “Ti tes cancro? Pois eu teño dous!”. O pasado 25 de novembro, por exemplo, algunhas mulleres do PPdeG reuníronse nun discreto descampado dun barrio de Santiago para se fotografar cunha faixa na que se lía “Mulleres en liberdade. Nin caladas nin sumisas”, acompañado dun suxerente retrato de Rosalía de Castro amosando escote. O debuxo escollido para representar a Rosalía, que seguramente sorprendeu a moita xente, é unha modificación dun outro debuxo publicado por un fanzine queer, e que fora referenciado nuns materiais didácticos que non lle gustaron nada a Paula Prado, algo así como se o PPdeG fixese fanfiction dalgo que aborrece e despois tivese que explicarlla aos seus votantes.
Xa que foran até alí sacar a foto, aproveitaron para dar unha rolda de prensa e despois colgaron a foto nas súas redes sociais, encabezada polo seguinte texto: “A esquerda silenciou a Rosalía de Castro e agora pretenden facer o mesmo con nós”. Para o PPdeG, o 25N non vai das mulleres que experimentan violencia no noso país, nin das seis mulleres asasinadas este ano en Galiza, nin dos centros para vítimas de violencia sexual a cargo da Xunta e que, segundo denuncia Amnistía Internacional, son menos dos que deberían ser, funcionan de maneira opaca e teñen a xestión privatizada. Para o PPdeG, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller vai deles. Como a guionista americana, reclaman toda a nosa atención no único día do ano no que a violencia machista ocupa o centro da actualidade e as capas dos xornais. No centro da foto, Paula Prado, Fabiola García e Ángeles Vázquez, para demostrar que as altos cargos do PPdeG tamén sufren e que a oposición se porta moi mal con elas, o que se desprende do lema escollido. De todas as militantes que podían encabezar a campaña do 25N, no PPdeG alguén considerou oportuno escoller as tres mulleres que arrouparon e eloxiaron o ex-conselleiro do mar Alfonso Villares cando se viu obrigado a dimitir por estar a ser investigado por un delito de agresión sexual.
Está claro que, malia estar no goberno e ter o monopolio do discurso público, o PPdeG necesita atención desesperadamente, como a impostora do documental. A súa estratexia para conseguila pasa por manufacturar indignación semana si, semana tamén, e ternos a todos falando do apropiado (ou non) do canalillo de Rosalía nun debuxo. Se o noso goberno é sempre a vítima -da oposición, dos sindicatos, dos debuxantes de fanzines queer...- é mais difícil pedirlles contas, e cando lles vaiamos coas nosas reivindicacións, sempre poden responder “Tes un problema? Pois nós temos dous!”
Quen nunca se deixou seducir por aquilo de “pon outra volta, que paga o concello”? Será certo que o poder corrompe, pero hai quen xa ven co ánimo corruptíbel da casa
Na novela Pazo de Inverno, o escritor e ex concelleiro da Coruña Alberto Lema debullaba os catro anos de gobernos municipais “do cambio”, os seus obstáculos insalvábeis e os seus erros, encarnados nun roman à clef que describía, sen camuflalo demasiado, o equipo de goberno do que el fixo parte de 2015 a 2019, a Marea Atlántica da Coruña. Nun momento da novela, o coro dramático que contextualiza a situación nalgunhas pasaxes, di da chegada dos novos concelleiros e concelleiras ao Pazo de María Pita: “Parecían turistas coreanos na catedral de Compostela, unha catedral que de xeito inexplicable lles pertencía”.
O coro da novela, convertido en todas nós, reflicte unha das críticas máis habituais que se lles fixo a estes novos gobernos ás veces inexpertos: o medo que parecían ter a gobernar. Tamén é certo que ese tipo de análise chegaba, por máis das veces, desde a as propias filas, porque xa se sabe que non hai nada que máis lle guste á esquerda, vella ou nova, que unha boa autocrítica coa man aberta.
Quen nunca transmite esa sensación de medo é o PPdeG, que mesmo eses catro anos fóra dos gobernos das principais cidades falaban dos pazos de goberno non como turistas coreanos na catedral de Santiago senón como se fosen o mesmísimo deán. Mesmo a súa prensa repetía seguido aquela idea de que tiñamos okupas nas institucións, que sen dúbida algunha, e por forza do costume, eran de titularidade dos caciques locais e só estaban momentaneamente inaccesíbeis. Agora seguen a falar neses termos do goberno de Santiago ou da Deputación da Coruña, por exemplo. É tanto así, que o goberno da Xunta (outros artistas á hora de pasear por San Caetano como se o cargo fose vitalicio) botou os dous últimos anos atrancando a construción da residencia de maiores de Ribeira para impulsala a bocas cheas cinco días despois de lle quitar a alcaldía ao BNG cunha moción de censura. Poida que Fabiola García tivese o número do exalcalde marcado como spam, e agora que o prefixo é outro por fin se puido reunir coa flamante alcaldesa para acordar construír a residencia, que saberei eu.
O caso é que as institucións son eles e eles por volta son os Veciños (cando toca queixarse na prensa dos gobernos doutro signo), os Comerciantes (cando as medidas de segundo que concellos non lle conveñen á Xunta do PPdG) ou as Viúvas (no caso extremo, Deus non o queira, de que un cómico faga un chiste irreverente). En Noia, por exemplo, veñen de descubrir que os actos electorais e os actos do concello son a mesma cousa. Que mellor estratexia para asegurarse o éxito nas urnas que cargar as ceas con simpatizantes aos gastos do concello? Quen nunca se deixou seducir por aquilo de “pon outra volta, que paga o concello”? Será certo que o poder corrompe, pero hai quen xa ven co ánimo corruptíbel da casa.
Este recurso á metonimia ao que nos ten afeitas o PPdeG, azul corporativo incluído, élles moi útil cando, como en Noia, hai que usar cartos públicos para imprimir papeletas do partido, ou cando o goberno da Xunta decide con que concellos coopera e con cales non. E así, aos poucos, vaise instalando no imaxinario popular o imaxinario Popular, e cando nos descoidamos estamos a chamarlles a atención aos veciños por protestar no canto de baixar a cabeza, gardar silencio e aceptar a omnipotencia do PPdeG, talmente como turistas coreanos entrando na catedral de Santiago.
Á hora de protexer a infancia só hai dúas opcións posíbeis: ou estamos cos nenos, con todos os nenos, procurando o seu benestar e a súa acollida, ou estamos do lado dos fascistas que lles lanzan cócteles molotov.
A primeira vez que din clase nunha escola foi nunha aula de educación infantil. Supúñase que lles tiña que aprender inglés de forma lúdica a un grupo de crianzas de catro anos dúas horas á semana despois de clase, pero aquel primeiro día, sen a formación adecuada nin os recursos para desenvolverme, saín daquela clase como se viñese de Vietnam. Aqueles non eran querubíns obedientes que atendían a todos os meus contos cos ollos moi abertos, senón máis ben unha amalgama de brazos e pernas (e babas, e moitos mocos) que se movían en tromba pola aula berrando como animais salvaxes porque levaban pechados naquel colexio, sentados en pupitres, desde primeirísima hora da mañá. Xurei non volver, pero fíxeno (que remedio) e aínda recordo o día, unhas semanas despois, no que atopei un daqueles pequenos salvaxes de paseo pola rúa coa súa mamá e reparei no realmente pequeno que era, pouco máis ca un bebé. Agora que lle dou clase a adolescentes, e que teño moita máis experiencia e recursos, aínda me sorprendo ás veces pensando neles coma unha masa problemática (especialmente nas clases da última hora) no canto de ver o realmente pequenos que son, xa non bebés pero aínda nenos e nenas.
Á xente que non ten contacto diario coa rapazada pásalle algo parecido, cando ve a moitos xuntos asústase un pouco porque son barulleiros e tenden a ocupar moito espazo, e aí sae a cachón o conservadurismo, a desconfianza e o “nos meus tempos non facíamos tal ou cal”. Hai tempo que a ultradereita, que vive de axitar medos, sabe isto, e por iso cando critican a acollida de nenos e nenas desamparados non lles chaman nenos e nenas desamparados, senón “menas”. Alfonso Rueda fala de aluvións, de avalanchas e de guetos, sabendo moi ben que as palabras teñen peso máis alá do dicionario, que os nomes colectivos desdebuxan as persoas e as comparacións con fenómenos adversos acaban por deshumanizalas.
