Existe desde hai tempo unha fonda presión mediática sobre a actuación do Contencioso do TSXG no asunto das autorizacións dos eólicos. Os dardos enfocábanse sempre cara ao maxistrado Luís Villares, nunha manobra de cariz propagandístico e de baixa estofa
“Accipere quam facere praestat iniuriam” (É mellor sofrer unha inxustiza que facela) Cicerón. Tusculanas.
“Cae na fosa aquel/a que a cavou”. Proverbios 26, 27.
1. Castigo
Azucena Recio toma posesión despois de ser designada polo Consello Superior do Poder Xudicial presidenta da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, e en uso de gran dilixencia (5 días despois) toma as primeiras decisións en exercicio do seu cargo. Traslada de maneira inmediata e forzosa á sección Cuarta os maxistrados Luís Villares Naveira e María Dolores López López, membros até ese momento da Terceira. Así mesmo, dous maxistrados da sección Cuarta son tamén, e de forma forzosa, trasladados á Terceira: Rosa Agrasso Barbeito e César Alexis González Fernández. Dunha primeira leitura poderíase desprender nada máis que un acto de xestión sobre a marcha da Administración de Xustiza ou de disciplina no exercicio das competencias da súa responsabilidade; mais, como se verá co paso do tempo, o deseño, decisión e execución destes traslados teñen unha raíz moito máis fonda e interesante que un asunto disciplinario ou reorganizador. Visto que as decisións admiten recursos e que algún dos castigados manifestou a súa intención de levalo a cabo podemos abandonar aquí este relato, dirimido só no interior do recinto das sedes xudiciais e pasearnos por outros ámbitos máis diáfanos e esclarecedores dos acontecementos.
2. Presión
Vén existindo desde hai tempo unha fonda presión mediática sobre a actuación do Contencioso do TSXG no asunto das autorizacións dos eólicos. Os dardos enfocábanse sempre cara ao maxistrado Luís Villares, nunha manobra de cariz propagandístico e de baixa estofa, para sinalar a un inimigo unipersoal das eléctricas. Mal enfoque, porque unha sala é unha sala (órgano colexiado, non individual), e as seccións tamén son órganos colectivos. O liderado na portavocía dos ataques á Xustiza é exercida, nomeadamente, polo xornal que cre que é a amígdala de Galicia, usando todo tipo de xogos informativos, arrodeando a verdade ou violándoa, cando for preciso. O aguillón final é do poder político do réxime, en consonancia co lobby eólico que non dan feito a patrañas, terxiversacións e propaganda, todo e unicamente en defensa dos intereses desta parte do capital.
Podemos, querendo, empezar polo principio: en que libro sagrado de guións da vida dos galegos está escrito que debamos ser produtores de enerxía eléctrica sen límite, condicións nen teito? Quen decide o destino económico dun pobo como o noso? As compañías eléctricas? Pois a resposta é: case si. Así foi nun tempo da negra ditadura. E non fixemos máis que producir electricidade en todas as modalidades a fin de servir para industrializar España, e aquí non ter nen luz para uso doméstico ou para uso industrial. Convivimos cun estadio Bernabéu (do Real Madrid) iluminado ostentosamente para os partidos nocturnos, servido con electricidade producida na Galiza, que pasaba de largo cara á meseta, ou cara onde Fenosa dispuxese. Seguimos exportando máis enerxía eléctrica da que consumimos e seguimos tendo problemas de distribución e de potencia para as necesidades propias. Quen escrebe o guión dos nosos destinos? Fenosa, Endesa, Iberdrola... o lobby eólico? Primeiro corolario.
Non necesitamos producir máis e moito menos encher o país de muíños como se fose un pesadelo do Quixote. Pero este é o meu razoamento, non o de ninguén máis. O TSXG atense no seu labor ao estrito guión que as leis marcan, e en función delas e da súa correcta aplicación actúa. De modo e maneira que unha vez concedidos permisos de instalación á compañías eólicas e recorridas polos afectados que observan unha aplicación administrativa deficiente, acoden ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e atopan que o Contencioso lles dá a razón. E o Contencioso debe actuar con toda xusteza legal, xa que todos os recursos, contra as medidas cautelares que foron recorridas en casación ao Tribunal Supremo, foron inadmitidos. É dicer, a secuencia é: a lei, a petición de permiso de instalación á Xunta, a concesión (polo que se ve en precario), os recursos de afectados ante o TSXG, exame e medida cautelar e finalmente recurso polas empresas contra as cautelares, e finalmente inadmisión no Tribunal Supremo. Agochado este paso do Supremo só se da a coñecer o cabreo maiúsculo da Xunta do PP acompañado das eólicas. E para maior eco mediático fixase a atención nunha persoa cuxo nome e apelidos son abusados até a saciedade groseira. E onde estará o poder omnímodo dun home para poder facer todo isto só e chegar até o mesmo Supremo? E non será que na Xunta son vicarios dos intereses eólicos e atrapalladamente dan permisos coma churros, en forma de porras, neste caso? Onde está a raíz do mal funcionamento? Na lei? Na aplicación administrativa das condicións da súa aplicación? Na urxencia de cumprir rápido e dilixentemente cos intereses das compañías que albiscan o negocio de se instalar en terreo fácil: Galiza? Podemos escoller calquera das respostas. Nós inclinámonos pola chambonada de aplicación na concesión dos permisos (en concreto, a valoración do impacto ambiental) e pola urxencia dos intereses a satisfacer. O poder executivo debería reflexionar, como adoitan dicer, ás veces. Tamén pode ser unha boa praxe se analisa onde está o miolo da cuestión e comeza a mudar.
3. A obscenidade da relación poder político/económico
O Estado e o poder económico teñen relacións de proximidade sempre. No capitalismo poden aparecer máis formalizadas que noutros sistemas, mais danse sempre. O que podemos discutir son as formas ou a intensidade en cada formación social e en cada momento histórico. Que o poder político teña conexións co poder económico non é novo nen orixinal deste país. O feito de que exista relación máis ou menos íntima entre o PP e o lobby eólico non é novidoso, nen asombroso nen orixinal. Pior foi en Corea na etapa histórica coñecida como de relacións incestuosas entre eses poderes. Mal van tamén nas repúblicas inestábeis latinoamericanas sen control nengún das interferencias notábeis entre un e outro poder. En Europa –a dos máis desenvolvidos–, o Estado cohabita co poder económico tamén pero existen mecanismos de control legal que mitigan bastas interferencias. No noso caso amosouse como obscena esa relación de inxerencia. O intento de control por parte do executivo sobre o poder xudicial asoma nas declaracións de urxir ao xudicial a cumprir cos desexos do executivo, neste caso aguilloado polos intereses do lobby eólico. O que hai detrás é o negocio das compañías interesadas en lograr o primeiro posto de instalación –é dicer, a ocupación– do territorio propicio para a instalación de parques eólicos. O medular é a ocupación, o dereito conseguido de producir enerxía, neste momento, aproveitando as vantaxes da transición enerxética.
Noutros casos podería ser interpretábel a interconexión entre poder e goberno; neste, e como paradigma de mal funcionamento, ficou ao descuberto. Queda moito camiño cara unha democracia de maior calidade.
Diciamos, sobre Correos, privatización do século XXI, mais a mesma constante dos inspiradores liberais/ortodoxos na economía pública: o Estado coa parte menos rendíbel, e onde hai negocio, para as empresas privadas. Socializando perdas e privatizando beneficios
Parece non moi xusto, ou mesmo non moi axustado aos tempos, falar de organización empresarial, das empresas públicas, sociedades estatais como Correos ou tan sequer de melloras na vida dos/as cidadáns grazas ao papel desempeñado polo Estado español. Alongadas as accións ilexitímas do Estado de Israel e as dos EUA, de modo e maneira que pasan polo ceo de media Europa todo tipo de mercadorías de guerra, e nós aquí, observando como nos vai ou nos podería ir en tempos de paz máis ou menos normais. Mais o inmediato non xustifica que perdamos de vista as melloras en servizos públicos que se poderían acometer. Mesmo somos da crenza que esa é a directriz do Goberno español ao se negar de feito a entregar á industria armamentística ianqui o 5% do gasto equivalente a esa porcentaxe do PIB, e seguir coa senda de utilizar unha gran parte dese gasto en melloras sociais directamente destinadas á vida diaria e económica dos cidadáns.
Dúas novas incitáronnos a botar unha ollada a Correos: unha, a desaparición en Dinamarca do servizo postal estatal de reparto de correspondencia a domicilio. Pasounos como con outras accións dos gobernos dos países nórdicos. Será o inicio de accións semellantes a imitar ou é que no afán dun aforro no límite convertéronse en irresponsábeis? En Dinamarca non podes escreber cartas porque non tes servizo de Correos público que as distribúa. Aquí existe nominalmente pero, por mor da absoluta ineficacia na distribución, acabarase convertendo en inútil totalmente pensar que despois de escreber e enviar vai chegar -en tempo normal na vida- ao seu destino. Así, por exemplo, as cartas e efectos postais do mesmo tipo seguen unha curiosa ruta -non ecoloxicamente sostíbel- que fai que as cartas, antes de chegaren ao seu destino, coñezan moito mundo.
Unha carta de Lugo cidade para Lugo cidade (extensíbel a calquera urbe galega) non se clasifica na cidade e simplesmente se entrega. Primeiro colle camiño ao centro de Correos en Lavacolla (Centro de Tratamento Automatizado, CTA) e logo, alí, visto que non foi suficiente viaxe, son enviadas a Valladolid, a un centro semellante pero mellor dotado -ao parecer- para clasificar e, logo, coa viaxe á contra, distribuír nos respectivos destinos. Así se explica que aqueles que precisan comunicar dun día para outro na propria cidade, sabendo que ese servizo pode demorar 4, 5 ou 10 días, se vexan obrigados a utilizar sevizos postais de compañías privadas co consabido sobrecusto que iso significa. É este modelo de clasificación e final reparto un aviso para que se entenda que Correos non vale como servizo postal de sempre? É por seguir o modelo danés que previamente e con planificación empresarial á mantenta se vai avisando de que non vale como servizo para eses mesteres? Ou é unha maneira basta de incitar ao abandono da relación epistolar tanto entre cidadáns como entre empresas e institucións públicas? Non se pode dicer que hai mal servizo e se envían poucas cartas ou será que hai moi poucas cartas a enviar porque o servizo está en desaparición?.
Non obstante, Correos existe. Mesmo podemos dicer que existe cunha realidade nova. Ou novísima. Nas oficinas de Correos das cidades hai de todo. Ía dicer que menos comida, mais non é certo, porque hai caramelos. Podes atopar das máis diversas mercadorías que pensabas que che venderían nunha oficina postal: bonecos, abanos de vivas cores (non sei se imitando o arco da vella ou a enseña lgtbi), botellas para levar auga nas viaxes, contos de coloríns para nenos, rifas da ONCE, tarxetas de crédito, balizas para autos, seguros dunha compañía privada… Ante tal escaparate, a miña primeira pregunta foi saber se nas xanelas de atención ao público ao cargo de funcionarios de Correos era posíbel adquirir tal diversidade de bens e servizos. A resposta é: si.
Agora, a segunda pregunta. Entraba no exame das oposicións este tema de vendedor de mercachifres? A resposta é: non. Sen previo aviso nen modificación algunha na organización do traballo aparareceron mercadorías para ser traficadas ao mesmo tempo e coa mesma dedicación que os efectos postais. Mais aínda hai segunda parte. No caso dos seguros, compañía AXA, os/as carteiras rurais deben dedicarse a oferecer seguros directamente nos domicilios facendo de axentes gratuítos para a compañía, co que esta acción significa: un abuso por parte da aseguradora da lexitimidade e confianza de que gozan as/os carteiras no rural. Ás veces é o único contacto co exterior que chega ás vivendas en núcleos illados ou en hábitats moi dispersos. Iso si, despois da recollida de todos os dados de interese para unha aseguradora que realizan os empregados de Correos, e se dan asinado unha póliza, reciben unha comisión. Este mecanismo de eficacia empresarial fantástica é desfrutado por unha só empresa cuxa chegada ao convenio con Correos é cuestionada por sindicatos (non dos hexemónicos no Estado) e no Congreso dos Deputados polo BNG. O mesmo cuestionamento de funcionamento dáse nos contratos de patinetes (no mercado de Correos) e o das balizas, por falta de transparencia.
Agora ben, dados os pasos noutras seccións de Correos, non se pode aseverar que estexa en desaparación senón que emprendeu un camiño dunha privatización propria desta época. É sabido o auxe e crecemento positivo do comercio en liña. Consecuencia foi o crecemento moi positivo da distribución de paquetaría. Correos comprou no 2001 Cronopost. Logo converteuno en Correos Exprés que funciona no Grupo Correos mais como empresa privada. A súa vez, os servizos dividíronse en dous: os que son urxentes, para o privado, e os de máis de 48 horas (menos rendíbel) para a parte pública. Claro que a parte urxente, rápida e eficaz para os clientes funciona cunhas eivas laborais semellantes ás da precariedade das empresas privadas: horarios impensábeis, salarios cativos e mesmo falsos autónomos (até na posesión dos vehículos de Correos exprés faise como nas empresas privadas de distribución de paquetaría: os vehículos son responsabilidade dos traballadores). Diciamos privatización do século XXI, mais a mesma constante dos inspiradores liberais/ortodoxos na economía pública: o Estado coa parte menos rendíbel, e onde hai negocio, para as empresas privadas. Socializando perdas e privatizando beneficios.
Porque é desexada Groenlandia? Pola mesma razón que Venezuela. Son países con dotación extraordinaria de recursos e susceptíbeis de ser invadidos, comprados, ocupados ou simplemente aniquilados para posuír a terra
As colonias non desapareceron, teñen outra forma. Ou, por usar unha metáfora, semella que gardan as formas.
Porque é desexada Groenlandia? Pola mesma razón que Venezuela. Son países con dotación extraordinaria de recursos e que se atopan nunha situación susceptíbel de ser invadidos, comprados, ocupados ou simplemente aniquilados para posuír a terra co seu subsolo. Non é novidade desde que hai capitalismo, así se escribiu a historia de América Latina, África ou Asia. Sempre foi cuestión de dúas variábeis de peso histórico: a capacidade/forza do imperialista e o custo dos actos de ocupación e mantemento.
Hai países con moi má sorte, e outros, moi próximos ou parecidos, foron quen de se situar con vantaxes certas no concerto mundial, mais non foi o caso de Groenlandia. Agora enfrontase ás ameazas de Trump de compra e/ou invasión, moduladas en Davos, en forma de acordo co secretario xeral da OTAN, Mark Rutte (holandés). A política imperialista dos EUA, desde a segunda Guerra Mundial, baseouse de maneira firme sobre a aceptación por Europa do seu liderado encabezado por eles e continuado a modo de enganche de vagóns, polos estados europeos, que cedo (comezaron en 1950) criaron coa axuda ianqui as institucións base da actual UE.
É interesante lembrar a secuencia temporal das organizacións internacionais nas que participaron uns e outros lindeiros do Atlántico. En 1949 nace a OTAN, Alianza Atlántica, que englobaba desde o extremo dos EUA e Canadá, pasando por Islandia até Turquía e arrodeando á URSS polo Ártico e pola liña interior do continente europeo. Só quedaba fóra Suecia por razóns de neutralidade a mantenta e estados como España, que sen pertencer á OTAN, albergaba bases e centros loxísticos decisivos para os EUA no Mediterráneo. Examinando o mapa de países OTAN naquel momento e con bases americanas en Groenlandia queda en evidencia o innecesario de “mercar” ese semi-continente de xeo, xa que sen ser titular de dominio, pode cumprir o servizo defensivo no Ártico.