Nada é casual nas hipérboles empregadas polo PPdeG e difundidas a diario pola nosa televisión pública e outros medios afíns. As asociacións de protección da infancia, os colectivos de migrantes e mesmo o Arcebispo de Santiago xa advertiron sobre as consecuencias de usar esta linguaxe incendiaria, e ao final chegaron. O pasado 21 de setembro, uns terroristas lanzaban cócteles molotov contra o edificio de Monforte no que a Xunta decidiu concentrar a acollida de nenos migrantes. A policía aínda non atopou os culpábeis, e non parece que o goberno galego os estea a apremar especialmente, sobre todo se o comparamos coas reaccións ante outros atentados contra a propiedade. O que si fixo o PPdeG foi apresurarse a condenar a condena, é dicir, criticar a todos os políticos que condenaron enerxicamente o atentado racista e advertiron de que as palabras teñen consecuencias. Paula Prado, que nunca lle tivo medo a equivocarse cando fala en público, mesmo se atreveu a equiparar o ataque racista coas protestas contra o xenocidio en Palestina que tiveron lugar durante a Vuelta Ciclista a España, e a tal hora ninguén do executivo galego a chamara aínda a capítulo pola aberrante comparación. A conselleira da que depende o centro de acollida, Fabiola García, fixo unha tépeda condena para acto seguido afirmar que os nenos e nenas migrantes son unha “imposición” para o goberno galego.
Dicía o poeta James Baldwin que todos os nenos son os nosos nenos, e di a Declaración dos Dereitos da Infancia que os nenos e nenas teñen dereito a seren protexidos, e porén o noso goberno pretende facer un xogo de suma cero, no que non hai cabida para todos e invítanos a escoller segundo pantone. Se cadra o fan para seguir contando cos votos dos fascistas que se concentran contra os nenos migrantes, porque o certo é que os nenos galegos tamén lles importan ben pouco. Asociacións de protección da infancia como UNICEF, IGAXES ou a Cruz Vermella advirten de que a consellería de Fabiola García leva anos sen habilitar prazas no sistema de protección de menores, e as que hai non abondan para todos os nenos e nenas que precisan protección. Os mestres volvemos saír á rúa esta semana, entre outras cousas porque a consellería non lle está a dar resposta ao alumnado con necesidades de apoio educativo e, mentres o conselleiro fai chanzas sobre as protestas, hai rapaces que non poden acudir a clase porque non hai coidadores abondo, centros reclamando especialistas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, e profesores facendo adaptacións curriculares para un terzo da aula sen apoio ningún.
Os nenos están ben, di Román Rodríguez coa súa retranca lalinense, e confía en que miremos para outro lado e pensemos que os problemas veñen de fóra. Os nenos están ben, di Fabiola García, e aproveita para falar do difícil que é acoller menores estranxeiros mentres segue sen habilitar prazas para protexer a uns e outros. Os nenos non están ben, cantaban os Offspring aló polos anos 90, cando moitos dos que agora se asustan facían tamén parte desa masa de adolescentes barulleiros que ían pola rúa berrando e espantando vellas. A moitos deles conviríalles recordalo, porque á hora de protexer a infancia, só hai dúas opcións posíbeis: ou estamos cos nenos, con todos os nenos, procurando o seu benestar e a súa acollida, ou estamos do lado dos fascistas que lles lanzan cócteles molotov.
Moito lle gusta a este goberno da Xunta meter medo coas invasións, quer de lobos, quer de okupas (o teléfono que nos custa 61.000 euros ao ano atendeu tres chamadas ao respecto en todo 2024), quer de nenos migrantes, que finalmente Rueda se pregou a acoller na Galiza despois da súa rolda de estigmatización polos principais diarios do país
No Museo de Historia Natural da USC hai un diorama que representa a biodiversidade dun bosque caducifolio galego. Esta semana, durante unha visita, a bióloga que nos guiaba amosounos un exemplar disecado de pita de monte e explicou que, malia se conservar aínda nalgúns puntos da Europa continental, este animal está completamente extinto na Galiza. Nese intre a miña acompañante bisboume no oído “a última veuna Fraga” e as dúas rimos a cachón.
Non sei se Manuel Fraga, coa súa puntería dubidosa, contribuíu á extinción da pita de monte. Si que fachendeaba de cazalas nos Ancares canda outras especies, e seica tiña tanta afección que non a deixou de lado nin para atender aos bandazos do Prestige fronte á costa de Muxía. Será en homenaxe ao fundador que a Xunta de Alfonso Rueda está emperrenchada coa caza do lobo, malia que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, as asociacións ecoloxistas e a realidade teimen en dicirlle que non ten caso. As mandas de lobos non aumentaron no noso país, e os ataques a explotacións gandeiras son anecdóticos segundo os datos da propia Xunta, e así e todo a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, decidiu poñerse estupenda e meter medo cunha suposta invasión de lobos procedentes de “toda España”. Moito lle gusta a este goberno da Xunta meter medo coas invasións, quer de lobos, quer de okupas (o teléfono que nos custa 61.000 euros ao ano atendeu tres chamadas ao respecto en todo 2024), quer de nenos migrantes, que finalmente Rueda se pregou a acoller na Galiza despois da súa rolda de estigmatización polos principais diarios do país. Semella que para o presidente vivimos nunha Arcadia atlántica onde non hai problemas ambientais nin desigualdade, e todos os conflitos son invasións e inxerencias.
Rueda ve lobos por toda a parte. O TSXG, que non lle deixa repartir licencias de caza a dereita e esquerda como nos tempos de Fraga; o Consello de Contas, que lle critica, entre outras cousas, a falta de transparencia; o IGE, que lle demostraba con datos o éxito do seu plan de extinción do galego nas aulas até que o presidente tomou medidas e decidiu extinguir o propio IGE (isto é, reestruturalo)... O último en subírselle ás barbas foi o arcebispo de Santiago, que aproveitou a ofrenda rexia do 25 de xullo na catedral para reprochar o uso dos migrantes como arma política, algo do que tanto Alfonso como o seu xefe en Madrid saben abondo.
Multiplícanselle os lobos a Alfonso e iso nótase ben nas súas intervencións chuscas no Parlamento (especialmente cando se dirixe á líder da oposición) e na súa necesidade de controlar o relato. Amarrada a CRTVG (á que seguimos a chamar polo nome vello para entendernos, como facemos coa rede social do supremacista sudafricano), agora o seguinte paso para instaurar o control ideolóxico son as escolas, coas instrucións para prohibir que a comunidade educativa se amose a favor dos dereitos humanos, e os centros sanitarios, onde xa non é posíbel visibilizar a falta de medios baixo pena de sanción. Alfonso Rueda quere reescribir a realidade e que todos lle compremos o relato: invádennos os lobos, as contas da Xunta son transparentes, Altri vai xerar tropecentos postos de traballo e nada de contaminación, e as crianzas escollen non falar galego. De seguir nesta deriva distópica, non me estrañaría nada que a próxima vez que visite o Museo de Historia Natural, a bióloga me conte que a pita de monte nunca existiu e que Alfonso Rueda e o PPdeG salvaron persoalmente cada un dos exemplares das poucas especies que aínda queden vivas.
Cando nos congratulamos porque o partido ese non ten representación no Parlamento galego, esquecemos que xa está abondo representado no Goberno da Xunta
Levo días dándolle voltas a se escribir sobre as instrucións de formación do espírito nacional da Consellería de Educación. Nas semanas desde que o conselleiro presentou a súa nova estratexia para controlar as actividades complementarias dos centros de ensino non houbo profesora, pedagogo, membro da ANPA, sindicalista ou catedrático de dereito que non escribise un artigo ao respecto, coa correspondente cita de Lois Pereiro e a correspondente alusión ao paradoxo da tolerancia de Karl Popper, así que para que insistir, se xa se sabe que as mestras temos sona de pesadas. E de lacazanas tamén, aínda que creo que iso é un pouco culpa nosa, por esta teima que temos en nos xustificar cada vez que alguén nos di algo dos meses de vacacións. Eu nunca vin un notario xustificándose por traballar pouco e cobrar moito, así que non lle penso volver a explicar ao meu cuñado (ou ao subdirector xeral de Inspección Educativa, póñase por caso) o das horas de permanencia no centro e as horas de traballo na casa.
Pero desvíome do tema (o de prender en silveiras tamén é un mal da profesión docente). O caso é que estaba moi decidida a non escribir sobre as razóns de Román Rodríguez para non querer que a rapazada traballe os dereitos humanos, a diversidade ou o ecoloxismo nas actividades complementarias. Estaba tan decidida que xa me atopaba na procura doutro tema máis lixeiro sobre o que escribir (por isto de que entrou o verán astronómico e mañá son as cacharelas) cando saíron á luz os artigos do subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo, ese mesmo que, segundo afirma CIG Ensino, está detrás das instrucións da neutralidade ideolóxica. E, claro, non me puiden resistir.
Os artigos do señor subdirector xeral, inzados dos clásicos dog whistles reaccionarios (islamización, imposición, separatismo, comunismo...), non teñen nada de especial, nin no fondo nin na forma. Tampouco me atrevería a dicir que amplifiquen unha mensaxe ultra, non porque non sexan ultras abondo, senón porque non sei se unha serie de artigos publicados nunha revista dixital de fans de Gustavo Bueno teñen difusión para amplificar nada. Con todo, o problema non son os artigos escritos desde a perspectiva “politicamente incorrecta” dun fan do partido abertamente fascista, senón o feito de que ese fan sexa un alto cargo na Consellería de Educación. Cando nos congratulamos porque o partido ese non ten representación no Parlamento galego, esquecemos que xa está abondo representado no Goberno da Xunta.
Semella que o conselleiro non leu ningún deses numerosos escritos de membros da comunidade educativa nos que se fai referencia a Karl Popper, porque o primeiro que fixo ao saber dos artigos do seu subdirector xeral (ou, mellor dito, ao saber que todo o mundo sabía deles) foi pedir tolerancia co subdirector canallita e, claro, despois de botar a semana anterior tentando contemporizar, explicando que ía ter, si, “tolerancia cero” coas faltas de respecto aos docentes, que o seu subdirector chama “clase ociosa”, non lle coou.
O problema de Román Rodríguez é que anunciou a súa campaña ideolóxica nun acto institucional e dentro das instrucións para os centros, e quen se lle revirou foron os propios interesados. Trabucouse de audiencia, e sobre todo de medio, algo que non entendo como puido pasar tendo aí a TVG á súa enteira disposición. Se quere resolver esta lea, eu propoñería que levase o subdirector canallita a pintar a mona ao Land Rober, que alí pode ir soltando o seu discurso preconstitucional e de paso anunciar as medidas de censura para o curso que vén entre sketch e sketch, e iso son, como mínimo, dous escanos máis para as eleccións de 2028.
Se os lagartos camuflados de persoas que saían na moi oitenteira V nos invadisen mañá e tentasen convencernos de que con eles ao mando as cousas nos ían ir moito mellor, xa sabemos a quen chamarían para presentar o proxecto
Chegaron boas noticias esta semana a Santiago. Despois de poñérselle en contra a veciñanza, o concello, os seus propios técnicos e mesmo os peregrinos, a Xunta por fin recuou na súa decisión de empichar as brañas do Sar até o mesmo pé do carballo centenario de Conxo para poñer un carril bici. Segundo o proxecto, a vía de asfalto ía saír de San Caetano (ignoro se da mesma Xunta) para chegar até o Milladoiro, que é unha distancia nada desprezábel para min, pero moi acaída para que alguén tan deportista como o noso Presidente poida percorrer en bicicleta.
O máis fascinante do asunto é que a encargada de dinamitar o proxecto foi Carmen Martínez Insua, a ex-directora de Patrimonio que dimitiu por cansazo despois de suxerir pintar a cheminea de Altri de camuflaxe e de tentar facer ver que a boutade fora cousa do ICOMOS, un organismo moi serio que non está para lerias, como xa demostraran aquela vez que lle sacaran as cores ao ex-alcalde compostelán Sánchez Bugallo por insistir en construír unha pailanada de teleférico en Santiago.
Neste caso, Martínez Insua asinou, practicamente co seu ultimo folgo, un informe contra o trazado do carril de asfalto minutos antes de abandonar o cargo, como cando nas películas o policía a piques de retirarse é abatido e xusto antes de morrer lle dá ao protagonista a peza vital de información necesaria para atrapar o asasino. Nesta brillante analoxía que se me acaba de ocorrer o protagonista sería a veciñanza de Conxo, que non quere piche no seu Bosque do Banquete, e o asasino aínda non o teño claro, poida que o enxeñeiro que deseñou o proxecto do carril bici ou o cargo da administración que lle dixo que “para adiante”.
Vese que desta vez a ex-directora de Patrimonio si que atendeu o clamor popular, se cadra coa esperanza de que un acto redentor amortecese a súa saída da Xunta tras o asunto da cheminea icónica. O clamor enxordecedor contra a pasteira de Altri e Greenalia, porén, está a obter unha reacción ben distinta. Non hai consello da Xunta, sesión de control no Parlamento, rolda de prensa, encontro con empresarios, no que o presidente Alfonso Rueda non exerza de comercial da pasteira, e unha empeza a dubidar se realmente lle vai a vida niso, como parece cada vez que lle reclama ao goberno español que se reúna co CEO de Altri ou cando insiste en defender os postos de traballo que disque vai crear fronte a todos os que seguramente vai destruír. Tendo en conta que o PPdeG é experto en tomarlle o pulso aos seus votantes, e que recuou noutras cuestións como o peche do paridoiro de Verín cando veu que se lle botaban á rúa mesmo os seus alcaldes, non atopo explicación para esta teima por nos vender a planta de celulosa, cunha contestación aínda maior.
Ás veces dáme por pensar que Alfonso ten a pretensión de ser embaixador das Malas Causas, como cando pide flexibilidade con Segismundo García, un empresario que tiña os traballadores da planta de Cervo de Sargadelos como se fosen radium girls a pintar reloxos radioactivos na Primeira Guerra Mundial. Ou como cando se manifestaba detrás da pancarta de Galicia Bilingüe (sic) nunha época de consenso parlamentario e social en torno á defensa da lingua propia. Se os lagartos camuflados de persoas que saían na moi oitenteira V nos invadisen mañá e tentasen convencernos de que con eles ao mando as cousas nos ían ir moito mellor, xa sabemos a quen chamarían para presentar o proxecto.
O seu xefe en España tamén ten unha certa querenza por arrimarse a partidos de inspiración preconstitucional e a estados xenocidas, e disque aos seus valedores estáselles acabando a paciencia porque non gaña eleccións (porque non quere), así que se cadra, se Alfonso aguanta un pouco, acaban ofrecéndolle traballo en Madrid, e aí si que seguro que atopa menos resistencia popular para asfaltarlle o camiño (e tender pontes de prata, se for preciso) desde San Caetano.
Cadrou que todos os convidados ao acto de aniversario do Goberno de Alfonso Rueda acreditaban na teoloxía da prosperidade do PPdeG: axudas a cambio de votos e condenación eterna para os herexes
Nas igrexas pentecostais americanas, entre cánticos, saltos no nome do Espírito Santo, curacións milagreiras e sermóns, é especialmente popular a tradición dos testemuños espontáneos, cando os fieis soben ao altar (normalmente un escenario) para dar conta dun momento de sufrimento na súa vida do que saíron airosos grazas á fe, todo relatado cun importante sentido do ritmo escénico, co predicador interpelando o fiel e o público dando constantes aleluias. Este movemento relixioso, moi vivo nas zonas máis deprimidas dos Estados Unidos, enmárcase dentro da teoloxía da prosperidade, que procura a riqueza material como signo da graza de Deus. Os teólogos da prosperidade ofrecen curacións e cartos a esgalla a cambio das xenerosas doazóns dos seus fieis, e tampouco dubidan en condenar a quen non doa á pobreza material nesta vida e ás lapas do inferno na seguinte.
No caso dos testemuños espontáneos que conmocionaron o noso país o martes pasado, non sei se a coincidencia coa Semana Santa foi buscada ou froito da casualidade, pero axudou a envolver o acto de promoción do primeiro ano de Alfonso Rueda á fronte da XII lexislatura do Goberno galego nunha aura mística, como se o Presidente e o seu executivo estivesen bendicidos pola divina providencia.