En 1951 nace a CECA, e no 1955 nace o Pacto de Varsovia, como resposta á OTAN dos países daquela na URSS. En 1957 asínase o Tratado de Roma que cría o Mercado Común e o Euratom. A axuda, o apoio e a aquiescencia ianqui foi compañeira imprescindíbel na conformación da actual Unión Europea e nunca se viu un trato de desprezo dos EUA cara aos comunitarios nen tampouco nunca existiu unha submisión, ou inacción por parte dos europeos comunitarios, como neste tempo Trump. Por primeira vez en Davos despois do chamado acordo coa OTAN -que non foi tal, pois o secretario so é representativo, non executivo- os comunitarios amosáronse con capacidade de resposta: contra-aranceis co efecto inmediato de baixar os fumes do presidente americano. É probábel que non renuncie a Groenlandia, certo, mais por vez primeira atopouse con certa contestación, máis alá dos lamentos e dos silencios practicados nos últimos tempos polos representantes comunitarios. E aquí é imprescindíbel citar a capacidade de resposta digna do goberno español que leva unhas secuencias de actuación sobre temas de política internacional merecedoras de respecto e recoñecemento: no xenocidio do pobo palestino en Gaza, da negativa a subir os orzamentos armamentísticos ao 5% do PIB, na defensa de Groenlandia...indo máis alá da submisión/aquiescencia comunitaria.
Se quixeramos atopar unha expresión artística cun certo romantismo da colonización é pouco probábel que poida remedar un título da obra mestra ‘Hiroshima, mon amour’ de Resnais/Marguerite Duras, xa que non podemos situar en Groenlandia un escenario humano de amor. E non por razóns de inhumanidade, senón porque as historias de amor ficaron sepultadas e o sufrimento non callou en heroico. A poboación propia foi sometida por Dinamarca, con todos os métodos modernos e antigos, á aniquilación, asimilación e desprezo. Desde os anos 60 até os 90 do século pasado os habitantes orixinarios, os inuits groenlandeses, teñen sufrido moito e moi cruelmente, como co programa de esterilización colectiva (en fino, contraconcepción forzada) que se levou a cabo por Dinamarca entre 1960 e 1990, afectando a máis da metade da poboación feminina inuit. Era unha poboación en crecemento cunha taxa de nacementos de máis de 7 fillos por nai e pasou en 25 anos a pouco máis de 2. Aldeas enteiras sufriron despoboamento total.
Así mesmo, nenos inuits foron trasladados á metrópole cun ambiente, familias e idioma descoñecido: é dicer, cun programa perfecto de alleamento programado. Foron sometidos de forma consciente á asimilación por non lle chamar aniquilación. Hoxe a pequena poboación groenlandesa (o nome que se dan a si mesmos como país é Kalaallit Numaat) ten condicións de vida dun estado de benestar danés mais con problemas de futuro tan serios como evidencia a súa elevadísima taxa de suicidio xuvenil (83 por 100.000 habitantes, 8 veces a galega, e a nosa é superior a media de España!).
Outro aspecto moi negativo da súa situación é o trato político recibido. No 2022 fíxose público algo que todos sabían alí: o programa de esterilización tiña como ‘elevado’ obxectivo contribuír á desaceleración do crecemento poboacional para que Dinamarca non incrementase o gasto en prestacións sociais. Dicían os defensores que era unha maneira de aforrar fondos dun benestar custoso: vil ou infame. Mesmo mudaron a lei para impedir aos pais e nais ir coas nenas ao xinecólogo para así poder, sen coñecemento nen consentimento, colocarlles un dispositivo intrauterino. Foi tal o escándalo que o goberno danés prometeu salvar a situación pagando unha indemnización a cada muller convertida en infértil á forza. Supoñemos que, en parte por esta razón, a soa insinuación de Trump de comprar Groenlandia pagando a cada inuit unha cantidade de dólares que el consideraba substanciosa foi entendido como un novo atentado á dignidade.
Groenlandia é no presente moi rica en pesca. Precisamente este detalle permitiulle a Dinamarca utilizar tres votos nos organismos internacionais de regulamentación pesqueira (Organizacións Rexionais de Pesca) nos que Dinamarca contaba co voto da UE como estado membro e, a maiores, cun voto de Groenlandia e outro das Illas Feroe. Esta especie de argucia representativa (descoñecemos o mecanismo de xestación de tal privilexio) permite a Dinamarca unha vantaxe. Pouco que aprender dos modélicos nórdicos. Levantado o veo da propaganda axiña aparecen as vergoñas.
Mais aínda pode empeorar a sorte, e aquí volvemos a Trump, porque son ricos en minerais estratéxicos: ouro, ferro, uranio, cobre ou grafito, niobio, titanio e rodio así como algúns dos englobados na denominación común de terras raras como neodimio e praseodimio. É talmente como diciamos arriba: a má sorte dos países ricos en recursos, mais empobrecidos, a maldición holandesa.
O Informe era obxecto de desexo dun ben con virtude esvaradía. Na USC facíanse os sorprendidos. Non sabían nada. Economistas non aparecía ningún por ningures. Nen sequera aqueles/as que adoitan explicar nos medios de comunicación decisións do executivo moi complicadas de razoar
O efecto propaganda da que denominamos descoberta de Rueda tivo até agora pouca extensión. Hai varios elementos que poden explicar este curto percurso. Dicíamos hai uns días que o presidente da Xunta anunciou con balbordo que Galiza posúe un tesouro no seu subsolo que nos converte de repente en super-ricos: falou de 45.000 millóns de euros (ollo á cifra, máis de tres veces o orzamento da Xunta para o ano 2026). Ante tal anuncio, os máis avisados xornalistas que caen fóra do campo pagado e/ou turiferario do executivo do PP, pasaron a se interesar vivamente polo contido do Informe utilizado para anunciar tal riqueza mineira.
Ao primeiro o Informe era obxecto de desexo dun ben con virtude esvaradía. Non aparecía por ningures. Na USC facíanse os sorprendidos. Non sabían nada. Despois alguén citou un encargo do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) para indicar que probabelmente podería ser unha addenda dun encargo á USC (un profesor de Físicas sería o encargado) dun informe sobre os recursos enerxéticos de Galiza. Economistas non aparecía ningún por ningures. Nen sequera aqueles/as que adoitan explicar nos medios de comunicación decisións do executivo moi complicadas de razoar.
E, finalmente, aparece o citado documento denominado Informe sobre el potencial de elementos críticos en Galicia e leva por subtítulo “Análisis combinado de Recursos Primarios, Zonas de Prospección y Oportunidades de Valoración” (as maiúsculas son dos autores) coordinado por Pablo Núñez Fernández (xeólogo) e redactado cos membros do Comité de Minaría do Ilustre Colexio Oficial de Geólogos (ICOG): Ester Boixereu i Vila (xeóloga), Rubén Esteban Pérez (xeólogo), en outubro de 2025.
Un dos elementos que pode facernos comprender o desinchado da nova referida con exceso de propaganda e desinformación foi coñecer a autoría do citado documento. Nada menos que o coordinador tivo até hai moi poucas datas unha responsabilidade executiva na empresa Cobre San Rafael, empresa propietaria da mina de Touro. Agora figura empregado como xeólogo nesa empresa. Da rama económica da cuestión non hai cita nen nome nen aval profesional que indique método de valoración que tivera orientado aos autores (ao coordinador e aos redactores) criterio algún para efectuar tal valoración. E, non obstante, si figura. Entre 25.000 e 45.000 millóns de euros, opinan no informe que temos agachados no subsolo en forma de riqueza de recursos críticos.
E chegados aquí, poderemos enumerar os outros elementos que converteron esta nova nun conto como o da leiteira, aproximadamente. Os xeólogos realizan unha análise, como ben din, do potencial existente na Galiza de elementos críticos utilizando unha combinación da avaliación pormenorizada de 42.847 mostras xeoquímicas tomadas polo Instituto Geológico y Minero de España (IGME) e a caracterización específica de 127 zonas prospectivas prioritarias. Isto é unha indicación primaria de capacidade potencial dos minerais existentes no subsolo galego coa indicación de riqueza potencial baseada nas mostras. Para converter este Informe nun estudo aplicábel en política económica faltan algúns pasos que de momento o executivo presidido por Rueda non está en condicións de realizar.
A continuación dun informe desta natureza cumpriría un outro de análise das posibilidades empresariais de explotación destes recursos. E para levalo a cabo é imprescindíbel o concurso de competencias entre economistas especializados en explotacións mineiras xunto con enxeñeiros do mesmo e mais coñecedores (analistas de economía tamén) do desenvolvemento do mercado mundial de cada un dos recursos de que se tratar. O mercado é mundial/global e as características do mesmo moi alambicadas para que calquera explotación dun ben existente sexa garantía dun bon negocio. E no campo de coñecemento da minaría á incertidume propia dun mercado con certa volatilidade, cómpre engadir o descoñecemento das reservas e das potencialidades dos competidores.
Non é habitual nen prudente en termos de cultura empresarial exhibir as cartas posuídas para se enfrontar ao mercado mundial. De feito nen sequera entre os moi avisados titulares de petróleo é sabido cales e cantas son as reservas dos competidores. No caso dos recursos críticos, igual: sábese quen vende no mercado mundial, cal é o prezo presente pero non houbo un striptease de fundos de reservas potenciais tal e como fixo Rueda, para antes de empezar a explotar, decir canto temos.
Do paso segundo que sinalamos aínda cómpre un terceiro para tomar a serio a existencia dun proxecto de desenvolvemento mineiro no país: o custo do investimento nas condicións actuais da técnica, a valoración económica do negocio, e a contraparte das consecuencias medioambientais da explotación para, chegado o caso, seguir as normas Comunitarias de obrigado cumprimento de devolver a terra removida ao seu estado primixenio así como as indemnizacións a que houber lugar para lograr a licenza social.
E logo, de onde saen os 45.000 millóns de euros? Case dá apuro decilo, pero é algo así como: se hai x toneladas e o prezo de mercado é z, multiplico x por z e saen ese miles de millóns. Repetimos o conto da leiteira redivivo. Unha peniña.
Semella que estamos nun país xa non sen soberanía, senón sen cabeza. Desde Australia na Galiza (a terra do eucalipto), seguindo por Altri e agora o país de marabillas minerais, parece que o destino que temos é a chamada "maldición da riqueza de recursos"
Hai ocasións en que unhas inocentes palabras ditas con afán de propaganda, coa intención de engadilas aos pretensos logros de xestión económica, son reveladoras tanto do contido directo que encerran como do que non se di, e tamén do pensamento oculto na linguaxe inconsciente. Hai uns días, o presidente Rueda fixo unhas declaracións nas que daba a coñecer o tesouro que ten Galiza no subsolo e que ousou valorar en 45.000 millóns de euros. Non sabemos que rol xoga esta cifra máxica, sobre todo dirixida ao público en xeral, que non ten ideia da magnitude de cifras que sobarden o millón de euros. Un/unha cidadán da vida corrente que gañe un soldo medio anual de 31.000 euros (vén sendo o medio na Galiza) só identifica as cifras con máis ceros se son comparábeis co valor da máxima hipoteca que é quen de conseguir. O orzamento anual da Xunta para 2026, de 14.240 millóns de euros, fica moi lonxe do manexo cotián de cidadáns de a pé, e moito máis afastada quedará esa cifra de 45.000 millóns de euros de valor estimado dos minerais no noso subsolo.
Por tanto, como contido de propaganda dos nosos recursos mineiros, é carente de sentido, xa que non foi posto en relación con nada semellante a unha renda para Galiza, a un investimento xerador de renda disponíbel individual e máis riqueza, nen cunha transformación industrial que a súa vez teña capacidade de arrastre doutras industrias ou coa xeración de emprego directo e durábel no tempo... É dicer, con case nada. O “case” vén representado polos (moi pequeno número, mais moi selecto) proprietarios de capital para investir en minas con enlace en industrias transformadoras en calquera parte do mundo industrializado. Eses 5 ou 10 entendidos no negocio mineiro e capacidade investidora intermediaria si se farían eco -no caso de necesitaren ese medio para coñecer-, xa que a Xunta tivo a ben pagar un estudo de aproximación prospectiva de minerais interesantes e así mesmo deseñar unha valoración aproximativa para facilitar labor e gasto aos interesados; á vez que se proclama o valor potencial estimado do negocio en anuncio: ide vindo, que aquí hai un grande choio.
De modo e maneira que se anuncian convocatorias de acceso á dereitos de explotación mineira sen que se acompañe, sen dar sequera a pensar, dun plan (mesmo insinuado) de explotación conxunta ou explotación/transformación ineludíbel. Se non fose que é auténtico do momento presente, pensaríamos ter lido prensa de primeira etapa do capitalismo industrial, cando o que non tiña nada oferecía terra, auga, minerais ou forza de traballo a quen -capitalistas- quixeran explotar.
O estudo do que se fala describe unha serie de minerais moi interesantes desde a perspectiva do mercado actual para as economías pioneiras en tecnoloxía punteira. Tantalio, niobio, litio, wolframio, cobre, cobalto, estaño, antimonio, manganeso, EPG metais do grupo Platino, máis galio, magnesio, cromo, galio, germanio, indio e titanio. Así mesmo, minerais con presenza de lantánidos e outros compoñentes do que se deu en chamar terras raras que non son terras nen son raras, mais son indispensábeis para produción de componentes estratéxicos dos actuais dispositivos electrónicos. Foron identificadas cinco veas no territorio galego que conteñen en cadanseu caso eses tesouros: Santiago-Touro-Lalín; Cabo Ortegal-Moeche; Penouta-Forcarei; San Finx-Santa Comba e Vigo-Porriño-Tui. Para informar ao mundo mundial en xeral, nun alarde de transparencia digno de mellor causa, danse a coñecer os filóns fonte (ou algún en activo) destes minerais, mesmo citando que no caso do tantalio, é o único lugar con produción activa en Europa.
Mais o antedito é só unha parte do proceso. A Xunta mantén contacto permanente coa COMG (Cámara Oficial Mineira de Galicia) que ten como principal obxectivo a defensa do sector mineiro e desenvolve entre as súas funcións a proposta de reformas lexislativas que contribúan ao fomento da minaría. Por iso mantén contacto continuo e estreito coas Administracións competentes, entre elas a Consellaría de Medio Ambiente da Xunta. Foi por esa vía como desenvolveu un papel crucial no impulso dos concursos mineiros de investigación no noso país. A Cámara solicitou -e foi atendida- a reactivación deses concursos, así como a identificación de 200 casos de permisos de explotación caducados, contemplados como unha grande oportunidade para reactivar tanto investigación como anovación da explotación. Só en xaneiro deste ano que remata, saíron a concurso 51 dereitos minerais. A carreira de novos permisos, novas prospeccións e, xa que logo, futuras concesións xa empezou antes do anuncio do tesouro de Rueda e leva camiño dunha nova xeira de explotación das riquezas posuídas para seren explotadas, aproveitadas e retiradas por capital foráneo.
Semella que estamos nun país xa non sen soberanía, senón sen cabeza. Desde Australia na Galiza (a terra do eucalipto), seguindo por Altri e agora o país de marabillas minerais, parece que o destino que temos é a chamada “maldición da riqueza de recursos” como á dos países explotados polas súas posesións, para desfrute dos alleos. Coñecíamos o modelo Leopoldo II, que foi o comezo e o camiño do destino histórico de desgraza para o Congo que leva case dous séculos de infortunio grazas a ter riqueza en recursos e ser albo de depredadores. Outro modelo foi o da febre do ouro en California e nese caso foi alavanca de riqueza naquel século XIX, até hoxe ser a 5ª economía do mundo.
E agora podemos patentar o modelo Rueda. Ten en común co primeiro dos citados en que debeu de pensar que é o dono do territorio, do seu chan e do seu subsolo. Ten tamén en común que, sen plan nacional previo, oferece ao mellor licitador, ou ao único licitador, os recursos para explotar, só en proceso de extracción. O goberno galego, o español ou calquera outro que exista e que teña nas súas mans a administración da política económica dun país, é iso só: un administrador, por delegación do pobo soberano, coa obriga política, ética e de responsabilidade social de levar a cabo a súa misión nas mellores condicións de coñecemento das circunstancias técnicas, sociais, medioambientais e políticas para que o resultado redunde no pobo e non nuns cantos ben aproveitados.