O baño de multitudes de Alfonso Rueda era, segundo a nota de prensa, un acto institucional para dar balance do seu primeiro ano de lexislatura, é dicir, o que ten que facer a semana que vén no Parlamento diante dos representantes de toda a cidadanía galega. Como en Galiza hai tempo que o azul PP e o azul Xunta comparten pantone, mirando as fotos do evento non me queda claro quen pagou a superlativa presentadora nin o “fabuloso petisco” que se serviu ao remate. O que me interesou especialmente foi a parte dos testemuños, espontáneos como os dos fieis pentecostais, xa que, segundo o presidente, os receptores de axudas convidados a falar en público nun acto con todos os cargos do Goberno, podían subir ao escenario e “dicir o que lles petara” (sic). Unha muller contou como se debruzou no chan entre bágoas tras recibir a chamada que lle outorgaba unha das cinco vivendas protexidas rematadas pola Xunta de Rueda en todo o 2024, xulguen vostedes se iso é un milagre ou non. Un home agradeceu con bágoas nos ollos a axuda que recibiu tras sufrir un ictus por un dos 26.674 accidentes laborais acaecidos no noso país o ano pasado. O home, vai ti saber por que, preferiu recibir coidados na súa casa no canto de marchar a unha desas residencias públicas galegas nas que conviven pacientes xeriátricos con pacientes psiquiátricos e con drogodependencias, sen que o persoal teña formación nin medios para tratalos. Polo escenario con fondo azul foron desfilando receptores de axudas agradecendo á Xunta (ou ao PPdeG, non está claro) as beizóns recibidas. O feito de que os cartos sexan públicos e que sexa mandato dos gobernos democráticos investilos en todas estas prestacións pasou máis desapercibido, tanto que escoitando algúns dos presentes mesmo parecía que as axudas saían da conta de aforro do presidente.
Non sei que criterio seguiu a organización do evento para seleccionar os fieis que acudiron a dar testemuño, non imaxino a ninguén no gabinete de Rueda chamando ao chou ás casas dos galegos para preguntar se quererían falar espontaneamente nun acto de balance da lexislatura. Sexa como for, coincidiu que todos os convidados acreditaban na teoloxía da prosperidade do PPdeG: axudas a cambio de votos e condenación eterna para os herexes. Ignoro se, como na teoloxía da prosperidade, está ben visto que os predicadores se enriquezan no proceso de conceder as axudas, pero, de ser o caso, so teremos que agardar uns cantos anos e sentencias xudiciais para sabelo.
O que máis me preocupa estes días, moito máis que a posibilidade do exército ruso cruzar os Ancares, é ver como amigos e veciños lle compran á propagandista europea do Estado xenocida de Israel o mesmo discurso que lle rexeitaran a Trump
Teño debilidade polas películas de estafadores, coido, porque me marabilla a habelencia coa que enredan as vítimas cunha retórica imposíbel mentres lles baleiran a carteira. Para que o calote funcione, é fundamental imprimirlle ao conto unha sensación apremante, que a vítima non teña tempo de parar a pensar no que está a acontecer. Lembro a escena inicial da película arxentina Nueve Reinas, na que a dependenta dunha tenda de gasolineira repite entre saloucos “me hizo un truco, me hizo un truco, me sacó la plata” cando se decata de que o personaxe interpretado por Gastón Pauls lle chuleou un billete de 100 pesos pero sen ser aínda quen de explicar como o fixo. Cando era camareira un rapaz tentou facerme unha xogada parecida, coa sorte de que eu xa estaba advertida por unha amiga que traballaba noutro bar, e así e todo a única forma que tiven de evitalo foi afastar o tipo da barra e mandarlle calar mentres contaba o troco amodo e comprobaba todos os pasos. Para as que non temos esa axilidade mental, a única forma de evitar o calote é parar, silenciar o ruído, e contar cos dedos a ver se con sorte nos decatamos de onde está a trampa.
Hai por volta dun mes, Donald Trump pedía que os países membros da OTAN aumentasen o gasto militar até un 5% do seu PIB, e Europa respondeulle con certa contundencia -para os tépedos parámetros da UE- por achar as súas esixencias disparatadas. O SPD alemán denunciou vehemente que o mundo non necesitaba máis armas, e mesmo os liberais apuparon o multimillonario americano por tentar aumentar os dividendos da industria das armas do seu país a base de ultimatos. En España, xornalistas e opinadores saíron con marionetas de calcetín nas mans a explicarnos que os países europeos cremos no estado do benestar e non na escalada armamentística.
Pasou pouco máis dun mes, no que Trump seguiu a ser igual de amigo de Putin que cando fixeramos chufa da súa ocorrencia, e de súpeto amenceu Europa vestida de camuflaxe. Ursula Von der Leyen, a señora da guerra europea, anunciou un plan de rearme de 800 billóns de euros, supostamente para non ter que dependermos dos EUA en asuntos de defensa. E eu que pensaba que para iso estabamos na OTAN. O mesmo SPD alemán ao que hai un mes lle sobraban as armas no mundo votou no seu parlamento levantar o límite de débeda para comprar moitas máis. En España, a maioría do Parlamento rexeitou unha moción do BNG para se opoñeren ao aumento do gasto militar, e Pedro Sánchez só ve un problema semántico na escalada bélica. Mellor chamarlle doutro xeito, que aquí a mili aínda ten mala prensa. Para tranquilizalo, Von der Leyen fala agora de “preparación” para evitar a guerra, unha táctica que xa usarara Woodrow Wilson para expandir o gasto militar nos EUA ás portas da Primeira Guerra Mundial e que, como sabemos, non evitou que despois entrasen na guerra nin que os bancos americanos se forrasen cos préstamos que Wilson precisou para poñer en marcha a tal preparación.
No prazo dun mes, saíron outra vez os tertulianos coas marionetas de calcetín a chamarnos imbéciles e maniqueos por contrapoñer o investimento en servizos públicos co gasto militar, cando foi o mesmísimo secretario xeral da OTAN quen nos pediu sacrificar pensións e sanidade para poder financiar o rearme. Se cadra son unha ilusa, pero o que máis me preocupa estes días, moito máis que a posibilidade do exército ruso cruzar os Ancares, é ver como amigos e veciños lle compran á propagandista europea do Estado xenocida de Israel o mesmo discurso que lle rexeitaran a Trump. Leo comentarios nas redes a medio camiño entre a belixerancia e o paternalismo máis insoportable, atacando a calquera que manteña o discurso antimilitarista, como Néstor Rego no Congreso. Se non somos uns pánfilos somos uns tarados, ou axentes a soldo de Moscova, que era algo moi gracioso cando a que acusaba era Ana de Bande, pero agora seica algúns empezan a pensalo de verdade.
Polo que for, agora o tempo aprema máis que hai un mes. Nunhas semanas, Von der Leyen e a súa maquinaria propagandística enredáronnos coa pantasma da indefensión e conseguiron que os parlamentos europeos lles lancen os cartos á cara sen preguntarse por que se pode levantar o límite de débeda para sufragar armas e non para todo o demais. Supoño que a alguén debe beneficiar, pero a tal hora no único que podo pensar é na ansia coa que a presidenta da Comisión nos aprema mentres fala sen parar de seguridade e resiliencia, e temo que nalgún momento acabaremos berrando entre saloucos porque nos fixo un truco e nos sacou a plata.
Cando o tecnofascismo propón solucións ao cambio climático, non son solucións para ti nin para min, nin desde logo para os milleiros de migrantes que foxen das secas ou da suba do nivel do mar
Semella que sempre estamos a agardar polo meteorito, ou sequera a recalcular a súa probabilidade de impacto na terra, contendo a respiración mentres sube do 1 ao 2%, imaxinando que caerá en Nova York, que é onde caen os meteoritos das películas, despois de desprendérenselles algúns anacos ao entrar na atmosfera, que van dar, invariabelmente, á torre Eiffel e ás pirámides de Gizeh.
Son estraños os chistes, a ansia coa que apremamos ao meteorito desde as nosas redes sociais, o confort que parecemos atopar nunha catástrofe a escala planetaria, como se a resposta a todos os problemas da humanidade pasase por rematar coa humanidade, como ver o partido no campo da casa e torcer polo equipo contrario. Se cadra nos afixemos a torcer polo equipo contrario a base de rirlles as grazas e perdoarlles as miserias aos patróns.
Non sei se é pola sensación permanente de estar á beira do precipicio que impoñen os algoritmos e o scroll infinito, pero teño para min que levamos toda a vida avisando de que isto xa remata, e acabamos por afacernos á vertixe. Despois de todo, todas as épocas son épocas históricas.