A primeira difusión cuantitativamente importante do polbo fóra das feiras está directamente asociado ao proceso de conxelado industrial. A conxelación mesmo no consumo doméstico é o substituto do secado e/ou mazado que no pasado facilitaba a súa conservación
Producir alimentos neste sistema económico mundial pode semellar moito máis doado que nun réxime económico con límites de relacións económicas internacionais. Mais os alimentos nacen como mercadorías novas rodeados de circunstancias culturais, sociais, de prestixio ou de descrédito que cómpre coñecer para facer triunfar as innovacións. A maior parte das veces nacen asociados -en cada cultura-, por gardar semellanza con outros anteriores coñecidos e aprezados. Ou ben ascenden como resultado do prestixio social de quen os consome, que adoita actuar como prescritor indirecto. Noutras ocasións, son simplemente resultado do afán de innovar e ser coñecedores de exclusivos consumos. Casos de cada un destes renglóns de posibilidades de acceso ao mercado de bens alimenticios serían as froitas exóticas semellantes ás propias. Ou explicaría o afán dos veganos de dar nomes de bens de carne ou pescado aos seus preparados (hamburguesas, albóndigas, filetes de tofú, asado de …calquera cousa). E tamén por emulación dos alimentos consumidos en países de moita concorrencia turística que son difundidos moi alá do espazo cultural e social de nacemento.
No caso do pescado, pescado galego, cómpre recoñecer e traer a cita a cantidade e calidade dos pescados que, nacidos na nosa cultura, foron trasladados, traspasados ou situados nos menús, cartas e receitas de prestixio de calquera país do noso entorno cultural. Un caso especialmente chamativo é o do polbo, que pasou da nula consideración gastronómica -de ser comida das feiras do interior de Galiza-, a estar presente en todo canto restaurante ou taberna de tapas se teña por actual. Mesmo nesa cidade con presidenta propagandista das ‘cañas’ de cervexa -só lle falta decir a marca- hai unha boa chea de madrileños que se acompañan dunha tapa cara: pulpo á galega ou pulpo á feira. Certo que a maior parte destas comandas, unha vez na mesa, se parecen tanto ao pulpo aquí consumido como os pementos del padrón (sic) aos pementos de temporada de Herbón, mais o nome e novo alimento conquistou novas prazas.
O pulpo naceu como comida no interior galego, nomeadamente nas feiras que, pasado o medievo e con outro carácter, seguiron celebrandose como mercados de gando, apeiros e todo tipo de trebellos precisos nas explotacións agrogandeiras. A distribución de alimentos de produción propria acompañábase de consumo nas feiras de alimentos con características parecidas: podía ser elaborado in situ (cocidos), consumido en quente (que foi moi importante, dado o clima e as costumes), fácil de transportar (seco), non ten espiñas, e pódese acompañar de pan ou de cachelos tamén cocidos no mesmo lume. Os outros alimentos, cocidos tamén, e para servir en quente (carne ao caldeiro ou xamón cocido) tiñan as mesmas vantaxes de almacenamento, traslado, conservación e nulo desperdicio. Tiña que haber postos de comida, xa que as distancias percorridas e os medios de transporte a dispor dos concorrentes así o facían necesario. E, finalmente, o acompañamento (agora chámase maridaxe, góstanos máis ‘matrimoniaxe’) imprescindíbel -o viño tinto do Ribeiro ou da Ribeira Sacra, de Valdeorras ou de Verín- compoñían o menú completo, sen esquecer que en determinadas feiras tamén servían de sobremesa queixo traficado na propria feira.
A primeira difusión cuantitativamente importante do pulpo fóra das feiras está directamente asociado ao proceso de conxelado industrial. A conxelación mesmo no consumo doméstico é o substituto do secado e/ou mazado que no pasado facilitaba a súa conservación. Eses procesos previos ao cociñado son imprescindíbeis, xa que as fibras comestíbeis deste cefalópodo só son tratabéis na cociña unha vez rotas por algún deses procedementos, e, certamente, o conxelado industrial constituíu un grande adianto técnico. O conxelado industrial foi unha creación galega que modificou o panorama de distribución de alimentos mariños. Os primeiros pescados conxelados naceron en 1961, cando Pescanova constrúe o 'Lemos', primeiro buque conxelador do seu porte neste hemisferio. É destinado a augas do Sur Atlántico para beneficiar pescada cobrindo unha distancia de 6.000 millas mariñas desde o porto base, Vigo. Este foi o primeiro pescado conxelado que se producíu, distribuíu e foi consumido no mercado español e no galego.
Grazas a eses comezos, dunha empresa pioneira na pesca mundial, abríronse as posibilidades de mercado do pescado para peixes, crustáceos e moluscos, como é o caso do pulpo. É de resaltar que Pescanova era de capital enteiramente galego, fundada, entre outras figuras de grande relevancia, por José Fernández López, de Lugo e vínculo económico imprescindíbel entre capital gandeiro e pesqueiro na historia económica galega. Como os símbolos tamén contan, o nome daquel buque conxelador que citamos unía o interior galego, a terra de Lemos, coa imponente mar océana do Atlántico lonxincuo. O labor de Pescanova non rematou na produción, senón que debemos contar co seu papel anovador na distribución a toda parte esquecida do mercado de pescado, deste alimento conxelado. A penúltima tenda de calquera lugar galego, castelán, leonés, asturiano, da Mancha e mesmo a capital do Estado dispoñía dun conxelador para almacenar pescado moito antes da existencia universal dos conxeladores domésticos. Non obstante, a chegada do século XX e co turismo masivo como estímulo propagou o pulpo lonxe do punto inicial de partida e das súas características como alimento circunstancial e popular.
O camiño até hoxe do pulpo na cociña histórica, ou simplemente na cociña dos gastrónomos, é longo, pero inzado de ausencias moi significativas. A soa referencia que atopamos nos libros de cociña antes dos anos 70 do século pasado é denotativa desa adxectivación anterior. Na obra da condesa de Pardo Bazán La cocina española antigua (1913) hai unha receita de pulpo chamada “pulpo de las ferias”. Como é habitual nesta señora condesa, cando algo non lle gostaba, ou posuía pouco glamour ou era evidente que non se orixinara na Torre de Meirás coas súas cociñeiras, manifestaba de forma ordinaria o seu pequeno aprezo ou desprezo mal dsimulado. Así, di: “Lo cuecen” (ela non, por certo). “No puede ser más ordinariote este plato”; “pero es tan sano almorzar al aire libre que parece excelente el pulpo”. Certamente, a nós énos difícil casar “ordinariote” con “excelente”, mais son contradicións da autora, non nosas. Desta ordinariez esquécese no libro que publica cinco anos máis tarde (1918) titulado La cocina española moderna; aqui xa non hai pulpo, nen o das feiras.
En 1916 edítase La cocina práctica, de Picadillo (Manuel María Puga e Parga). Ten unha receita de pulpo “ao sochantre”, ao parecer do seu amigo o sochantre da Colexiata da Coruña. Nada a ver co pulpo á feira: é unha clase de estofado de pulpo -moi mazado, aclara- e que coce horas.
En 1933 sae do prelo a primeira edición de Enciclopedia culinaria. La cocina completa, de María Mestayer de Echagüe (Marquesa de Parabebe). Nesta obra, realmente enciclopédica, non aparece o pulpo. Non existe como alimento. En 1941, Carmen del Puente publica Mis mejores recetas de pescado e hai dúas receitas de pulpo: estofado e “a la riojana”. En 1951, publícase o Manual de cocina (Recetario) de la Sección Feminina de Falange. Tivo moita difusión na ditadura. O pulpo non aparece en ningunha receita. En 1972 editase 1.080 recetas de cocina de Simone Ortega, cunha receita denominada pulpo con pimentón. Resulta un pouco singular: unha vez cocido, debe ser cortado en “cuadrados”(sic) e para servilo quente, acaba no forno (!!). En 1973, Álvaro Cunqueiro publica A cociña galega e nel o pulpo é pulpo á feira, e segue uns pasos similares aos das pulpeiras das feiras: diríamos que é a primeira vez que adquire categoría de alimento, e tal e como se coñece hoxe, sen adxectivacións pexorativas. En 1981, Jorge-Victor Sueiro publica Manual del marisco. Nel, o pulpo é denominado marisco totémico dos galegos, prato popular que acompaña festas, romarías e tapas no bar (curiosamente, non cita as feiras). Aparece, por tanto, elevado á categoría de tótem, é dicer, cun valor simbólico máis alá do material.
E, agora, o presente. Da cita de Sueiro de tapa con viño tinto do Ribeiro, o pulpo traspasou as fronteiras da oferta galega e hoxe e como se dunha tapa imprescindíbel se tratar, non hai taberna, tapería ou restaurante que pretenda estar ao día, que non ofereza pulpo á feira con diversos nomes, mais sempre identificado como prato galego. Benvida sexa a innovación.
Agardar milagres de defensa dos dereitos humanos en Gaza é descoñecer a historia e as regras de xogo na UE
A cidadanía preocupada polo xenocidio de Gaza pregúntase que fai a Unión Europea. Nalgúns casos, é directamente acusada de cómplice do xenocidio e hai outros -aqueles cidadáns nosos menos avisados- que botan en falta accións directas da Unión en contra do goberno de Netanyahu. Mais na natureza deste supra-estado (a Unión Europea) en formación, non cabe pensar nunha política exterior comunitaria, nen nunha política laboral única, nen nunha política europea de asistencia social nen sequera nunha política fiscal harmonizada. Hoxe a UE acadou a consolidación como mercado grazas á existencia do euro e das medidas uniformizadoras do comercio que dependan das normas emanadas da Comisión/Parlamento. E nese capítulo entra a dispoñibilidade de fondos financeiros comunitarios para implementar políticas económicas dirixidas pola máquina tractora alemá, fundamentalmente.
Non existe política exterior da UE. Hoxe en día non foron quen de se pór de acordo para identificar as conexións con Israel susceptíbeis de ser obxecto de sanción tanto no plano comercial como no político. E o que é aínda máis forte: Alemaña está en completo desacordo en sancionar por nada a Israel. O último sinal foi a declaración de non concorrer ao festival de Eurovisión, se Israel, finalmente, non formaba parte.
É moi difícil asimilar que só unha mala conciencia do pasado holocausto sexa o único móbil de tal actuación. Alemaña ten demostrado desde o fin da Segunda Guerra a súa capacidade de modulación dos principios políticos en aras, primeiro, da reconstrución e, despois, da continuidade da velocidade do seu proprio crecemento. De feito, é hoxe a máis xenuína representante na UE dos intereses mundiais dos EUA co seu presidente á cabeza. E onde non hai unha política comunitaria, como imos esperar unha acción? Só con lembrar o papel de Alemaña e dos EUA na descomposición de Iugoslavia temos un caso de non intervención da Comunidade, e si de alentar unhas guerras en chan europeo que foron modelo de desastre político, con cerca de 200.000 mortos e millóns de desprazados.
A Comunidade Europea xa existía e o rol da OTAN foi decisivo á favor da solución final, así como a venda de armas procedentes de Alemaña. É dicer, obxectivamente, a futura Unión Europea e os EUA tiraron beneficios e máis poder da fragmentación da antiga república socialista, e hoxe dous dos estados resultantes forman parte da UE e os outros son candidatos en espera de adhesión. A situación actual adquiriu outra nova faciana no momento do Brexit xa que parecía que o Reino Unido regresaba ao seu estado natural de aliado fraternal (ou filial?) dos EUA. En realidade exerce como subdelegado dos estadounidenses nesta parte do Atlántico e compoñente fiel dun matrimonio de intereses mundial.
O Reino Unido pasou por varias etapas de dúbidas en relación coa Comunidade, e agora, post-Brexit, semella que acadou definitivamente o seu lugar no mundo. Na visita ao Reino Unido -setembro- dun Trump endeusado foi homenaxeado cun desfile, en Windsor, de 100 cabalos da Garda Real con uniforme de gala. Grande espectáculo. Os desfiles tamén gardan relación simbólica do rol político de cada quen e, neste caso, ben contrasta coa imaxe penosa de Von der Leyen reuníndose na finca privada de Trump en Escocia (un campo de golf), un domingo, para receber o que o mandatario ianqui tiña a ben dispoñer: eses son os aranceis que vou pór: para que o saibades. Tamén convén lembrar que Von der Leyen saíu de Escocia sen un só documento para poder amosar.
Hai xa unha morea de anos, antes de 1986, había algúns economistas dunha adherencia non liberal na política económica (é dicer, fóra do ámbito de dominio académico liberal) que opinabamos que entrar na CE non era igual que comprar unha entrada para o paraíso. A base argumental principal era facer visíbel a enorme diferenza de desenvolvemento das forzas produtivas dominantes na Comunidade Europea daquel momento e a situación de Galiza, mesmo falando da economía española no seu conxunto. Ese confronto entre dúas economías tan desiguais nun ámbito de dominio das europeas centrais, obrigaríanos non só a nos adaptar senón a sofrer uns cambios traumáticos no noso devir económico e social. Isto é así, causado polas leis de desenvolvemento do capitalismo, en Europa e en calquera outra parte, por razóns non só económicas, tamén políticas. É perfectamente constatábel na economía mundial e así o amosa a historia das relacións económicas que o que precisa se adaptar é aquel que goza de menos poder e ademais a cada paso vai en diminución.
Nas relacións sociais, se non existe un pacto entre iguais, nen consenso de entendemento en beneficio mutuo, terse que adherir a unha Comunidade xa estabelecida e funcionando con regras propias, non submetíbeis a reforma ou discusión conleva sempre -por imperativo das propias relacións- o dominio e predominio do máis grande, do máis forte e do máis desenvolvido. O tamaño en economía capitalista é decisivo, xa que as unidades de produción grandes, as economías grandes, e os grandes estados ou conglomerado dos mesmos (a UE, por exemplo) gozan dun saber facer, dunha capacidade tanto técnica, de mercado como legal, que resulta esmagadora para a unidade pequena, sexa unha empresa, sexa un país. No caso dunha non integración á forza sempre se pode dar a posibilidade de desenvolvemento propio ao ritmo propio e de acordo coas necesidades da economía pequena. É moi semellante ao razoamento das primeiras sufraxistas: aínda que estexa ameazada de morrer de fame, necesito ser eu mesma, fóra da tutoría masculina.
A segunda tese defendida en contra do entusiasmo ‘hooligan’ dos pro-Comunidade sen reservas, vén dada ao analisar o proceso de creación -ou xénese- da Comunidade Europea. O nacemento das primeiras institucións comunitarias produciuse co alento, interese e apoio dos Estados Unidos. Nunca foi unha resposta europea autóctona fronte aos Estados Unidos. Despois de 6 anos de rematar a vida durísima da guerra en escenario europeo, por imperativo ianqui, confórmanse os primeiros acordos : CECA (1952), Euratom (1957) e logo Mercado Común (1957). En 6 anos Francia e Alemaña foron quen de esquecer aparentemente todo o pasado inmediato -mortes en millóns- para reconstruír, crecer e receber axuda en forma, primeiro, do plan Marshall e despois en forma de investimento directo, apoio tecnolóxico, amparo OTAN e vantaxes de comercio internacional no resto do mundo.
A Unión Europea actual, con maior ou menor entusiasmo, non levou a cabo no mundo política exterior anti-EUA. E, así mesmo, tampouco ten logrado que os EUA respeiten a disciplina dos Organismos Internacionais de rango mundial dos que forman parte os estados de cada lado do Atlántico: na ONU, na OTAN, no GATT (hoxe OMC) no FMI... Agardar milagres de defensa dos dereitos humanos en Gaza é descoñecer a historia e as regras de xogo na UE.
Temos unha forma de goberno que permite patrimonializar o do común, exercer o poder dun xeito absoluto, tal e como se os gobernantes mudasen en proprietarios do público
Temos dedicado algunhas colaboracións neste mesmo medio á análise de actividades públicas que teñen a ver con servizos públicos. Uns prestados de forma directa por órgaos estatais (no seu amplo espectro) e outros por entidades privadas que teñen recebido a encomenda de realizar eses servizos. Realmente, estaríamos falando do papel do Estado na economía, das súas funcións. Un problema medular -desa natureza- é o papel do poder político na economía. Na declaración do proxecto de Altri de interese xeral outórgase por esa vía acceso á terra necesaria (mediante expropriacións) para instalar unha hipotética fábrica.
A pergunta interesante é por que ten poder o Consello da Xunta para declarar de interese xeral, cunha lei aprobada á medida, proxectos sen máis requisitos que a vontade política do gobernante. Son declaracións cun bafo penetrante a intereses particulares e non por certo a un xeral. Temos unha forma de goberno que permite exercer o monopolio do poder de propriedade sobre o territorio de forma absolutamente discrecional, cando non arbitraria. Ou dito doutra forma, temos unha forma de goberno que permite patrimonializar o do común, exercer o poder dun xeito absoluto, tal e como se os gobernantes mudasen en proprietarios do público.
No máis recente referímonos ao funcionamento e problemas do servizo de ambulancias na Galiza, e anteriormente temos tratado os problemas dunha entidade como Muface (estatal), os privilexios que posúe unha banca amiga (na Galiza tamén) e as solucións do problema da vivenda. Muface saltou aos medios de comunicación moi posteriormente aos nosos artigos, quedando en evidencia a natureza obsoleta dun organismo franquista que sobrevive igual -parece como se sobrevoara os tempos- que o trato de privilexio dado polo estado español á Igrexa Católica. E dáse o caso de que os problemas observados non son derivados da complicación na xestión económica, senón que se orixinan na vontade política, no exercicio político do goberno, é dicer, na forma concreta que adquiriu no estado español ese desempeño.
Ese rol semella que é o conxunto complexo de funcións, institucións e medios específicos do Estado que foron estabelecidos a medida que se foi dando o crecemento económico español, con todas as súas características: dependencia do capital exterior, do turismo, e noutras épocas da emigración, e tamén a configuración consensuada dos poderes internos dun estado plurinacional. Non é posíbel tratar da economía española sen analisar a forma do Estado, o seu funcionamento, e, por tanto, o papel xogado no pasado próximo e no presente na marcha xeral da economía. E unha das maneiras das que os Estados se dotan de forma é a composición das normas e as relacións políticas das institucións do Estado, unhas cara aos cidadáns e outras do proprio funcionamento institucional.
No seo deste conxunto de elementos de análise entra o que vulgarmente se denomina política e que corresponde ao noso entender só á parte formal das relacións nas institucións constitucionais do poder do Estado (vulgo tamén: partidos políticos), xa que “política” abranxe o total das funcións: de investimento directo (infraestruturas), regulamentadoras, redistribuidoras, policiais e militares, de relacións exteriores e os conflitos entre os titulares do capital e traballo. Certamente, o nível de eficacia e eficiencia xestora do Estado así como o desempeño dos controis públicos fronte ás malas políticas, malas xestións ou disfuncións, está en correspondencia directa co desenvolvemento económico, político e social do Estado e das proprias necesidades sistémicas. É dicer, o degrau de limpeza de acción esixíbel na España no funcionamento estatal, non é igual que en Francia, en Alemania ou nos EUA, porque non foi igual a historia e a conformación interior dos distintos poderes.
Si podemos, non obstante, observar as disfuncións presentes, os lastres do pasado e o rol das forzas políticas retardatarias que en realidade camiñan cara ao pasado e son afuncionais para o desenvolvemento económico actual. Podemos aseverar que dunha mala política nace mala xestión e, pola contra, dunha boa xestión non sempre é esperábel unha boa política. Hai varias formas de definir mala e boa política, mais no presente nós usaremos só un indicador análogo ao cui prodest de investigación criminal. Mala xestión: aprobar a construción e dotación en Santiago de Compostela dun hospital Materno-Infantil e logo de construído e pagado con fondos públicos, abortar o seu funcionamento. Mala xestión é autorizar o 31 de decembro pola tarde a construción do “Garañón” en Lugo, porque ao empezar o ano a súa aprobación sería ilegal (xa sabemos como acabou, pero aínda pode costar cartos ao concello de Lugo). Mala xestión é ter débeda pública galega coa banca privada en lugar de tela co Estado e estar pagando xuros inúteis (agás para a banca receptora)...
Cando, en 1989, se tomou a decisión de crear na Galiza tres universidades, en lugar dunha só con varios campus, un dos argumentos esgrimidos polos defensores de tal medida localista para apoiar a división foi argumentar a dificuldade administrativa de xestionar un ente con miles de usuarios. Os economistas argüímos que máis usuarios tiña a Telefónica (única naquel momento) e non por iso pensaba en provincializar a compañía.
Non hai na nosa lexislación obriga de avaliar en cada proxecto con autorización o balance de riqueza creada/destruída e o potencial perdido. Ou, se cadra, haina, pero non se adoita facer malia ser un cálculo perfeitamente realizábel cos métodos de análise económica ao uso. Os argumentos de comenencia para levar a cabo as accións de política económica que conveñen/interesan a quen exerce o poder en cada caso, son exactamente iso: pura comenencia, que traducido ás relacións de poder significa actuar en función só dos intereses grupais dun segmento social, o do capital. Agora ben, isto pasa aquí porque pode pasar; noutros Estados sería inasumíbel ou directamente perseguíbel por ser penalizábel.
Mala xestión é regular, lexislar e subvencionar a un só actor, un só beneficiario (empresa ou persoa) por moito que se vista de postos de traballo. Alúmina Aluminio foi criada con capital local (caixas de aforro), capital público (estatal) en territorio galego, cun porto estatal regalado e facticamente de uso exclusivo por Alcoa (Ferrol-San Cibrao; o nome de Ferrol figura primeiro pero está a 58,6 millas mariñas de San Ciprián), cun subministro eléctrico (As Pontes) de privilexio. Agora contemplamos o regalo engadido dunha balsa de decantación de lodos que pode ser un inferno, se ten un accidente. E ao remate, unha vez que o capital privado acorde marchar, quédanos a nostalxia dos salarios percibidos, a cuantía elevadísima das subvencións entreguadas ao capital privado (só nos dous últimos exercicios 900 millóns de euros) e os problemas medioambientais a resolver. Era imprescindíbel ese investimento? Cal é o balance final? A empresa actual proprietaria non ten dúbidas; nós unha só pregunta: podíamos ter pasado sen ese “investimento”? Si, e o gaño final non sería futuro temeroso.
Despois de ter logrado nalgúns servizos sanitarios unha excelencia recoñecida en toda a parte, o seu papel pode ficar no fracaso por unha ausencia no traslado ou na atención inmediata, en caso de vida ou morte. Diríamos que de elemento auxiliar pódese converter en ponto crítico da calidade de asistencia.
Moitas cousas se ouven como rexoubes: unhas veces penosas, outras asombrosas, outras cómicas. Mais todas teñen en común a característica de falar dun servizo moi pouco eficiente. Desde o amigo médico que ao saber que un familiar ten síntomas de ictus, di: vide no coche ao hospital e non esperedes pola ambulancia. Pasando polo coñecido que tardou 6 horas e media en ser “levado” desde o CHUS ao Hospital de Conxo (distancia en coche privado, sen atascos, 4 minutos), ou os 28 minutos que tardou en acudir unha ambulancia (sería medicalizada?) ao centro de Lugo cando a finada alcaldesa caiu sen sentido... ou a ambulancia que leva doentes das aldeas a curas varias, ou aos centros de día ou a visitas postoperatorias... O número e a natureza tan diversa de casos dan para analisar a adecuación do servizo deseñado pola administración pública responsábel, a dotación orzamentaria e as condicións de desempeño.
É unha característica desta sociedade capitalista a existencia de desigualdade tanto como a de crecemento económico imparábel: médrase sempre; malo se hai paradas, e sempre que hai crecemento tamén son xeradas máis mercadorías, máis servizos e novos focos de desigualdade. Con este comezo podemos pensar lexitimamente que xa non podemos ir máis alá da linguaxe abstracta e evidente por si mesma. Mais a modo de anécdota de advertencia sen máis pretensións, podemos pasar a observar algúns feitos relativos ao funcionamento do servizo de ambulancias na Galiza como parte dun servizo público de sanidade, do que é, en todo caso, un elemento auxiliar.
A denominación de auxiliar non resta en absoluto valor ao seu rol decisivo na atención, xa que despois de ter logrado nalgúns servizos sanitarios unha excelencia recoñecida en toda a parte, o seu papel pode ficar no fracaso por unha ausencia no traslado ou na atención inmediata, en caso de vida ou morte. Diríamos que de auxiliar pódese converter en ponto crítico da calidade de asistencia. Para comezar, é un servizo público desempeñado por empresas privadas que subscreben un contrato co Sergas para o desempeño dese servizo. Pode ser o Sergas directamente ou a través da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias 061.
A cobertura dos servizos de calquer tipo de ambulancias realizase por empresas privadas que acoden aos concursos convocados, valorados segundo criterio público estabelecido. A lóxica de quen concursa para cobrir o servizo é de negocio privado, é necesariamente de obter beneficios. Certo: non se coñece unha empresa privada que preste servizos, ao mundo ou ao Sergas, a perda. Os beneficios han ser calculados desde o cumprimento das condicións do contrato de servizos públicos con dúas condicións: cumprilo e xestionar os fondos de disposición polo pagamento, como se poida.
Os fondos de disposición pública por lei han ser os máis económicos posíbeis: mesmo houbo concesións incríbeis, é dicer, de non dar creto polos contendentes non gañadores (estas teñen desaparecido, denominábanse á baixa temeraria: até 18% inferior á media). Unha vez contratada, a empresa adxudicataria actúa segundo pode e sabe, para cumprir as condicións do contrato. Mais ten que traballar moi, moi axustadamente, para aforrar custos en todos os capítulos, e os pequenos empresarios só saben aforrar en persoal: na organización non lle veu a luz dos entendidos, en custos de subministros tampouco hai moita posibilidade de compras negociadas..., así que semella que o aforro en man de obra é un elemento chave da esperada boa xestión de traballar no límite.
Os contratos coa administración aínda poden dar máis de si: á parte do ‘cutrerío’ do contrato, sábese cando remata e aínda que a lei obriga a unha anovación en prazo (que ten que ditaminar a Administración), non saen a concurso obrigando ás empresas concesionarias a unha prórroga ao mesmo prezo e en condicións economicamente non asumíbeis, por tempo superior á duración estipulada. En fin, que dun servizo inicialmente creado para cobrir as necesidades de transporte e asistencia urxente de enfermos, nunha poboación que foi mudando de hábitat, de idade e de servizos sanitarios, tense convertido en prestación de servizos múltiples, algúns moi alonxados das necesidades de asistencia sanitaria en transporte especializado e noutros casos, realmente urxentes, no sentido vital do termo, incapaces de acudir por falta manifesta de medios disponíbeis.
Tres servizos distintos podemos contemplar. O requirido de ambulancia medicalizada: hai 12 na Galiza. Non sei se chegan, se fan falta máis; o caso é que hai moitas posibilidades de que habendo dúas urxencias da mesma natureza en comarcas moi amplas, unha quede sen asistencia. Por exemplo, a área sanitaria de Santiago abranxe unha comarca —ampla e moi poboada— que vai desde Mazaricos a Rodeiro ou desde Ribeira a Mesía. É fisicamente imposíbel que se poida cobrir cunha soa ambulancia daquel tipo máis dun servizo á vez. E xa non consideramos o aumento de poboación flotante que se produce en épocas de turismo, nomeadamente nos concellos da costa.
Mais hai outros servizos, os urxentes e os non urxentes. Algúns destes últimos acaban sendo servizos de traslados de persoas válidas mais necesitadas dun apoio físico para se desprazaren ao centro médico/asistencial ou mesmo noutros casos aos centros de día. O feito de destinar unha ambulancia como medio de transporte de persoas que poderían utilizar outro medio, converte o custo deste servizo concebido só como sanitario e urxente en substituto dun transporte de persoas do domicilio ao centro sanitario ou entre centros sanitarios sen ter necesidade nengunha de persoal de asistencia sanitaria. E é nestes casos de sobre-utilización dun transporte especializado en labores de taxis o que converte en máis ineficiente un servizo que debería cobrir só asistencia sanitaria (así pasa no caso do regreso co médico/a ao PAC de procedencia desde o centro hospitalario). Non é igual auxiliar a unha persoa dependente a se trasladar ao centro de día que a un enfermo cunha perna rota que vai ser intervido cirurxicamente, que a un accidentado laboral con abundante perda de sangue, que trasladar a un válido ao hospital a un postoperatorio.
A responsabilidade no deseño, na planificación, na distribución e na valoración dos servizos para cobrir as necesidades sanitarias mediante transporte de enfermos é responsabilidade pública, neste caso do Sergas. Así mesmo, correspóndelle ser quen de discriminar moi polo miúdo a adecuación do uso de ambulancias ás necesidades sanitarias dos doentes. E na cima das decisións ben tomadas en favor do benestar colectivo, asumir como servizo público directo o urxente e imprescindíbel e dotar no caso traslado de persoas entre centros e entre centros e domicilios, o resto. Mesmo sería máis económico e funcional que en lugar de ambulancias se denominase este último servizo público de asistencia á doentes. Moitos cidadáns—entre os que se atopa servidora—preferiría un co-pago e unha certa dilixencia na prestación de servizos complementarios, que contemplar os problemas que van aumentando coa crecemento da asistencia e calidade dos servizos sanitarios.
Non se pode instalar unha celulosa onde se está creando vida porque é simplesmente destrutora da mesma. É un disparate: entre dúas fábricas de queixo pequenas xa hai máis postos de traballo dos que creará Altri en funcionamento.
Sen intención de ensinar a quen non quer aprender, permitímonos analisar algunhas cuestións que, sendo elementais nos estudos de economía, son facilmente esquecíbeis e/ou evitadas polos gobernantes, e retorcidas até a falacia polos guionistas dos discursos imperantes a favor dos investimentos de conveniencia colonial. Referímonos á defensa de Altri en argumentos de ‘patacón’ feitos polo goberno galego e tamén polos turiferarios que andan no labor.
Que condicións debe cumprir un investimento para ser denominado industria? Que pertenza a un sector de actividade económica industrial. Mais unha factoría non fai ela só a industria. É unha metonimia identificar factoría con industria.
Que condicións debe cumprir unha industria para poder ser denominada adecuada a un país neste momento da historia? Que cubra as necesidades das actividades económicas existentes, que se incardine nelas e que cree arrastre industrial para favorecer o crecemento desde dentro e, logo, cara fóra.
Son todas as industrias iguais desde a perspectiva do país? No presente e no futuro inmediato? Non: hai unhas claramente de enclave, outras, perfectamente incardinadas e unhas outras de oferta como Altri, plenamente indesexábeis.
Quen é o titular lexitimo dos recursos naturais que se usan nos negocios privados? O titular é o país. Da dotación de recursos existentes débese derivar crecemento harmonioso cun futuro de uso e garda dos recursos dotacionais, xa que non son todos renovábeis e o seu uso require a garda e conservación para xerar unha corrente de renda.
As respostas —longas— a estas cuestións son de dous tipos: unhas, de economía industrial e do rol que cumpre a industria na economía dun país, e outras, de política económica industrial responsabilidade de goberno que adopta os criterios do interese común, sobreenténdese colectivo, no presente e no futuro.
En economía industrial estúdanse, analísanse e indícanse as características das unidades de produción industriais en cada período histórico concreto do desenvolvemento do capitalismo. Industria é a actividade económica transformadora de bens. O ponto de partida é a estrutura industrial dunha economía chamada desenvolvida por ser e ter sido industrial, e desas análises xorden os diferentes modelos de industrialización e de crecemento. Dos diferentes modelos —o británico nacido na revolución industrial, o alemán xestado cunha política económica antiliberal...— hai características comúns que son aplicábeis para calquer programa de industrialización dun país. Teñen en común que se foron desenvolvendo en función da capacidade propria en dominar capital, tecnoloxía e recursos naturais. Non citamos entre estes elementos a disponibilidade de man de obra, xa que, nos diferentes países e nos distintos momentos históricos, sóubose importar forza de traballo (como escravos ou como inmigrantes).
A transformación industrial primeira e necesaria sempre é a de alimentos, seguida pola de bens de uso diario e rematada pola de bens de medios de transporte. E destas primeiras derívanse todas as grandes industrias creadoras de bens de equipo indispensábeis para o funcionamento das primeiras. Alimentación, roupa (tecidos), transporte, enerxía, ferro e aceiro (siderurxia), materiais de construción, papel... van constituíndo unha listaxe non exhaustiva senón sempre dinámica e en crecemento continuo, creando por súa volta procesos de arrastre sobre outros subsectores industriais. Ergo, a primeira cuestión interesante a reter na anotación deste asunto é que cada país, cada economía, foise desenvolvendo segundo a capacidade de decisión política propria e deseñou os seus programas en función dos seus intereses, e non dos alleos: Alemania contra o libre mercado inglés (non lle conviña a súa industria nacente no século XIX); Xapón sendo máis guerreiro que calquer viciño, Estados Unidos de acordo coas súas capacidades e capital (primeiro foi o algodón, industria de algodón) e logo o ferrocarril (con toda a enerxía e siderurxia precisa)...