Estes días, coa noticia do meteorito e a pregaria nas redes sociais para que “veña pronto”, deume por pensar nas seitas apocalípticas que xurdiron en occidente arredor da Guerra Fría, outro fin de ciclo que nunca foi. Os seus sistemas relixiosos eran tan complicados como os das relixións tradicionais, con xerarquías e ritos, pero a premisa básica sempre era a mesma: a apocalipse é inminente e só uns poucos elixidos a van transcender. Teño que confesar que sempre me atraeron as historias sobre seitas, sempre me provocou curiosidade o carisma deses líderes que eran quen de convencer centos de persoas dos actos máis atroces. Hai pouco estiven a ler sobre a Orde do Templo Solar e a súa ensalada sincrética, que foi atractiva abondo para enredar unha elite mundial formada por médicos, enxeñeiros e xente con estudos superiores que creron todo o que o seu líder lles contou. Os elixidos que ían transcender a fin do mundo eran, curiosamente, os que menos problemas tiñan no mundo pre-apocalíptico.
Cando escoito o home máis rico do mundo falar de colonizar Marte, sei que non está a falar de nós. A súa única preocupación, alén de amasar capital, parece ser fuxir deste mundo, como se fose tan hostil para el como unha cela de Guantánamo.
Como na Orde do Templo Solar, cando o tecnofascismo propón solucións ao cambio climático, non son solucións para ti nin para min, nin desde logo para os milleiros de migrantes que foxen das secas ou da suba do nivel do mar. As IA prometen todas as comodidades do mundo futurista, pero os seus recursos non van saír dos petos dos magnates de Silicon Valley. Cando as clases rentistas teiman en converter o mundo nun xigante Airbnb, imaxina quen vai quedar sen cama.
Para cando chegue o meteorito, posibelmente esta xente tan lista xa teña deseñado o seu plan de escape, e no listado de pasaxeiros non estamos nin ti nin eu, por moito que agora lles riamos as grazas e lles perdoemos as miserias.
O capitalismo é unha seita apocalíptica e nós seguimos a torcer polo equipo que non é.
Morreu o exconselleiro de Fraga e a tal altura os obituarios serios andarán a dicir aquilo de que era un personaxe “coas súas luces e as súas sombras”, que é o eufemismo de referencia cando o defuntiño tiña máis ben sombras pero parece de mal gusto dicilo
[Escribo esta nota necrolóxica na mesma semana na que o PPdeG insultou en sede parlamentaria a memoria dos mortos nos campos de concentración de Franco. Para o PP de Alfonso Rueda, o mesmo que para a súa nave nodriza en Madrid, sempre houbo mortos de primeira, mortos de segunda, e mortos que non merecen nin figurar nas actas do Parlamento.]
Non sei por que, desde que souben do pasamento de Jesús Pérez Varela este xoves, non dou quitado da cabeza o Adeus, Feijoo de Emilio José, aquel temazo tecnopop que o cantante de Quins sacou hai xa quince anos para facernos máis dixerible a volta do PPdeG á Xunta de Galicia. Aínda que a canción non falaba do núcleo duro dos gobernos de Fraga, senón do daquela flamante presidente do sector do birrete, escoitala agora remite a unha época que xa fai parte do noso trauma colectivo, como o fan as figuras de Fraga, Cuíña, Diz Guedes ou o propio Pérez Varela.
Morreu Pérez Varela e a tal altura os obituarios serios andarán a dicir aquilo de que era un personaxe “coas súas luces e as súas sombras”, que é o eufemismo de referencia cando o defuntiño tiña máis ben sombras pero parece de mal gusto dicilo con el de corpo presente. A última vez que lin unha crónica falar das luces e as sombras dun político do PP foi á morte de Fernandez Albor, e as sombras foran nada menos que facer parte da Luftwaffe nazi, aínda que vista a deriva da “dereita moderada”, se chega a morrer agora igual o seu partido aínda lle suma o adestramento aéreo ao apartado das luces.
No caso de Pérez Varela, el mesmo escolleu, como bo propagandista, os fitos destacados nos que concentrar a atención pública mentres deixaba as súas moitas sombras na sombra. Vin estes días nas redes que seguen a causar gran refocile os seus anuncios grandilocuentes sobre os macroeventos que prevía para o Xacobeo 2004, e o seu moi sonado lapso falando como se o conselleiro estivese pluriempregado como terceiro membro d’Os da Ría, cando confundiu a cantata Carmina Burana cunha cantante moi galegueira. El deixou que nos esmendrellásemos a gusto coas súas saídas, e mentres tanto ía silandeiro facendo listas negras de xornalistas da televisión pública, estableceu a golpe de talonario o longo romance entre a Xunta do PP e os principais xornais do país, e inxectoulle anabolizantes ao Xacobeo de Vázquez Portomeñe até convertelo na monstruosidade que é agora.
Morreu el pero o seu grande fito, o vacinódromo máis caro do mundo, segue a verse desde varios puntos cardinais de Santiago e a custarnos cartos a todas. Lembro cando, en pleno debate sobre como facer chegar a xente até aqueles edificios enormas, o ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios da UNESCO) mediou cun informe demoledor onde chegou a cualificar a Cidade da Cultura como unha peza de deseño introducida de forma arbitraria e por cuestións de “veleidades de políticos”. É unha mágoa que finalmente non a destinásemos a mausoleo de Fraga, como prevía a rexouba do momento, así poderiamos ir enterrando os seus conselleiros canda el ao estilo do Antigo Exipto, e daríamos cohesión ao conxunto arquitectónico de firma. Despois de todo, se Pérez Varela fose enterrado con todos os fastos na Cidade da Cultura, xa ninguén podería acusalo de promover un proxecto baleiro de contido.
As polémicas sobre supostas censuras iniciáronse xusto cando a internacional fascista comezaba a despegar coa axuda inestimábel dos medios que descubriron que vendía máis publicidade un apoloxista do franquismo mentindo sobre inmigración que un artigo sobre as condicións de vida deses migrantes
A finais do século XIX instalouse nos Estados Unidos e nalgúns países europeos un pánico ás enfermidades infecciosas que puxo o albo nun novo inimigo público: as bibliotecas. Os detractores das bibliotecas afirmaban que os libros que pasaban por varias mans podían facilmente transmitir enfermidades como a varíola ou a tuberculose, e propuñan unha serie de medidas destinadas a frear o contaxio, desde prohibir o acceso ás persoas enfermas (léase pobres), ou esterilizar os libros con produtos químicos que remataban por estragalos, até a queima masiva de libros e o peche definitivo das bibliotecas. En realidade, a preocupación que se centraba nas bibliotecas públicas que comezaban a fundarse en todas as cidades e vilas e non nos bares nos que tamén se compartía espazo, cubertos e xermes, non tiña tanto que ver coas enfermidades contaxiosas como co medo que nas clases dominantes provocaba un pobo educado e con acceso xeral á cultura.
Máis dun século despois, as bibliotecas públicas resisten, pero o mito dos libros infecciosos non acaba de abandonarnos.
Hai uns dez anos, comezaron a circular de forma insistente polas redes sociais noticias e artigos sobre tal ou cal asociación que propuxeran que non se lesen contos clásicos nas escolas, ou tal ou cal pedagoga que advertiu da toxicidade das historias de Disney, case sempre acompañados de comentarios que falaban de censura ou adoutrinamento. Debemos advertir algo no feito de que fosen os fillos políticos dos censores da ditadura os primeiros en lanzarse a criticar unha pretendida censura e inzasen redes sociais, espazos radiofónicos e columnas de opinión de advertencias contra ela. Chamáronlle censura á lectura crítica, ao dereito á réplica, á contestación. Entón chegou Elon I o Libertador e liberou Twitter de censura de esquerdas, e os escritores post-post-modernos devidos en señores de dereitas aplaudiron coas orellas, porque para eles a liberdade sempre fora cuestión de a que hora lles pechaban o bar.
Debemos advertir algo xa daquela, dicía, porque o primeiro capítulo do manual de estratexia política dos think tanks da dereita sempre recomenda acusar o adversario político das mesmas falcatruadas que un está por cometer, para enlamar o estado de opinión e que, como moito, os votantes acertemos a dicir iso de “son todos iguais”. Non creo que sexa casual que todas estas polémicas sobre supostas censuras se iniciasen xusto cando a internacional fascista comezaba a despegar coa axuda inestimábel de todos os medios, tradicionais e modernos, que descubriron que vendía máis espazo publicitario un apoloxista do franquismo mentindo descaradamente sobre inmigración que un artigo sobre as condicións de vida deses migrantes. Mentres eles se organizaban e comezaba a sumar escanos e a ter voto decisivo en parlamentos, nós deixabámonos enredar sobre a conveniencia ou non de publicar versións adaptadas dos clásicos dos irmáns Grimm (algo que, por certo, leva a facerse desde que os irmáns Grimm publicaron o primeiro conto).