Non coñecemos nengún país desenvolvido hoxe, con capacidade propria de decidir que non valorara máis esa competencia ou talento que o valor material da súa industria. Os procesos de florecemento (na historia económica das economías desenvolvidas e nas recentes) da industria viñeron derivados das adecuadas decisións de política económica. As valoracións sobre unha instalación industrial non proceden da bondade ou cualidade das plantas industrias posíbeis, senón do interesantes que sexan para se incardinar nos procesos económicos existentes no país. E cada economía é a resultante das decisións tomadas a respeito dos investimentos industriais.
Os recursos existentes en bens naturais deben ser entendidos como resultado dunha dialéctica histórica de construción: acción dos humanos sobre a natureza: como son os soutos e as carballeiras da Ulloa, os ríos e as rías, que, como é sabido, non se poden mercar con euros. Á súa vez eses arboredos responden de certos fenómenos meteorolóxicos que interactúan sobre os restantes recursos agrícolas e orixinan pastos adecuados para un gando vizoso, que deu e pode dar de comer a ducias de miles de persoas. E isto é un proceso dinámico e continúo, mellorábel tamén, con accións propositais de política económica. E aquí entra a industria.
Na Ulloa xa hai industria. Hai un tecido industrial nacido na utilización transformadora dos recursos proprios producidos na zona e hai industria transformadora doutros bens que teñen un carácter totalmente anovador e pioneiro nunha zona que se considera (mal) só agrícola. Para favorecer ao existente precísase un proxecto industrial adecuado e accións certas de política económica a longo prazo, e onde hai boa base, haberá bon desenvolvemento. Convén así mesmo lembrar que unha agricultura e gandaría desenvolvidas como a da Ulloa e comarcas limítrofes constitúen un acervo de riqueza presente e potencial envexábel: é de delito abandonalas ou contribuír á súa desaparición. E aseveramos isto con toda a rotundidade de dicer que unha celulosa non é compatíbel co existente. Non se pode instalar unha celulosa onde se está creando vida porque é simplesmente destrutora da mesma.
Unha fábrica de celulosa hoxe na Galiza é un disparate: Altri non dispón de tecnoloxía avanzada, é anticuada: contaminante, pouco capaz e usadora de grandes cantidades de recursos que se destragan; Altri non ten como empresa capital suficiente; non dispón da tecnoloxía para fabricar a fibra; na Galiza non hai fábricas de papel, polo que produciría para exportar; vai requerir para funcionar seguir no monocultivo de eucalipto; non crea arrastre industrial e destrúe máis recursos dos que xera. Entre dúas fábricas de queixo pequenas xa hai máis postos de traballo dos que creará en funcionamento.
O goberno galego ten un empeño non entendíbel en termos de política económica, e os intereses de grupo ou de negocios particulares teñen o problema da lexitimidade: carecen dela.
Vai ser necesario contar coa propria enerxía política dos cidadáns que contestan a Trump. Cremos que só desde o interior veremos a rexeneración. E hai contestación, e moi dura, no interior dos Estados Unidos
Dicir en maio que desde que Trump tomou posesión fai parte das novas diarias e cada vez cunha ocorrencia pior ca anterior, non é unha novidade, mais constatamos que logra o primeiro plano. É frecuente -poderíamos dicir, sen medo a esaxerar, que máis que frecuente é unha pauta de conduta- que despois do anuncio dunha medida imposíbel de implementar, acorde retractarse e chame suspensión a non posta en feito da acción de política económica anunciada. Até agora son máis as voltas atrás que o cumprimento das medidas que vai anunciando que levará a cabo. Mesmo no caso de que fora posíbel reverter cara o interior de Estados Unidos os investimentos estranxeiros, a base de penalizar as importacións, o que se pechou ao longo de dúas décadas -por exemplo 65 fábricas de automóbeis- non é conseguíbel só co desexo e menos dun día para outro. As novas factorías non son improvisábeis, nen os servizos industriais vinculados, así como tampouco a man de obra cualificada.
Hai feitos económicos que non dependen da vontade máis ou menos torcida/atolada dun gobernante e que continúan vivendo na base teimuda do fracaso da súa política:
1º - Os vínculos económicos dos Estados Unidos co resto do mundo son moi fortes. Comercio de mercadorías á parte, existen relacións de investimento directo que unen fortemente os intereses económicos entre eles e o resto do mundo. Cífrase en 6,5 billóns de dólares o valor acumulado do IED (Investimento Estranxeiro Directo) dos Estdos Unidos no resto do mundo. E o resto do mundo en Estados Unidos, un acumulado de 5,3 billóns de dólares. En Europa ese stock de IED alcanza 3,95 billóns de dólares; e Europa en Estados Unidos, 5,4 billóns de dólares. Non sucede así, non obstante, entre os Estados Unidos e China; as cifras non alcanzan os 130.000 millóns de dólares. Mais, e isto é moi importante, China posúe unha porcentaxe estratéxica de bonos estadounidenses.
2º - Outro vínculo económico é o papel da man de obra inmigrante -legal e ilegal- que converte en imprescindíbel a súa presenza para o funcionamento económico normal desa economía. Mesmo parte do crecemento demográfico sostido post-pandemia debeuse á poboación inmigrante. As cifras que se utilizan de inmigrantes sen papeis son de 11 millóns de persoas, unha pequena parte dos que residen con título de cidadáns (arredor de 51 millóns, non nacidos en territorio dos Estados Unidos). As deportacións son parte da campaña de Trump, mais Biden levounas a cabo superando en número ás de gobernos demócratas anteriores. Sempre -historicamente- existe un tirapuxa entre a necesidade de man de obra e a política de integración. O certo é que a man de obra inmigrante é imprescindíbel e resulta mellor se non se compón de cidadáns con todos os dereitos: é máis barata. Non obstante, unha mirada analítica crítica desde este lado do Atlántico permítenos sorrir ironicamente ao escoitar falar en Estados Unidos de inmigrantes: menos os indios, o resto da súa poboación está composta, toda ela, só de inmigrantes, e, que se saiba, aínda non houbo ningún presidente nativo ou de ascendencia nativa. É unha componente estrutural do modelo de crecemento: nas etapas de necesidade, ábrese a fronteira e cando hai problemas de composición da forza laboral ou de integración, péchase. Foi así ao longo da súa historia, vista desde a perspectiva económica.
3º- Hai tráfico comercial que son bens físicos (mercadorías) e tráfico de servizos. Estes aínda non foron enfocados por Trump. A enxeñaría de software, as redes e telecomunicacións, a ciberseguridade, a IA, a análise de datos e metadatos son indispensábeis para levar a cabo actividades habituais e proceden de Estados Unidos. Dixo un rapaz inxenuo: “Hoxe comezo a facer boicote aos produtos norteamericanos: vou pór, en todas as miñas redes, a convocatoria”. Os servizos financeiros, os negocios relacionados coa propriedade intelectual, os intercambios de coñecemento científico, e/ou calquer outro que puidese ser incluído neste apartado, aínda non forman parte dos intereses de Trump, porque unido aos intercambios está unha parte do control de información necesaria para quen pretende seguir de primeira potencia mundial. Un caso concreto: Amazon facturou en España, en 2024, 8.000 millóns de euros, pagou 400 millóns en impostos directos e ocupa 28.000 empregados, repartidos en 40 plantas loxísticas. E Amazon vende tamén produtos españois, ademais de europeos, hindús ou chineses. Tal e como é a economía mundial na actualidade, o só feito de intentar compartimentar (utilizando instrumentos arancelarios do século XIX) é de ignorantes ou ben dun lunático que pensa ser un xenio, autor dunha xogada que non se lle ocorreu a ninguén pero (para el) precursora dun éxito seguro; e, para calquer sensato, un fracaso absoluto.
Vai ser necesario contar coa propria enerxía política dos cidadáns que contestan a Trump. Cremos que só desde o interior veremos a rexeneración. E hai contestación, e moi dura, no interior dos Estados Unidos. A comezos do mes pasado máis de 1.200 concentracións nun número igual de cidades, convocadas polos máis diversos colectivos, encheron as rúas para dicir en alto e claro a Trump o lema “Hands off”.
Antes, senadores demócratas e republicanos manifestaron con diversas medidas de protesta o seu enfrontamento coa política de Trump: Cory Booker falou máis de 25 horas seguidas -bateu un récord- contra Trump. Lisa Murkowski, republicana, leva vencendo a oposición de Trump a que siga existindo como representante republicana de Alaska. A súa historia no Senado inclúe un voto a favor da destitución de Trump pola responsabilidade na invasión do Capitolio o 6 de xaneiro de 2021. Non apoiou a Trump nas primarias e criticou recentemente o trato ao presidente Zelenski. Tamén atacou os recortes na administración que levou a cabo Elon Musk.
A Corte Suprema ten paralisado a aplicación rocambolesca dunha lei de guerra de 1798 utilizada para expulsións de inmigrantes denominándoos “inimigos”.
E a Universidade de Harvard non se deixou intimidar coa supresión de fondos federais que Trump decretou, e o 22 de abril demandou ao goberno de Trump tras a conxelación de máis de 2.000 millóns de dólares e a posta en espera da sinatura de convenios de colaboración. Harvard non é calquer pequena entidade: é a mellor e máis poderosa universidade do mundo. Acumula un fondo patrimonial de máis de 53.000 millóns de dólares. Hai países no mundo con menor PIB anual (por exemplo Bolivia, Paraguay, El Salvador...). 2.000 millóns é unha enorme suma, pero Harvard pode resistir e non está disposta a vender a súa esencia de crear coñecemento nun ambiente crítico por 2.000 millóns de dólares nen por nada. Precisamente ese xesto digno e de resistencia pode alentar condutas que, imitando, se poidan converter en elementos decisivos na rexeneración desde dentro. Non é preciso acudir á memoria do rol da universidade nos anos 70 e a guerra de Vietnam. Ou lembrar que os Estados Unidos perderon aquela guerra. Hai posibilidade desa rexeneración e de botar a un tolo.
Imos supoñer que ‘compremos’ que é preciso se armar como Unión Europea (que non o ‘compramos’, mais imos facer o suposto). A pergunta inmediata por principio de sobrevivencia é: cal é a autoridade política da Unión que ordena, que está ao mando do uso do armamento, tendo en conta que será nuclear ou non vale para nada?
Deberíamos esquecer a metonimia de identificar a Unión Europea con Europa. E, en aras da precisión tanto nominal como material, é unha inexactitude que conduce a varios enganos. Oo máis importante é sementar odio e alleamento de países que sempre foron Europa, sempre tiveron relación histórico-cultural e pertencen polo peso dos feitos a esta parte do mundo: case tautolóxico, se non son África, nen Asia, nen América e, por suposto, Oceanía, serán europeos, non si?. Referímonos a Rusia, a Bielorrusia, a Ucraína, Georgia, Armenia, Azerbaiján e Kazakistán.
A identificación fácil, cómoda ou politicamente de comenencia de Europa coa Unión Europa correspóndese coa vontade política de separar ideolóxica e sectariamente unha parte do que historicamente tivo lazos fortes entre as nacións e os pobos que se integran nesta parte do mundo denominada Europa. Os séculos de vida en común con relacións permanentes entre Rusia e os países máis occidentais foron fortes e permanentes e a separación política post-Guerra Mundial foi a imaxe e necesidade do afianzamento ianqui como potencia mundial. Ou é tan difícil lembrar que grazas á URSS foi derrotado en campo de batalla o fascismo? A potencia alemá dirixida por Hitler enterrouse en lama e xeo nos campos rusos e con eles a derrota do fascismo; isto serviu de base para que a axuda americana (tamén interesada) contribuíra ao nacemento da Unión Europea.
É pernicioso esquecer esta parte da historia e, se neste momento hai un ditador en Rusia que invade veciños, doutro lado hai alguén na dirección dun estado (EEUU) ao que non é fácil atoparlle cualificativo dunha soa palabra, pero que está a piques de invadir e se apropriar de Groenlandia. No século XIX, que non está tan lonxe -polo son de canóns que se escoita-, os xornais galegos (numerosos) tiñan correspondentes no que se consideraban capitais importantes dos destinos de Europa, desde París, Londres a Moscú, e o tráfico cultural con aquela Rusia era da mesma natureza que coa parte europea máis occidental. Quen pode prescindir de Tolstoi, de Dostoievski, de Pushkin, de Chejov...; quen pode prescindir da música de Rimsky-Kórsakov, de Tchaikovsky, de Borodin, Rachmáminov..;. da danza, ou dos adiantos técnicos que fixeron mellor o mundo no século XX? Quen quer esquecer o significado revolucionario dos logros do século XX en Rusia que deron unha volta ao destino do mundo obreiro?
E agora, por orde e comenencia dos EEUU, do seu presidente á cabeza, e da necesidade da súa industria de armamento que anda falta de demanda, debemos pasar a odiar, temer, deostar, identificar como inimigo abxecto e armarnos para estar preparados para unha invasión rusa? Se non fose que é o que está pasando, parecería unha broma de mal gosto ou un pesadelo. A política internacional, a estratexia do até agora poderoso “amigo” creador da OTAN, acompañouse dunha parte da Europa vencida ou esmagada na segunda guerra e durante unhas décadas foi quen de dirixir o motor do capitalismo occidental. Nunha parte de Europa naceu e se desenvolveu a Unión Europea; a URSS continuou até que se descompuxo, e despois da varias crises, da recesión financeira e de comprobar que a República Popular China xa é a primeira potencia mundial en capacidade produtiva, nos Estados Unidos acordaron entrar en pánico e facer uso do único que pode salvar de momento a súa hexemonía en declive: a industria de armamento, a única que non foi deslocalizada nen está entreverada de capital chinés.
E Europa, mellor dito, a Unión Europea? Está desaparecida. É como se non existise. Pásanlle os acontecementos mundiais por de diante e non reacciona. Está parada, estantiga ou será momificada? Cal foi ou é o rol internacional da Unión no xenocidio de Gaza ? Onde fixo ouvir a súa voz? Onde interveu para presionar a Israel a simplesmente ter cumprido as resolucións da ONU? Cal é a política exterior da UE? Como se explica que nen sexa chamada para falar de Ucraína? Como se formulan as relacións coas fronteiras con África? Ou para ir máis ao fondo: onde está o goberno da UE? Existe? Porque é aí onde se atopa outro núcleo do importante asunto das armas.
Imos supoñer que -como din agora “os máis modernos”- ‘compremos’ que é preciso se armar como Unión Europea (que non o ‘compramos’, mais imos facer o suposto). A pergunta inmediata por principio de sobrevivencia é: cal é a autoridade política da Unión que ordena, que está ao mando do uso do armamento, tendo en conta que será nuclear ou non vale para nada? Quen, a Comisión Europea? A Comisión xunto cos ministros/as de Asuntos exteriores dos 27? Unha parte da Comisión (unha coordenadora?) cos ministros/as e máis algún xefe da OTAN? Unha parte da Comisión ou dos ministros xunto con algún ‘british’ e algún xefe da OTAN?
Todas estas perguntas de posíbeis actores en relacións exteriores e nos momentos de conflito como o presente, non constitúen dilettantismos retóricos de escritora, senón que son reflexo dos casos de reunións que se deron, sen chegar a nada, nengunha acción. A Europa nomeada na Unión Europea non é un supraestado, é unha confederación -ou se queremos supraestado- en construción, lenta iso si, que nestes momentos agocha a súa incapacidade baixo o mandato estadounidense.
E semella que está en única disposición de se converter por orde suprema en compradora compulsiva de armamento ianqui sen ter sabido nen quen pode dar a orde de usalo. Sempre pensamos que as armas son prolongación do brazo (como o seu nome indica en varios idiomas) polo que é imprescindíbel ter brazo e cabeza para utilizar unha arma. A arma en si non é máis que un obxecto que pode pasar a ser decorativo, ou de malgasto, xa que mesmo para ser disuasoria hai que estar en condicións reais de usala, de saber usala, de querer usala e de ter repostos.