Agora que a internacional fascista ten capacidade de decisión en moitos lugares, a censura xa non é contextualizar libros nin escribir artigos críticos, senón censura. En 2013, a American Library Association (Asociación de Bibliotecas Estadounidenses) rexistrou o intento de censura de 4.240 libros individuais e 1.247 demandas para censurar outros materiais de biblioteca. Nos Estados Unidos de América hai anos que as reunións dos distritos escolares son infiltradas por “veciños preocupados” que non teñen fillos en idade escolar pero si unha lista de libros para retirar das escolas e das bibliotecas, libros contaxiosos que falan de raza e identidade sexual, que explican a historia ou cuestionan dogmas. Libros infantís nos que todas as crianzas se poden ver representadas e recoñecidas. Libros para un pobo educado.
En Arxentina, as asociacións ultra comezaron a sinalar diversas escritoras subversivas este verán, co beneplácito do goberno que tamén se sumou ás críticas, e agora lanzan unha campaña xudicial para sacar os libros que non lles gustan das aulas de secundaria. Os libros non lles gustan porque, din, conteñen linguaxe vulgar e descricións de natureza sexual, e eu non podo evitar lembrar o refocile na miña clase de 2º de BUP cando liamos en voz alta o fragmento aquel de “puta vieja!” da Celestina que don Fernando Lázaro Carreter escollía para ilustrar o seu libro de texto. Quen toma como reféns as bibliotecas e escolas publicas sempre se escusa nos palabróns ou as descricións gráficas, adoitan poñer a desculpa de querer controlar o tipo de libros que len os seus propios fillos, pero curiosamente o que sempre piden é impedir o acceso para os fillos de todo o mundo.
Por sorte, os libros sempre aguantaron. Aguantaron epidemias infecciosas, aguantaron guerras e aguantaron ditaduras. Como aguantarán esta neolingua que lle chama censura á crítica e liberdade á censura. E nós habemos sostelos, por iso desde esta columna eu tamén me sumo ao grito dunha das autoras arxentinas contaxiosas, Dolores Reyes: “Aguanten los libros, siempre!”
A un deles recomendáronlle buscar traballos en negro, a outra obrigárona a recibir un curso do que ela mesma fora profesora a risco de perder a prestación. Lembro a anécdota dunha amiga, intérprete en lingua francesa, á que aos poucos de anotarse ao paro comezaron a chamala para traballos de actriz... xa saben, tradutora e 'intérprete'.
Hai xa quince anos que tiven a miña única experiencia nun itinerario personalizado do Servizo Galego de Colocación. A orientadora laboral que me atendeu na entrevista persoal admirou o meu currículo e díxome que con tanta formación (un título e un par de idiomas) non entendía como non daba atopado traballo, o que dalgún xeito me deu idea da súa desconexión da realidade. Despois preguntoume se tiña fillos, e cando lle dixen que non, en seguida pasou a debullar as razóns polas que eu debía emigrar a un país de fala inglesa, dada a miña titulación. Non sei por que, fun moi sincera con ela. Díxenlle que xa vivira no estranxeiro cando era máis nova e non o pasara moi ben, que estaba moi unida á miña familia e que non quería marchar do país. Debeulle soar a capricho, porque pasou o resto da entrevista insistíndome en que emigrar era a miña mellor –se non única– opción, que ao non ter fillos non tiña ningún tipo de arraigo, e que os soldos eran moito mellores alá (aínda que nunca chegamos a concretar a que “alá” se refería). Eu aguantei estoica case toda a entrevista, temerosa de perder a prestación que percibía se a orientadora decidía non asinar o xustificante de asistencia. Só ao cabo dun anaco, cando me quedou claro que non faciamos máis que dar voltas sobre a mesma teima, ela que arre e eu que xo, decidinme a sacar o impreso da cita do meu cartafol de documentación e díxenlle “por favor, asíname o papeliño”.
Esta semana compartín unha versión condensada desa entrevista nunha nova rede social, e varios seguidores achegaron as súas experiencias propias: a un deles recomendáronlle buscar traballos en negro, a outra obrigárona a recibir un curso do que ela mesma fora profesora a risco de perder a prestación. Lembro a anécdota dunha amiga, intérprete en lingua francesa, á que aos poucos de anotarse ao paro comezaron a chamala para traballos de actriz... xa saben, tradutora e intérprete. Sei que cen anécdotas non fan norma, pero normalmente apuntan por onde van os tiros. Hai moitos anos que as oficinas de emprego galegas non son quen de aportar máis do 5% dos traballadores que se reincorporan ao mercado de traballo. É dicir, de cada 100 persoas sometidas a entrevistas humillantes, obrigadas a recibiren cursos nos que son expertas, que pasan por todos os aros da burocracia e aturan estoicas recomendacións de emigrar, de traballar en negro ou de montar unha PEME, para que lles asinen o papeliño, menos de cinco atopan finalmente traballo grazas ao Servizo Público de Emprego.
Agora, o conselleiro de emprego e o presidente Rueda anuncian triunfantes a aplicación dunha medida estatal para que as persoas paradas que non cobran prestación asinen un “acordo de actividade” que as obrigue a pasar por todos eses aros inútiles se non queren deixar de figurar como demandantes de emprego. Para Alfonso Rueda sería ideal poder sacudirse de enriba uns cantos centos de números nas listas do paro para maquillar as cifras de destrución de emprego, e a forma escollida para facelo é, máis unha vez, sementar a sospeita sobre a clase traballadora.
Di o conselleiro José González que a medida é unha cuestión de “ética” e que os traballadores teñen que amosar o seu “compromiso inequívoco” coa busca de emprego. Dio con ese xeito de insinuar as cousas que ten a dereita ultraliberal, eles poñen en marcha esta medida porque eles son os da ética e os que velan polo cumprimento das normas, vese que aos mortos de fame lles dá por apuntarse ao paro por amolar, xa se sabe que a clase obreira é todo picaresca e tentar cazar paguitas.
Comecei este artigo explicando que aquela entrevista fora a única a que acudira na oficina de emprego. Eu, para confirmar a estatística, tampouco atopei traballo por esa vía. Se vostede está nesa situación, moita sorte. Aguante estoicamente as parvadas que lle van dicir no seu Itinerario Personalizado, e non esqueza asinar o seu compromiso inequívoco para que José González non lle pida explicacións. Non vaia ser que sexa vostede un caprichoso que non quere traballar en negro, emigrar, ou deixar a un lado a súa formación para probar sorte coma intérprete no mundo do espectáculo.
En Gaza non vimos unha nube con forma de cogomelo pero si todo o horror que esta tapou en Hiroshima; Netanyahu e os seus socios europeos e americanos están decididos a aniquilar agora o Líbano, e así e todo atopamos o xeito de afastar a ollada dun xenocidio real para nos recrear nunha hipotética guerra nuclear na que poder visualizarnos como vítimas
“Así comezou a Terceira Guerra Mundial, e despois seguiron outras tres.”
Stefano Benni, Terra! (1983)
Unha vez dixen nunha entrevista que sempre me dá a sensación de estar a mirar para outro lado cando acontece algo importante, e cando a leu miña nai díxome que iso nos pasa a todos, que é lei de vida. Como boa nai, ela sempre lle quita drama ás cousas que digo para que non me tome demasiado en serio a min mesma, pero neste caso coido que tiña razón. Non sei se é lei de vida ou máis ben un signo dos tempos, pero é tal a homoxeneización informativa, que sempre estamos a mirar para onde nos din que miremos mentres ao noso redor acontecen cousas importantes.
Esta semana un alumno preguntoume se non lle tiña medo á guerra nuclear, e por un momento pensei en cantarlle a de Mr Snoid de Kortatu, pero o meu alumnado xa me considera vella abondo sen que lles cite referencias culturais do século pasado. Eu que pensaba que o pánico nuclear xa pasara de moda. En Gaza non vimos unha nube con forma de cogomelo pero si todo o horror que esta tapou en Hiroshima; Netanyahu e os seus socios europeos e americanos están decididos a aniquilar agora o Líbano, e así e todo atopamos o xeito de afastar a ollada dun xenocidio real, en directo nas nosas pantallas, para nos recrear nunha hipotética guerra nuclear na que poder visualizarnos como vítimas. Xa saben, facer a supervivencia, darlle saída a todo o que aprendemos tras anos de xogar ao Fallout e de ver series de zombis.