Unha idea para o presidente español: Sr. Sánchez, faga uso da claúsula de necesidade perentoria e diga que, despois do da DANA valenciana, o Estado español non está en condicións, neste momento, de asumir os novos gastos que se programan en armamento. Déixennos respirar, pasar este calvario e xa volveremos falar. Unha cousa así, con linguaxe diplomática ben axeitada.
A Unión Europea non asumiu o cambio de época e nestes momentos, con Trump ou sen Trump, o endurecemento das condicións de relacións entre o novo Occidente e os Estados Unidos só é concibíbel para o amigo ianqui baixo a súa hexemonía dura.
Nos momentos de crise adoita aparecer a auténtica natureza dos seres, das cousas ou dos fenómenos. Vale para os humanos, para as institucións, ou mesmo para seres vivos: en crise sempre aparece unha resposta de especie ou sistémica, nas sociedades formadas por seres humanos. A Unión Europea (UE) respondeu na crise da pandemia de forma rápida, cautelosa, previsora, e buscando medios onde for para cobrir as novas necesidades; mesmo asumindo as esixencias de recuperación económica derivadas do cesamento de actividade na pandemia, respondeu cos fondos extraordinarios Next Generation co afán de impulsar novas modalidades de crecemento económico.
Mais neste momento de conflito mundial (ou deberíamos chamarlle shock?) escenificado polo novo presidente dos Estados Unidos (EUA), ficou paralisada. Semella que ninguén na UE tiña previsto que saíra Trump de presidente. Semella que non escoitaron atentamente os discursos militares/estratéxicos dos anteriores presidentes, que non interpretaron adecuadamente os movementos estadounidenses en Ucraína. Nen na ONU.
Todo indica que nen foron conscientes da ausencia do seu rol na política mundial. Mesmo pensaron que podían pasar de lado na festa dos países máis ricos do mundo sen precisar cotizar ao gardián da suposta paz mundial en Occidente. E ficou perfectamente claro como os Estados Unidos en execución do seu plan para poder permanecer de primeira potencia un tempiño máis, ían estado a estado conseguindo, grazas á súa política exterior, os logros desexados no taboleiro global, sen que ninguén tivera o máis mínimo indicio de resistencia ou tan sequer comentario no seo da Unión Europea.
Rusia invade Ucraína. Si, e Israel, Gaza. E España entrega Sahara a Marrocos. E Francia é preterida en favor de EUA —rachando un contrato— por Australia. O acordo comercial de submarinos diesel é substituído por un outro cos americanos de combustíbel nuclear. Suecia entra na OTAN rachando totalmente o statu quo desde a Segunda Guerra Mundial e que perviveu na guerra fría de non completar o círculo do rodeo á Rusia quedando OTAN entre Turquía e Islandia.
A Unión Europea non asumiu o cambio de época e nestes momentos, con Trump ou sen Trump, o endurecemento das condicións de relacións entre o novo Occidente e os Estados Unidos só é concibíbel para o amigo ianqui baixo a súa hexemonía dura. As supostas cuestións económicas que se poidan dirimir cos aranceis non son máis que unha forma de linguaxe manexábel e entendíbel para o gran público. De aí non van pasar.
É tan pueril como pensar que en guerra comercial de aranceis xeneralizados alguén vai tirar gaño. Se todos poñen aranceis, ou ben ninguén vende ou todos pagan máis co resultado inicial de inflación na economía máis interdependente en intercambio de mercadorías co exterior. Que hoxe son todas as potencias mundiais, empezando polos estadounidenses. A interpenetración das partes do capital máis dinámico e o máis avanzado financeiramente falando é un fenómeno global e as políticas da etapa mercantil do capitalismo a través dos aranceis son tan antigas e inuteis como a guerra con cabalaría.
A Unión Europea debería pensar e decidir que vai facer de forma unida. Se iso for posíbel, a esta altura. Porque o que está quedando claro é que Trump (é dicer, os Estados Unidos co seu presidente á cabeza) vai utilizar a OTAN para manter baixo disciplina a Europa enteira incluíndo nela o Reino Unido aliado/fraterno mesmo co Brexit en vigor. Ou acaso ouvimos resmungar a algún EM (Estado Membro) ante o mandato que se vai cumprir de aumentar o gasto en armamento? En que Tratado Internacional asinado pola UE figura o compromiso de acudir á chamada dos americanos para dotar á OTAN do orzamento que eles decidiren? Acaso Trump recoñeceu á UE recebendo Macron, Starmer, Meloni, Andrezj Duda...?
É a constatación de que as relacións mundiais disputando a cara descoberta a primacía á China non pasan por contemplar con mimos á Unión Europea senón menosprezala e esixirlle sometemento á OTAN como cabeza de ponte de primeiro nível neste lado do Atlántico. A pergunta fácil é: pode facelo? E a resposta fácil tamén é: se lle fan caso e asumen o seu rol de, en lugar de amigos, lacaios.
As probas indiciarias deste papel outorgado á Europa (xa non UE, si, Occidente anovado) podemos referilos na enumeración destes procesos: Uns meses despois da invasión de Ucraína, a OTAN (Madrid, Xuño 2022) sinala Rusia como “ameaza militar directa” e China como un “desafío sistémico”. Tan foi así que Rusia foi Asociada da OTAN na fórmula ‘Asociada para a Paz’, e nunca até ese momento fora considerada ameaza directa militar.
Esta declaración, que é a primeira que se produce neses termos, permite á análise do profesor Gordillo centrar a atención entre a desputa EUA-Rusia como unha máis das guerras subrogadas, subsidiarias, vicarias ou por delegación, nesta ocasión —Ucraína— no escenario europeo: nas propias ‘napias’ das bases da OTAN. A participación e o papel que os Estados Unidos de Biden, dos gobernos previos, e agora Trump, concebían para Rusia ficou des-inflado pola infravaloración da capacidade potencial de Rusia: a segunda potencia nuclear mundial, cunha economía moito máis resistente que o tamaño do seu PIB indicaría e cunha capacidade de eludir os boicotes internacionais asombrosa.
Contando con Turquía (OTAN), China, India e mesmo Irán, así como cunha parte vergonzante da propia UE, Rusia non sofreu os efeitos da guerra programada para mancar un pouco a súa capacidade, aínda que non se tratase dunha aniquilación (como non é esperábel con armas nucleares nos armacéns). A unión á forza que supuxo para os comunitarios se enfrontaren á guerra de Ucraína mesmo puido opacar o declive no escenario mundial dunha non-potencia como é o caso da UE, na actualidade, aínda incluíndo o novo amigo que é o Reino Unido, compañeiro de filas na OTAN, non comunitario, pero parecido a un sub-comandante por delegación ianqui, deste lado do Atlántico.
A ansia de Trump por resolver o conflito con Rusia é explicábel precisamente nese contexto de debilidade europea, disposición rusa ao cesamento, tamén para ir acabando, mesmo sen resultados non satisfactorios e avanzar uns pasos na disputa real que é con China por unha hexemonía mundial hoxe moi comprometida.
E todo isto sen que citáramos a realidade económica que subxace. Para empezar, á UE vaílle tocar “arranxar” Ucraína, que EUA só pensa en cobrar o que emprestou en armamento. Iso será outro día.
Personaxe cun impacto mediático cuxa influencia vai moito máis alá do que sería racional esperar, en realidade, non é máis que a cara esperpéntica do que foi a política exterior norteamericana —expresión pura e dura da cabeza do imperio— desde a segunda guerra mundial a hoxe
É necesario denominar era Trump a época que se abre agora coa chegada do republicano ao goberno dos USA? Probabelmente si, porque van quedar de manifesto, van ser visíbeis, as novas regras de xogo mundiais entre USA e o resto do mundo. Mais unha cousa é especular en termos políticos sobre as estratexias e tácticas do novo presidente e outra —un pouco distinta— é razoar, como economista, dos límites que as relacións económicas actuais impoñen ás posíbeis tolerías ou accións inopinadas dun errático e temerario personaxe. Personaxe cun impacto mediático cuxa influencia vai moito máis alá do que sería racional esperar. Mesmo hai algúns non avisados que denominan nacionalista a súa maneira de se dirixir aos votantes con intención de ser escoitado en todo o mundo.
En realidade, non é máis que a cara esperpéntica do que foi a política exterior norteamericana —expresión pura e dura da cabeza do imperio— desde a segunda guerra mundial a hoxe. O camiño emprendido por outro republicano en 1971, dando o estoque inicial ao Sistema Monetario internacional creado segundo os intereses norteamericanos, viuse continuado coa ruptura das regras da OMC (Organización Mundial de Comercio, WTO), da retirada de fondos da Unesco, agora por Trump da OMS e só resta a OTAN, mais esta ten o contido de representación e financiamento dun dos maiores negocios actuais: a guerra. Trump non desfará a OTAN, mesmo conseguirá afortalala. Hoxe, a cabeza visíbel do imperio ianqui está achegando ao esborrallo total e faise evidente a necesidade de representar un cuadro de poderío na escena mundial.
Nunca, desde a Segunda Guerra e rematada a guerra fría coa conseguinte desaparición da URSS, creron nos EEUU que o poder económico chinés ía ser quen de lles disputar algún elo da primacía mundial. E xusto aí é onde se atopan economicamente: fóra do primeiro lugar por produción, por capital potencial, mesmo internacional (detentan unha parte da débeda exterior estadounidense), por influencia real nos cinco continentes e cuns socios europeos con moitas máis debilidades do que sería conveniente.
Continúa posuíndo dúas primacías: a do dólar e a das armas. E seguen capitaneando as relacións financeiras mundiais nun ámbito no que a definición actual do capitalismo é o feito de posuír capital financeiro, así como financiarizar todas as relacións económicas. Do resto quedan en evidencia: cada vez que hai un problema social interno con raíces de disparate capitalista (referímonos á ausencia de planificación e regulamentación), sen servizos públicos, padecen uns efeitos inexplicábeis.
Tanto no Katrina (2005) como nos incendios de California (2025) non se fixo visíbel o poderío do goberno federal nen a capacidade dos estados federados para liquidar problemas. América primeiro consegue dous efeitos contraditorios: un, que os seus votantes o apoien masivamente (niso reside a súa consideración de nación: é a súa masa de votantes) e dous, que unha parte do mundo que viveu máis ou menos harmoniosamente (?) baixo as ás da aguia ianqui teman o cambio de relacións entre amigos. Na economía actual, e para falar dos aranceis, o significado da mundialización/globalización das relacións económicas sobarda con moito a análise dos intercambios comerciais de mercadorías, os movementos de persoas e de capitais.
En realidade, denominamos globalización á mundialización do capitalismo actual que é de natureza financeira, e esta non está afectada polos aranceis nen por nengunha regulamentación. Os aranceis, como armas ou trabas ao comercio de mercadorías entre iguais, semellan as regras do xogo entre combatentes de florete de salón: non nos imos mancar. Porque a interconexión económica entre intervenientes no comercio do tipo USA/China ten unha natureza distinta ao intercambio de mercadorías completas que caracterizou o comercio pre-revolución tecnolóxica. En realidade, son tráfico intra-industria ou intra-empresa con factorías nos países que intercambian, con investimentos directos de capital e con tecnoloxía compartida, e non se ven afectados polos aranceis.
Musk pode ornear e bailar nos mitins mais os seus Tesla son fabricados en China e a clase media-baixa norteamericana que pode pagar un coche chinés, coreano ou xaponés de baixo prezo e consumo, non vai pasar a comprar os fabricados en USA hoxe desfasados. E a clase media máis alta que tivo a ben chufarse de coche europeo de luxo non vai adquirir o que non lle gosta ianqui, que non ten signos de distinción. Máis alá de tratar dos intercambios, é preciso se fixar na produción de mercadorías, de materias primas, na orixe dos capitais en busca de maior rendemento -o capital financeiro rende até sete veces máis que o industrial-, nas persoas en movemento cara países máis ricos...
Unha vez que respondamos onde se produce e a procedencia dos diversos componentes da mercadoría acabada, poderemos valorar o que dan de si as medidas proteccionistas que formaron parte da propaganda republicana, e das que non cremos que se cheguen a implementar, máis que cos inferiores (en poder económico, enténdese). Na industria clásica ou tradicional e tamén na de elevada composición tecnolóxica, prodúcense bens cuxos inputs proceden de calquer parte do mundo e son destinados a calquer outra.
A interconexión/interpenetración entre os capitais é tamén unha característica, de modo e maneira na que os grandes monopolios —antes— ianquis están entreverados de intereses cruzados en China, en Europa, nalgún país africano con metais desexados ou en calquer outro de Latinoamérica. Todas e cada unha das medidas que vaia tomar Trump teñen como obxectivo facer o que faga falta para que os USA logren manter o seu papel no mundo e se iso inclúe botar abaixo acordos mundiais —de progreso, asinados con anterioridade no camiño do control de condutas depredadoras— para mellorar vidas e medio ambiente, pois desfanse, e non hai problema.
O primeiro arancel xa foi o asinado na noite da toma de posesión: peche de fronteiras con México e a partir de aí veremos outras medidas anti-economía mexicana adoptadas con total arroallo. Con certeza non vai haber medidas en contra de Tesla e os seus intereses en China, nen contra KFC nen Apple, Nike, Starbucks, Procter and Gamble, Walmart, Coca-Cola, Boeing... até os emblemáticos Levi’s e Ray Ban son fabricados en China. De verdade vaille dar un tiro no pe ás “súas multinacionais”? Máis ben á contra, o que até agora coñecemos das actuacións exteriores dos gobernos federais dos Estados Unidos é seguir o lema de que o que é bon para os negocios dos cidadáns estadounidenses é bon para América (aquí América quer dicer EEUU, pero a grandeur ianqui tamén existe).
E das máis de 8000 empresas norteamericanas que están en China, só perigarán as prescindíbeis que producen bens intercambiábeis, mais non desaparecerá nen o investimento, nen as relacións nen a presenza. É un fenómeno consolidado e estrutural, non vai depender da ‘chulería’ dun presidente. Non hai novidade na relación EEUU/China comezada nos anos 90, vinte anos despois de que Nixon, outro republicano de mala fama, abrira as portas, alá en 1972, coa súa visita á China de Mao, á unha nova etapa.
A confianza é clave para obter a licenza social como paso previo para aceptar un proxecto con certo risco. A confianza non se pode comprar, e unha vez defraudada é imposíbel de recuperar. Neste caso os grupos de interese non son os veciños da Ulloa senón todo o país galego e a perda de confianza, a deslexitimación de Altri diante de todo o país, é unha evidencia
Altri, empresa portuguesa titular de tres fábricas de celulosa de pasta de papel, é unha empresa de mediano tamaño en Portugal, de mediano tamaño na Galiza -aquí non sería das grandes empresas do noso tecido-, pequena para as dimensións estándar da economía española e cunha composición accionaral de dominio familiar. De feito, non se pode chamar multinacional polo só feito de ser exportadora e non se pode pretender que sexa portadora de nengún tesouro de tecnoloxía ponteira. Só diriamos que é grande ou moi grande en uso de recursos renovábeis e non renovábeis, en contaminación, en tamaño das instalacións, en ruídos, en cheiros e tamén en necesidades de transporte, ocupando un espazo non proporcional aos beneficios privados e aos sociais da instalación.
Nen sequer ten sabido facer os procesos de novo investimento como sería de esperar dunha empresa de certa envergadura: ten provocado un certo asombro entre a cidadanía galega a celeridade da Xunta declarando o posíbel investimento nunha factoría na Ulloa como de interese e estratéxico, xa que é rechamante que antes de ter un coñecemento sopesado e fiábel do contido da proposta empresarial dada a coñecer á opinión pública, un goberno estexa en condicións de declarar o seu interese, ese futuríbel. O interese gobernativo, neste caso, leva asociado un trato con condicións especiais: exencións fiscais, administrativas e mesmo expropriacións a favor, que, en termos de competencia da Unión Europea, falsean as condicións de funcionamento do mercado interior comunitario, lesionando os intereses doutros actores empresariais do mesmo campo.