Lin en algures que desde que se inventaron as armas nucleares a nosa existencia é máis improbábel cada día que pasa, pero a min iso sóame a retórica cuántica. Desde que se inventaron as armas nucleares asistimos a crimes de lesa humanidade perpetrados con metralleta, con napalm, con machetes e con drons, o Mediterráneo é unha fosa común, e aquí seguimos no noso seguro fogar europeo xogando a asustarnos con cocos doutros tempos, ou co que a tele diga que toca agora. Hai un par de semanas vin un titular nun programa matinal de TVE que dicía “Preocupante aumento de peleas”. A presentadora non aportou un só dato que confirmase ese preocupante aumento, pero os seguintes dez minutos as voces dos contertulios debateron sobre o mal que está todo e que tempos estes que nos tocaron, mentres a imaxe amosaba en bucle o vídeo dunha liorta nunha rúa, gravado desde un balcón. Se o titular da peza fose “preocupante aumento de vídeos en redes sociais” sería máis acaído.
En Santiago, Borja Verea, o Iznogud do PP que quere ser alcalde en lugar da alcaldesa, tamén volveu dar a roncha coa inseguridade cidadá, seica estamos a un nadiña de ir polo Ensanche e atoparnos co Vaquilla, o Torete e o Home do Saco. Pregúntome a quen lle interesa que nos asustemos con vídeos de pelexas e con debates sobre inseguridade, e respóndome eu mesma. Hai un par de semanas Securitas Direct, os racistas que venden alarmas aludindo á etnia dos teus veciños, dábanlle un premio á Xunta porque seica temos unha das comunidades máis seguras. A Xunta mandou ao director xeral de Emerxencias a recollelo, sen importarlles que os comerciais da empresa vaian polos barrios contando mentiras sobre cidadáns estranxeiros. E como lles ía importar, se empregan a mesma retórica que Alfonso Rueda nos seus discursos sobre migrantes.
Sufrimos o mal dos tempos (que tamén sospeito que é o mal de todos os tempos): o dedo sinala e nós miramos para as pelexas na rúa, para Venezuela, para ETA ou para onde toque, no canto de mirar que está a facer o dono do dedo coa outra man que lle quedou libre.
O presidente da Xunta vén de colocar nunha subdirección de Política Social a Eloína Núñez só catro meses despois do seu fulminante cese como xerenta da área sanitaria de Santiago. Se lles soa o apelido é porque a señora Núñez ten o bo hábito de ser curmá do ex presidente Feijóo
Dos mitos fundacionais sobre as persoas con cartos, sempre me gustou moito o dos fundadores de empresas tecnolóxicas que “empezaron nun garaxe” ou o dos herdeiros de grandes fortunas españolas que empezan na empresa “dobrando camisas” e van subindo chanzos corporativos a base de sacrificio, abnegación e traballar os festivos. O último en apuntarse a esta moda foi Dimas Gimeno, o falanxista herdeiro de Isidoro Álvarez que, nunha entrevista desenfadada do xornal El Mundo, trazaba unha liña recta e fulgurante entre os seus comezos como dependente de reforzo do El Corte Inglés e a súa poltrona no consello de administración da compañía. Cada pouco as empresas do Ibex cóannos publirreportaxes para recordarnos que non traballa quen pode senón quen quere, que con esforzo e ambición podemos chegar a presidir un holding empresarial multimillonario e, en definitiva, que o ascensor social existe e se chama meritocracia.
Certo é que iso da meritocracia vai por barrios, xa din todos os libros de autoaxuda e os gurús económicos de Tiktok que a xente pobre ten o mal vicio de endebedarse e non aforrar e así non hai que saia de pobre. Pola contra os que chegan a conselleiros delegados adoitan ter hábitos moito máis saudábeis, como estudar nas mellores universidades privadas, coñecer inversores de capital risco ou ser ex altos cargos da Xunta.
Esta semana tamén soubemos doutra meteórica carreira que, sospeito, rematará no consello de administración dunha gran compañía. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, vén de colocar nunha subdirección da Consellería de Política Social a Eloína Núñez só catro meses despois do seu fulminante cese como xerenta da área sanitaria de Santiago e Barbanza. Se lles soa o apelido é porque a señora Núñez ten o bo hábito de ser curmá do ex presidente Feijóo. Non teño dúbida de que é unha desas persoas con hábitos altamente eficientes, porque antes da xerencia en Santiago xa pasara pola de Ourense, onde a metade do persoal hospitalario tamén se lle puxera en pé de guerra, e así e todo reuniu méritos abondos para seguir acumulando postos de responsabilidade, se iso non é meritocracia que veña Fraga e o vexa.
Digo que a colocaron nesa subdirección porque a designaron cunha comisión de servizo da que non imos coñecer os criterios, aínda que Alfonso Rueda tivo a ben aclarar que a curmá do seu xefe vén de pingas para o posto porque é necesario que o ocupe un funcionario e, mira ti, Eloína é funcionaria. Despois estarán os mal pensados que queiran insinuar algún tipo de nepotismo, cando do único do que estamos a falar aquí é de, xa o adiviñaron, esforzo, abnegación e meritocracia. O feito de que Núñez se apelide Núñez é puramente estatístico, porque os outros altos cargos do goberno galego non son parentes de presidente ningún e aí están, por méritos propios. Como a xefa de Núñez á fronte da Consellería de Política Social, Fabiola García, que comezou dobrando camisas no PP, como quen di, e xa leva en postos de responsabilidade desde o primeiro goberno de Feijóo na Xunta.
Despois estamos os ciumentos, os resentidos e os malpensados, que nos dedicamos a criticar o persoal só porque deixaron como saldo unha xestión nefasta á fronte de dúas das sete áreas sanitarias do país, ou porque están a reconverter as residencias públicas en aparcadoiros de pacientes de saúde mental. Velaí un dos malos hábitos que nos impiden ser o noso mellor eu e entrar nun consello de administración, esa manía que temos os pobres de desconfiar. Canto mellor nos iría se tivésemos hábitos saudábeis, como facer méritos na promoción interna do PPdeG, e confiásemos na meritocracia.
Meritocracia, que rima con collóns cadrados, en asonante.
O presidente da Xunta non dubidou en botar man da retórica ultra nunha comparecencia pública e coar dúas veces nun minuto a palabra “avalancha” asociada a nenos e nenas que foxen de situacións terríbeis nos seus países
Vou facer unha confesión que nada ten que ver co tema deste artigo, pero permítanme que prenda un pouco na silveira antes de ir ao caso, porque hai columnas que dá un pouco de preguiza escribir por trataren temas que non deberían estar na axenda no século XXI. Son moi afeccionada ás películas de catástrofes. Preferibelmente as dos anos 70, A aventura do Poseidón (1972) e A torre do inferno (1974) son dúas que nunca cansarei de ver, pero tamén me conformo con calquera produción mediocre das que botan nas canles xeralistas as tardes de domingo. Son moi afeccionada ás películas de catástrofes, por iso cando escoito a palabra “avalancha” o primeiro que me vén á cabeza é aquel avión medio enterrado na neve dos Andes de Viven! ou se cadra unha desas películas que teñen o cambio climático como desencadeante. Nos días máis imaxinativos podo tratar de argallar como faría eu se me vise inmersa nunha avalancha, se tentaría “nadar” a favor da neve, como algúns recomendan, ou quedaría petrificada, coa boca aberta, agardando polo inevitábel final.
No que nunca penso cando escoito a palabra “avalancha” é en 26 nenos e nenas. Esa é a cifra de menores que Galicia (unha comunidade con 2.695.645 habitantes no censo de 2020) se comprometeu a acoller esta semana, nenos fuxidos de situacións terríbeis noutros países e canalizados a través de Canarias. E porén, o presidente da Xunta non dubidou en botar man da retórica ultra nunha comparecencia pública e coar dúas veces nun minuto a palabra “avalancha” asociada a estes nenos e nenas. Usou tamén a palabra “mena”, o que me deu máis calafríos que pensar nunha bóla de neve enterrándome viva. A palabra é en realidade un acrónimo burocrático (Menores Non Acompañados), e como case toda a linguaxe burocrática tiña un aquel deshumanizador que deseguida instrumentalizou o fascismo. Comezaron a usar “mena” como se fose o alcume dalgunha temíbel banda de delincuentes, para transmitir a idea de algo perigoso, e sobre todo para diluír nunhas siglas o feito de estarmos a falar de nenos e nenas sen amparo das súas familias.