Desde que no ano 2021 Altri fixo a primeira aparición como posíbel investidora na Galiza até hoxe, non deixaron de se producir novas en prensa intentando colocar, na opinión pública, unha bandeira favorábel á instalación dunha factoría de produción de pasta celulósica como se chegara a formar parte dun proceso industrial, dunha creadora de postos de traballo ou como parte dun futuro lustroso. E, case desde ese ano referido, comezou a se dar unha contestación social en toda Galiza con inicio na comarca de Ulloa e rematando na ría de Arousa, dando forma a un conflito social. É dicer, neste momento, ante a evidencia de conflito social, Altri ten que asumir o risco social de se enfrontar a unha comunidade, a un país, neste caso Galiza, que se considera afectada como parte interesada por esa instalación.
Ás características dubidosas dun investimento interesante para un país coma o noso, súmase unha outra autenticamente novidosa -no sentido de mala nova-: Altri busca 250 millóns de euros para poder emprender o seu investimento: si, certamente din, sen nengún tipo de reserva, que precisan a fondo perdido 250 millóns de euros para un proxecto de 800 en total. O eufemismo ‘fondo perdido’ só usamos para resaltar que para a empresa son de total disponibilidade e para nós son fondos saídos en última instancia dos nosos impostos, xa que son fondos públicos. Non son escrupulosos: poden ser do Estado, da Xunta ou da UE; a fonte é indiferente, sempre que sexan subvención. Neste século, aínda non viramos conduta destemida semellante. Antes de comezar a actuar, antes do primeiro xesto inversor, xa se precisan fondos públicos por unha cantidade nada pequena. Por exemplo, o gasto orzamentado (Xunta de Galiza, 2025) para axencia de vivenda e infraestruturas é de algo máis de 226 millóns de euros, e para Sergas de Lugo e Ourense 250 millóns.
Este proceso de busca de oportunidades con privilexios inclúe unha serie de anomalías nun Estado democrático: a defensa do proxecto con portavocía incluída do presidente da Xunta, ou da conselleira de Economía (ou todo aquel membro do goberno a quen lle pasen o asunto) da empresa privada portuguesa, ou o exame interno dos proxectos da empresa para ser aprobados pola mesma institución, anuncio de concesións de subvencións directas e outras indirectas con trato discriminatorio para as empresas do mesmo segmento, mofa dos habitantes da comarca, das limítrofes e das restantes afectadas, declarando falsías a respeito do nível de vida dos ulloáns e veciños, irrisión da intelixencia de todos os galegos que ben sabemos o que é unha fábrica de celulosa aínda que a chamen bio-factoría como a de Pontevedra...
Como diciamos máis arriba, hoxe Altri enfrontase a un risco engadido: o risco social creado e non resolvido coas súas pretensións. Certo é que chegados a este ponto das relacións cos galegos, tan deteriorado, a única maneira posíbel de solucionalo é desistir dese proxecto por non acadar licenza social. Altri non ten licenza social para se instalar porque non ten lexitimidade, nen reputación, nen credibilidade nen, por certo, confianza.
O consenso social, ou o plan de xestión social para lograr a eliminación do risco social, enfócase -teoricamente- en cada un dos casos como mecanismo interno de obrigado cumprimento nas empresas para cumprir cos Principios Reitores sobre empresas da ONU. A licenza social indica os níveis de aceptación ou aprobación dun proxecto por parte dos denominados stakeholders e que son, traducidos ao noso idioma, os grupos de interese. A aceptación existe cando os grupos de interese, logo dun seguimento e do estudo do proxecto con casos prácticos incluídos, aceptan que é viábel, que utiliza as mellores técnicas disponíbeis e que é conforme co respeito aos dereitos humanos dos que os ambientais forman parte. A licenza social está ligada, por tanto, á consecución por parte da empresa nos tempos previos ao seu investimento, lexitimidade entre a comunidade para se instalar, reputación recoñecida e garantía de salvagarda dos principios de cautela e desenvolvemento sostíbel. No mundo externo á UE e nos países cun grau de desenvolvemento semellante ao europeo -como é Australia- tense determinado que a confianza é clave para obter a licenza social como paso previo para aceptar e aprobar un proxecto con certo risco social. Sucede, como en todos os procesos de interacción social, que a confianza non se pode comprar, e unha vez defraudada é imposíbel de recuperar. Neste caso os grupos de interese non son os veciños da Ulloa senón todo o país galego e a perda de confianza, a deslexitimación de Altri diante de todo o país, é unha evidencia.
Deducimos que non teñen adquirido moita experiencia en trato cos grupos de interese. No seu relatorio do ano 2023 no apartado “envolvimento cos stakeholders” inclúe as accións desenvolvidas coas comunidades e ONG: doazóns financeiras, apoio solidariedade social, voluntariado, relacións cos bombeiros, doazón de material informático, apoio a escolas, academia de verán e publicar ‘Altrinews’, ter website e realizar o relatorio. É moi mellorábel. E máis, se se pretende gozar de lexitimidade, reputación e confianza nunha comunidade de intereses como é a galega.
En Valencia queda en evidencia que a invocación ao exército obedecía a un programa de anulación, desprestixio e desconfianza da capacidade civil en gobernar
En Valencia desde o día 29 de outubro, día de comezo da gota fría denominada DINA (depresión illada en níveis altos), sucedéronse unha serie de feitos desgrazados con resultado de mortos, moitos mortos, máis de 215, destrución de vivendas, vehículos arrasados e esmagados, edificios e infraestruturas públicas inservíbeis e tamén construcións civís, de todo tipo e de todo uso, derrubados. Estes feitos son cualificados comunmente de desastre natural. Nós preferimos denominalo desastre tecnolóxico xa que é a combinación perfecta dun fenómeno meteorolóxico extremo cunha acción humana completamente inadecuada sobre o territorio. É dicer: o fenómeno natural (gota fría) bate cunhas construcións nos leitos dos ríos irresponsabelmente permitidas. Se a isto lle engadimos o non saber comunicar, ou simplemente non atender as alertas, dáse a alianza perfecta para un desastre. As mortes das persoas son irreparábeis. Non se poden substituír con nada e agora os efectos materiais do desastre deberán ser reparados para que continúe a vida que quedou nesas localidades.
Despois das chuvias, despois das riadas de lama arrasando persoas, casas e coches como se non houbese fin, apareceu en escena a incapacidade sumada á neglixencia, adubiada coa soberbia dun goberno autonómico en non-uso das súas competencias, capacidades e deberes. E tamén, no mesmo teatro de operacións de imaxe, foi nacendo a máis infame táctica de botar balóns fóra para descargar noutros a responsabilidade non asumida. A comunidade autónoma de Valencia ten competencias para xestionar e gobernar unha situación como a pasada e tamén, se for preciso, solicitar en boa colaboración do Goberno central os medios necesarios para completar as accións emprendidas diante do desastre. O que ninguén pode pensar é que sen facer os deberes outro/os leven a cabo as accións que foron deixadas, abandonadas ou carentes de iniciativa. É inaudito que esa proposta puidese estar presente nas declaracións, debates e propaganda vía redes sociais desde o primeiro momento criando así unha nova invasión de lama, desta vez sobre a información que en democracia debería ser limpa de lixo e aspirante á verdade. O PP, en uso da súa estratexia de acoso e derribo ao goberno lexítimo do Estado, até se permitíu manipular feitos contrastábeis para enluxar a honra e fama dos gobernantes do Estado. Foron rechamantes desde o comezo as declaracións dos valencianos desposuídos de todas as pertenzas pedindo polo exército. Así, en abstracto e en xeral, como se dun deus salvador se tratase. Era unha oración: “Que veña o exército”, como se o depósito de confianza nunha organización superior ás forzas institucionais da Generalitat lograse convocar a paz e mudar a situación. Exército contra caos e desgraza. Tanto os que pedían por el como os que botaban as culpas do sucedido ao Goberno central viron cumpridos os seus desexos co último capítulo desta traxedia con mortes humanas. Non é que a UME (Unidade Militar de Emerxencias) interveña, asunto normal e lóxico: é que chegou o exercito en forma de responsábel institucional ao goberno da Generalitat como vicepresidente para a reconstrución económica e social. Tamén foi nomeado o xeneral Venancio Aguado como secretario autonómico do gabinete.
Quedou en evidencia que a invocación ao exército obedecía a un programa de anulación, desprestixio e desconfianza da capacidade civil en gobernar. No ADN dos pactos con Vox está a negación do Estado das Autonomías, a crenza da posibilidade dunha intervención rápida sobardando toda canta lei de coordinación das competencias exclusivas e compartidas exista, pasando da legalidade estabelecida á intervención por riba e por fóra das institucións competentes. Mesturouse todo: competencia dos órgaos técnicos e/ou consultivos (AEMET, Confederación Hidrográfica) coa competencia legal de xestión, goberno e intervención. Fíxose apoloxía- a mantenta – de inacción do goberno central cando tanto legal como operativamente unha cousa é a competencia e a obriga, da Generalitat, e outra a colaboración, mesmo máxima, do goberno Central. E finalmente, para corroborar con enseñas de extrema dereita ou de espírito predemocrático as actuacións previas, noméanse militares para levar a cabo no seo dun órgao político accións pretendidamente non políticas. A última escena desta desgrazada obra veu da mao das declaracións do tenente xeneral Gan Pampols nomeado vicepresidente: aseverou que non é político e, en uso das súas faculdades, pediulle sensatez aos políticos.
Chegados a este punto xa pisamos zona de estupor. E non nos quedan máis que preguntas, de momento sen resposta. Despois desas declaracións constatamos que o señor Gan descoñece o significado do concepto política. Amosa un certo perigo no exercicio da súa nova función: única e exclusivamente política, mesmo por definición. Se este tenente xeneral nomeado vicepresidente do máximo órgao institucional de goberno dunha comunidade autónoma non é político, que é? Militar? Está fóra acaso do carácter político que posuímos todos os cidadáns polo feito de selo? Non é acaso eleitor e elexíbel? Os cidadáns somos depositarios dunha parte alícuota e solidaria da soberanía, segundo se define na Constitución. Este tenente xeneral non? Polo feito de ser militar perdeu o seu direito á voto? Vai ter no exercicio do seu cargo na Vicepresidencia mando militar? Ou poderá ignorar que no momento que xure ou prometa o seu cargo institucional fai un borrado automático do seu carácter profisional, calquera que fose: militar, empresario, asalariado, funcionario ou submarinista deportivo? Ou acaso os presidentes de comunidades autónomas poden declarar nalgún momento que non son políticos porque son ximnastas? Acaso para reconstruír o que está desfeito vai ter ao seu cargo unha unidade militar? E senón a ten, deberá se integrar á forza na estrutura institucional da Generalitat e exercer a súa función política sexa o que for previamente. Non estará insinuando que, dada a súa procedencia e experiencia, todo o que realice é exclusivamente atribuíbel ao seu carácter militar e que así se fan as cousas en situacións apuradas...
É tan ampla a emenda á totalidade que se pretende facer do Estado das Autonomías e do seu legal e lexítimo funcionamento que semella que en Valencia, con motivo das inundacións e das mortes traumáticas humana e socialmente falando, alguén aproveitou, manu militari, para amosar que só baixo o dominio da forza e do arredado dos “políticos” é posíbel desenluxar a terra, o enxoval, a vida cidadá en fin. A pretensión política é que o exército, sen ser o de salvación británico, veña liberar do malfacer político á vida institucional lexítima. Unha volta máis no descrédito e violación dos principios democráticos.
Se o principio de suficiencia é unha variábel directamente dependente do financiamento necesario para os gastos existentes, nunca se poderán mellorar os servizos sen mudar as existencias. O que non existe non precisa financiamento. O ferrocarril de Lugo a Santiago non precisa financiamento porque non existe
Para avanzar no debate pendente sobre o sistema español de financiamento autonómico propomos unha anovada mirada: é un problema de funcionamento ou é un problema estrutural? Queda liquidado o problema cos acordos conxunturais ou é preciso saír do marco estreito da regulamentación en que nos movemos até agora? A nosa proposta alíñase co deseño dun marco de relacións Estado - Autonomías que parta do recoñecemento institucional de que o Estado unitario actual é inadecuado. Alguén -os partidos políticos estatais- deberían asumir xa que o Estado español é plurinacional e conformar as institucións a esta realidade e non ao revés.
Ao igual que a famosa copla sobre o uso (eufemístico) do amor “que se rachou de tanto usalo”, no asunto do financiamento autonómico podemos chegar a tapar -por falar só de financiamento- os restantes aspectos da relación comunidade autonómica - Estado español e comunidade autónoma - outras comunidades do Estado, que non se substancian exclusivamente co financiamento. Este pode ser examinado como unha relación fluínte entre dúas institucións de goberno: o Estado central e a Comunidade autónoma, que non esgota, nen representa, as restantes relacións entre os dous entes políticos, que son a nación galega e o Estado español, no caso galego.
Nos outros casos, así como nas relacións entre autonomías, debemos admitir a “singularidade” (de ámbito mundial) dunha configuración de Estado, chamado autonómico, na que se mesturan nacións, con autonomías que son rexións, con outras que son provincias, con outra que é a capital do Estado, sen estatuto de capital federal, e, finalmente, con outras dúas cidades en África. Descentralizado non sei se se pode chamar, mais caótico si, ficando fóra de análise as relacións entre as distintas autonomías do Estado.
O máis relevante no debate do financiamento é que só se dá no terreo do pago (financiamento) de gastos e investimentos nas autonomías desde o Estado, e, pola contra, do que o Estado dispón (tanto gastos correntes coma investimentos) non é coñecido nen intervido polas autonomías, máis que a posteriori. Por esa razón o conxunto de servizos ausentes nas autonomías só é suprido polo Estado se o considera factíbel. É unha relación vertical e asimétrica, por iso é moi común, habitual ou permanente a reivindicación por parte de todos de considerar sempre insatisfactoria e insuficiente a distribución de fondos acordada no modelo actual de financiamento.
Imaxinemos un Estado de autonomías rexido con regras legais distintas. Nel poderíase dar a elaboración orzamentaria do Estado coa contribución en termos deliberativos e resolutivos nunha Cámara representativa por autonomías e non por provincias como é o Parlamento actual. Nese caso -en teoría-, os debates tediosos do financiamento autonómico, fóra de sede parlamentar, non terían sentido, salvo reforma constitucional.
Seguindo na senda das propostas alternativas á estrutura do Estado das autonomías convivemos cun sensentido: a existencia zombi das deputacións provinciais. Non é concebíbel, non ten xustificación política nen económica, salvo que conservar os restos de peso morto do Estado franquista anterior sexa necesario. Nunha autonomía como a galega, correspondente a unha das nacións históricas que se integran no Estado, como se entende o rol das deputacións máis que para soportar o peso morto dunha institución suntuaria? A carencia de funcións, agás perpetuar postos de traballo de reparto partidario e contribuír a un gasto irracional (reparto de subsidios e subvencións clientelares) non mellora en nada a racionalidade das competencias institucionais das autonomías.
Unha outra faciana das relacións son os investimentos públicos procedentes dos orzamentos do Estado en todas as formas existentes. Considerando o actual stock de capital público, o seu mantemento, e a tendencia anual observada desde que hai autonomía, non existe equidade, non se respeita este principio, porque estes investimentos incumpren o principio de garantía de acceso en igualdade aos servizos públicos. Así mesmo, non existe transparencia nas decisións que sobre este campo de acción, aquí e nas restantes comunidades autónomas, realiza o Estado (hai explicación das distintas velocidades dos corredores atlántico e mediterráneo? Quen asume que se debe primar o eixo Lisboa Madrid sobre Lisboa-Vigo?). Se se proclama que a sostibilidade do estado de benestar é un principio básico, existe unha contradición de base nas relacións Estado - autonomías, xa que os diferentes pontos de partida de cada unha delas non foron paulatinamente corrixidos para tender a diluír as diferenzas dos distintos servizos públicos.