Na súa comparecencia Alfonso Rueda non esqueceu tampouco referirse á acollida de nenos e nenas como un “problema”, completando a tríada de palabras que evocan imaxes terríbeis. É curioso que, de todas as veces que durante a pasada campaña electoral se referiu ás competencias galegas, nunca usara a palabra “problema” para caracterizalas. Falar de problemas cando falamos de nenos e nenas migrantes é teimar en ignorar a realidade galega e todos os indicadores da Consellería de Política Social, que é algo que un presidente non debería facer.
Incribelmente, todas estas palabras ben calculadas foron precedidas na comparecencia de Rueda do siloxismo “Galicia sempre foi unha terra solidaria”. O imaxinario do pobo emigrante é unha especie de amuleto ao que nos encomendamos cando tentamos non parecer demasiado racistas. A solidariedade, para Rueda, ha de ser como un quid pro quo entre pobos, no que só acollemos se nos acolleron antes, por unha cuestión de compensación e non de dereitos humanos.
A linguaxe que empregou o presidente non foi unha escolla casual, por moito que a súa falta de capacidade retórica faga pensar que así é. A linguaxe nunca é neutra porque ten significado connotativo tamén, empregamos unhas palabras ou outras con distintas intencións comunicativas, e as palabras escollidas por Alfonso Rueda na súa comparecencia sobre os nenos e nenas que temos o deber de acoller beben da retórica de Vox, de Meloni, de Le Pen e de Orban. Nas últimas eleccións houbo máis dun analista que quixo atribuír a nula representación de Vox en Galicia a un feito diferencial, unha especie de moderación paradigmática que nos leva a votar “con sentidiño”. Eu diría que Vox non trunfa en Galicia non porque sexamos máis moderados que no resto da península, senón porque o seu discurso xa está en boca do PPdeG.
As palabras incendiarias dunha autoridade, transmitindo que temos un problema cunha avalancha de delincuentes, son as que lexitiman o discurso de odio nos medios e na rúa. E, como por desgraza xa sabemos, o odio nunca se queda só en palabras. A próxima vez que Rueda fale, con toda a impostura casual da que é capaz, de avalanchas, fariamos ben en pedirlle que aclare a que se refire exactamente. Os discursos de odio desmóntanse quitándolles a careta, respondéndoos sempre. A outra opción é quedarmos petrificados, coa boca aberta, agardando polo inevitábel final.
Cando marchei dun daqueles pisos infernais, o caseiro fixo unha reforma digna dos xemelgos contratistas da tele , e anunciouno nunha plataforma de alugueiro turístico. Non foi o único, coa eclosión do turismo low cost moitos multipropietarios viron unha oportunidade de lucro rápido e transformaron aqueles rochos para estudantes en coquetos apartamentos a cinco minutos da catedral ideal grupos.
O caseiro vén de visita,
os de abaixo están coa música disco a tope,
dime “Vouche dobrar o alugueiro
porque o edificio está en ruínas
e vasme axudar a subornar o Concello“.
Dead Kennedys, Let’s Lynch the Landlord
Unha vez estiven nun piso de Santiago que era en realidade un faiado. O caseiro multipropietario fixera unha división horizontal de facto, chantándolle unha pechadura de Boel na porta cotrosa do rocho, e puxera un tabique de pladur para separar dous ambientes: a cociña, cunha bufarda no teito, e o dormitorio/salón/estudio, cunha restra de xaneliñas a ras do teito inclinado, que era de uralita. Con todo, o que máis me chamou a atención era o cuarto de baño.
Aproveitaran o espazo arredor da maquinaria do ascensor do edificio para facelo, polo que o lavabo e a diminuta ducha estaban á altura do resto do piso, e alá nun curuto, ao remate de catro chanzos revestidos de azulexos, alzábase o inodoro, como un auténtico trono.
Digo que estiven nese piso porque só fun de visita, tamén vivín noutros menos pintorescos pero coa mesma lista de problemas que os estudantes de Santiago coñecen ben: pisos sen calefacción, cheos de piolla, cos electrodomésticos caendo a cachos, cuartos sen ventás, camas dentro de armarios empotrados, buratos no teito, caseiros que usaban as súas chaves para entraren no piso cando non estaban os inquilinos, pagos en negro, os servizos de luz e auga enganchados ilegalmente...
Cando marchei dun daqueles pisos infernais, o caseiro fixo unha reforma digna dos xemelgos contratistas da tele americana, e anunciouno nunha plataforma de alugueiro turístico. Polo visto non foi o único, coa eclosión do turismo low cost moitos multipropietarios viron unha oportunidade de lucro rápido e transformaron aqueles rochos para estudantes en coquetos apartamentos a cinco minutos da catedral ideal grupos. Outros emprendedores deseguida subiron ao carro e compraron pisos cos que especular no inflado mercado turístico.
Agora que o concello de Santiago decidiu non regularizar as súas vivendas turísticas alegais, os emprendedores lanzaron unha campaña na prensa voceira da clase rentista, nomeadamente La Voz de Galicia e ABC, para que a cidadanía se solidarice coas súas coitas. Cando decidiron investir todos os seus aforros, como contan entre saloucos, en pisos para alugarlles a turistas, puxeron o ollo nos pingües beneficios pero non calcularon o risco asociado a calquera investimento que se promete millonario. Será que son máis do capitalismo de Llados que do de Adam Smith, que xa no século XVIII advertía contra o pouco siso dos rentistas.
Nunha das crónicas de interese humano que foron aparecendo estes días, unha propietaria dicía que prefería ter o piso pechado, coa conseguinte perda de renda, antes que alugalo para estadías longas. Outros din que eses pisos non están acondicionados para que vivan estudantes nin familias, seguramente porque, como o meu antigo caseiro, gastaron un monte de cartos en arranxar de vez aqueles pisos balorentos que ben valían para os estudantes pero non para as fotos de Booking, e agora non queren que a xente os desgaste vivindo neles, só que pernocten. Outra afectada afirma que os pisos turísticos son bos porque “democratizan as viaxes”, como se antes da invención de Airbnb non existisen os albergues xuvenís, as pensións nin os hostais. É o vello argumento falaz de que o extractivismo turístico é beneficioso para as clases populares porque se non existise só os ricos poderían viaxar. A igualdade, para a teoría produtivista, consiste en consumir todos como se fósemos ricos, e se morremos de algo que sexa de fartura.
É curioso que estes medios que abandeiran a cruzada contra o concello de Santiago (e moi particularmente contra a súa alcaldesa do BNG) son os mesmos que na crise de 2008 , en pleno rebumbio social contra a banca, comezaron a crear opinión sobre a xente que vivía “por riba das súas posibilidades”, porque se lles ocorrera hipotecarse para comprar unha residencia. Os mesmos que hoxe afirman sen se ruborizar que a xente moza non pode aforrar para a entrada dun piso por culpa de Netflix, dos regalos de aniversario ou de ir cear ramen un par de noites ao mes. Os propietarios que contan con bágoas nos ollos que meteron todos os seus aforros na hipoteca dun piso para alugar, seguramente non vivan por riba das súas posibilidades. É máis, estou segura de que moitos renunciaron a Netflix, aos regalos de aniversario, e a ir cear fóra un par de noites ao mes con tal de meter cada perra miserenta que gañaban nese piso que agora prefiren ter pechado a chave e tranca, pensando que algún día as rendas do traballo alleo lles compensarían tanto sacrificio. Agora que non poden alugar os seus pisos como vivendas turísticas, eu recoméndolles outro negocio novidoso con nicho de consumidores na cidade: que os revertan ao seu estado cotroso anterior, cos seus fungos nas paredes, os seus váteres entronizados e a súa capa de roña secular, e despois organicen visitas guiadas para que os turistas se poñan na pel dun auténtico estudante de Compostela, un residente da Casa da Roña (Alejandro Pérez Lugín me perdoe).
E se iso non lles vale, poden probar a abandonar o seu capitalismo de a patacón e ler máis a Adam Smith, que tamén dixo aquilo de que unha persoa ten que vivir e manterse co seu propio traballo.