Se o principio de suficiencia é unha variábel directamente dependente do financiamento necesario para os gastos existentes, nunca se poderán mellorar os servizos sen mudar as existencias. O que non existe non precisa financiamento. Verbigratia: o ferrocarril de Lugo a Santiago non precisa financiamento porque non existe. Os trens de proximidade entre cidades e vilas non precisan financiamento porque non existen. Os tres aeroportos esgotan, grazas á irracionalidade localista, a súa propria existencia cun orzamento que mantén pouco máis que as pistas aínda que non haxa crecemento de viaxeiros nen capacidade organizativa de lograr o medre (é pior: hai servizos porque hai subvencións). A quimera do corredor atlántico pódese unir á que sufrimos coa alta velocidade (AVE) -mellor dito, velocidade alta- que aínda non rematou: só leva 20 anos de retraso. Co corredor atlántico outro tanto: cada período eleitoral vén un ministro anunciar algo con moito futuro e nengún presente.
E así poderíamos percorrer a listaxe de infraestruturas e de dotacións públicas que non nos foron entreguedas. Cada vez que usamos unha circunvalación madrileña ou o transporte público madrileño, lembramos a discusión do financiamento autonómico porque calquer destes dous servizos polo que a infraestruturas se refere son pagas por todos os cidadáns do Estado: é un caso claro de inequidade que os que non dispomos de transporte público axeitado pagamos o da -din- comunidade máis rica do Estado.
Galiza ten participado como autonomía nas comisións para a revisión do modelo de financiamento autonómico. Do documento final (2017) transcrebo literalmente o que figura a continuación. Sabemos que foi subscrito polo experto nomeado pola Xunta, xa que non presentou nengún voto particular: “Á hora de valorar a equidade do reparto territorial dos custos e beneficios do Estado autonómico non hai que se fixar nun determinado imposto ou prestación de maneira illada, senón que, xa que unhas cousas se poden comparar con outras, debe adoptarse unha visión de conxunto que contemple na súa integridade o paquete de servizos, prestacións e tributos que se estabelece en cada territorio e os custos de prestación dos servizos relevantes”.
Sempre que un problema non ten solución evidente, aparece o muro constitucional como álibi para deixalo pendente
Unha boa parte dos asuntos de Estado que foron quedando pendentes lexislatura tras lexislatura, e que van sendo liquidados mediante leis con solvencia de provisionalidade, teríanse resolvido cun acordo de Estado reformando a Constitución. Sempre que un problema non ten solución evidente, aparece o muro constitucional como álibi para deixalo pendente e se axustar ás leis en lugar de axustar as leis á realidade do momento. Discutiuse o aforamento de certos cargos públicos, a inviolabilidade do monarca, a sucesión no reino, o pacote de decisións de soberanía cedidos á Unión Europea, as relacións entre executivo e xudicial, o financiamento autonómico, ou a forma da xefatura do Estado, xa que hai querenza entre os cidadáns de se constituír en república, e nos dereitos fundamentais, considerar preciso incluír o dereito á vivenda, a protección á terceira idade, o dereito a un meio ambiente limpo ou o dereito á auga, eliminando a súa mercantilización. É o que se denomina adecuar a Carta Magna ao estado actual de época.
Isto pasa cos acordos de costura ganduxada do sistema de financiamento autonómico denominado común: o razoábel sería realizar un cambio constitucional para adecuar o sistema ao tempo actual e non remendar un obsoleto. Certo que non hai mandato. Non é obrigatorio, e pode ser arriscado, cando semella que algúns poden entrar en fibrilación auricular sen aparato cerca. Non se trata diso. Mais se quixeramos emular a conduta indicada por Varoufakis, deberíamos comportarnos como adultos, deixar de pitirrear nunha especie de xogo escénico e comezar a facer política real, uns -o goberno- para se sentir amparados polas institucións do Estado, e outros -a oposición española- para cumpriren un rol político de responsabilidade de Estado.
O caso é que, a cada paso que dá o goberno facendo uso da súa encomenda e da súa capacidade, saltan alarmas programadas na/desde a oposición para crear un estado de opinión interesado en contra de todas as accións gubernativas. Estas téñense diferenciado tanto cualitativa como cuantitativamente de calquera dos gobernos precedentes e teñen aportado solucións valentes a problemas encistados. Se damos esquecido todo o fume de carozo que rodea a discusión política difundida, centraríamonos no asunto do financiamento autonómico que, como é ben sabido, precisa dunha reforma xa. O caso é que despois de 10 anos de caducidade do sistema denominado común, desde 2014, o goberno, por mor do acordo con Cataluña para comezar o proceso de resolución do conflito co Estado, acorda -entre outros moitos asuntos- conceder a Cataluña a recadación, a xestión, a liquidación e a inspección de todos os tributos alí pagados, a comezar polo IRPF en 2025.
Esta parte do acordo foi denominada modelo de financiamento singular para Cataluña. Contenta a unha parte dos partidos catalanistas, entra nas competencias do Estado sen precisar reforma legal algunha máis alá do financiamento autonómico común, e, dependendo do carácter de adulto do partido maioritario da oposición, si abriría o camiño para os cambios precisos na Constitución, é dicer, unha reforma. Notemos que o poder normativo, no relativo a eses impostos cedidos, queda nas mans do Estado, e notemos tamén que unha cousa é xestionar e outra ostentar a titularidade, sexa dunha competencia, sexa dun ben.
As voces encontradas fronte ao acordo ERC-PSOE teñen procedencias varias, pero as máis ruidosas son de filiación PP e do PSOE, ou ben do seu entorno ideolóxico. Non se pode dicer que teñan aportado nada, mais si moito ruído. De modo e maneira tal, que se volveu escoitar: “España se rompe”, tamén que cae a solidaridade entre os territorios, que se aumenta a desigualdade e mesmo no cimo do sobresalto verbal -para asustar ao medo- que se pasa dun federalismo a un confederalismo. Nós aseveramos que nada diso vai ocorrer. Como fica de manifesto na literalidade do acordo, nen Cataluña pasa a ostentar o estatus de Estado nen o Estado español, mellor dito, reino de España, deixa de ser un Estado unitario con autonomías de relación asimétrica con el, do mesmo modo e maneira que son diversas entre elas tanto institucional como economicamente falando.
Así mesmo, temos comprobado que España non rompe tan fácil, mellor dito, está moi dura e correosamente pegada para romper por un dame alí unha pouca máis de autonomía (ao 155 da Constitución nos remitimos). Da solidariedade podemos tratar extensamente, mais, só para deixar constancia, citamos o painel fiscal da Comunidade madrileña que de facto converte  Madrid en paraíso desexado por aqueles con apetito desmedido de pagar impostos no limite inferior posíbel. E xa non aludimos ao efeito sede provocado por ser domicilio fiscal de empresas de todo tipo: públicas, privadas e mixtas, así como destinataria pola forza da capitalidade do Estado, dunha serie de investimentos públicos denominados prioritarios fronte a outros. Outra mostra extrema de solidariedade fiscal (á contra) é a conduta dun concello como Jerez de la Frontera, que se permite, cunha débeda de 1.126 millóns de euros (inaudita), desouvir as recomendacións do Ministerio para cobrar os impostos que debe cobrar e tomar medidas de redución adecuada dese monstro (andou reducindo e bonificando pagos de impostos).
Dáse un uso coloquial do termo federalismo aplicado ás relacións fiscais para denominar o sistema autonómico español no financiamento. O federalismo non é -por definición conceptual e por práctica político/institucional no ámbito mundial- equiparábel ou equivalente a un Estado de autonomías que é este, presente desde 1978. A diferenza é nidia. Nun Estado unitario como o español, a soberanía reside no pobo español, representado nas Cortes do Estado e este acorda conceder -estatutos mediante- certas competencias ás autonomías. Certas quer dicer que poden ser todas, mais concedidas, baixo acordo, de desenvolvemento ordinario en xestión.
Esta concesión quer dicer, en termos legais e políticos, que poden ser revogadas como ficou en evidencia coa aplicación fulminante do artigo 155 da Constitución. Federar, fedéranse Estados que acordan se pór de acordo, e manteñen en común o que acorden que conteña o Estado federado: é dicer, o acordo consiste en ceder entre os federados competencias ao Estado común, mantendo a soberanía cada Estado. Na confederación, os Estados confederados limitan a unhas competencias determinadas o rol do Estado. En calquera dos dous casos, non hai comparación entre un Estado de autonomías titular dunha soberanía única, que outorga competencias a outros entes, as autonomías, e as relacións entre Estados soberanos. Intentar levar o debate do financiamento a unha denominación de uso coloquial de federalismo fiscal -que si usan os economistas facendistas-, á parte de inexacto é ousado dabondo. Nen España se rompe nen parece ser tan fráxil para quebrar por un acordo máis ou menos.
O que si pode servir o acordo de financiamento para Cataluña é para reformar a Constitución que ten no momento actual forza de corsé para algunhas relacións institucionais, no autonómico, no local, no ámbito xudicial e máis en dereitos fundamentais das persoas.
A declaración de proxecto estratéxico para Altri contradí non só a letra da lei senón o contido do espírito que inspirou a norma que naceu para promover o medre do tecido industrial galego e ser motor doutras industrias asociadas
A arqueoloxía en investigación en ciencia económica herdeira do camiño aberto polo filósofo Michel Foucault permítenos pescudar as orixes do discurso creador dunha realidade política como a xerada arredor do proxecto Gama de Greenfiber de Altri. Comezando polo nome: o proxecto dunha pasteira -coa ilusión de fibra téxtil- en Palas de Rei foi bautizado como proxecto Gama. E a empresa responsábel no noso país de levalo a cabo, Greenfiber: como resultado dunha práctica habitual, en quen precisa lavado ecolóxico, de se denominar, algo verde. O do nome ten importancia no discurso político porque pode mudar a percepción dun feito cuxa existencia real, co nome propiro, é pouco defendíbel. Altri vén precedido dunha má fama en Portugal e consideraron de comenencia que na Galiza fose asociado a un nome verde e novo, e ademais, en inglés, que dá moita prestancia.
A segunda cata desta análise fará referencia á propagación do contido/obxecto da fábrica pretendida. Díxose até a saciedade fábrica de fibra. Non hai tal. É un proxecto dado a coñecer como pasteira con uso de eucalipto para NO FUTURO producir algo de fibra con celulosa. Fibra para, a súa vez, fabricar tecidos destinados á roupa ou calquer outro destino dos tecidos industriais. A integración no tecido produtivo galego empeza no eucalipto e acaba na pasta celulósica. Aquí non hai produción de tecidos: non hai industria téxtil, temos industria de confección que utiliza tecidos importados producidos maioritariamente en China. A industria galega de confección non é sector téxtil. É de confección. Esta é segunda cata desa prospección arqueolóxica: conexión buscada entre fibra e industria existente. E a industria galega de confección non consume fibra: os seus insumos son as teas elaboradas con fibras de todo tipo, non necesariamente lyocell. Teas son para industria de confección, e lyocell é para a industria téxtil que non existe aquí, e a que existe en España non é suficiente para a demanda de confección, que se nutre de importacións.
O terceiro elo da nosa tarefa de escavación na creación do discurso é examinar polo miúdo a declaración de proxecto estratéxico para a fábrica de Altri en Palas de Rei. Visto que este feito ten tamén varias leituras, non desbotaremos como relevante aquel significante simbólico, xa que grazas á declaración política converte o proxecto en interesante, e non á viceversa: sendo interesante, declárase estratéxico.
A definición de empresas estratéxicas no primeiro Plan Estratéxico de Galicia en 2012 definiu a política industrial que orientaría as decisións nesta materia do goberno galego e máis expón a guía para a declaración de proxecto industrial estratéxico. Deixando á parte os discutíbeis eixos definitorios da política industrial axeitada para o crecemento do noso país, constatamos que se asevera en texto legal distinto do Estatuto a competencia exclusiva do goberno galego en política industrial. Por tanto, o corolario inmediato é a responsabilidade asociada a esa competencia, o seu exercicio en totalidade, a colaboración necesaria con outras institucións de goberno -no interior necesaria coas corporacións locais- e no exterior coas coordenacións que foren requeridas para levar adiante o labor de goberno.
A declaración concreta de proxecto estratéxico deberá ser entendida (di a lei) como acción de política industrial nun camiño de planificación rexional [sic] como instrumento da política industrial orientada a favor do desenvolvemento industrial galego, cumprindo os fins de fomentar a creación e desenvolvemento da actividade industrial, mellorar a competitividade da industria galega, estimular a calidade industrial das empresas galegas, atender as necesidades das pequenas e medianas empresas..., e así 10 fins definidos usando 9 veces o suxeito da política industrial como “empresas galegas”. Nada a engadir, salvo receber con entusiasmo o espírito e mais a letra da lei. Estamos autorizados a interpretar que o lexislador se dirixía ao tecido industrial galego, ás empresas galegas e á política industrial necesaria para Galiza. Non se pode imaxinar que con estes preceptos legais o capital estranxeiro tivese máis acollida, tivese amparo, protección especial e privilexios proprios dunha política creada para o ben do país. Porque calquer lexislador sabe que os acordos, colaboración e control do capital estranxeiro sobarda con moito a capacidade e competencia dun poder público dunha CA. Mesmo deberíamos lembrar que dependendo do tamaño da empresa o poder expresado ou potencial dunha grande multinacional dobrega o poder dun Estado. Por tanto, a competencia deseñada, asumida e posíbel ha ser homoxénea en ámbito e capacidade ao poder da empresa suxeita á regulamentación legal.
No artigo 40 dise: serán considerados proxectos industriais estratéxicos aquelas propostas de investimento para implantación ou ampliación dunha ou varias instalacións industriais que teñan como resultado previsíbel unha expansión significativa do tecido industrial galego ou a consolidación deste. E terase en conta a súa importancia tecnolóxica, un volume de investimento mínimo de 50 millóns de euros, un nivel de emprego superior a 250 postos de traballo, a diversificación que se introduza no tecido industrial galego e a demostración de viabilidade económica-financeira do proxecto candidato.
As vantaxes desta declaración supoñen a non suxeción á licenza municipal, a declaración de utilidade pública e de interese social, así como a necesidade e urxencia de ocupación dos bens e dos dereitos afectados dos que o solicitante terá a condición de beneficiario de expropriación. Así mesmo, os titulares do proxecto así beneficiado gozarán de prevalencia sobre outras utilidades públicas, poderán usar solo empresarial promovido polo IGVS ou por empresas públicas participadas, e, finalmente mais non menor, acceso a subvencións.
En resumo: a declaración de proxecto estratéxico para Altri poderíamos dicer que contradí non só a letra da lei senón o contido do espírito que inspirou a norma que, dicíamos máis arriba, naceu para promover o medre do tecido industrial galego e ser motor doutras industrias asociadas. Altri non incorpora innovación ao tecido galego. Ten un proxecto máis contaminante que a maior parte das outras pasteiras que existen no Estado, Ence incluída, é tecnicamente anticuada e faculta pola vía das vantaxes outorgadas, subvencións e privilexios, a creación dunha situación de agravio co capital galego instalado.
Nunca sospeitaríamos que despois de varias páxinas de norma legal escritas arredor da potenciación da industria galega fora usado como instrumento de atracción ao capital foráneo sen vínculo algún co país nen co seu futuro. Parece que a tradición colonial segue en pé: tratar mellor o estranxeiro que o proprio. Penoso.
O problema non está nos asuntos conxunturais que poida padecer unha pequena cidade en épocas determinadas ou en colectivos de mozos en preparación para o mercado laboral, senón na falta de vivendas a prezo pagábel co salario mínimo. É un escándalo social que unha vivenda de aluguer con certas condicións de habitabilidade teña un prezo no mercado libre igual ou superior a un salario mínimo
Hai en España máis de 26 millóns de vivendas en total; delas, 3.837.328 baleiras e 2.514.511 de uso esporádico. Na Galiza hai 299.301 vivendas baleiras e máis de 24.000 de uso turístico. E hai pisos para aluguer inalcanzábeis para un asalariado medio.
Que a vivenda é un problema para os non proprietarios é unha obviedade. Que sexa un problema social e político de primeira orde xa non é tan claro. O problema de miles de traballadores mozos e menos mozos que nas zonas turísticas non poden acceder á vivenda non vai ser resolvido coas leis actuais. Os problemas coñecidos de desafiuzamento, tampouco. Os pisos patera para acoller emigrantes de última xeración, tampouco. As infravivendas, mesmo de propietarios de renda baixa, imposibilitados de realizar obras de mellora, tamén non. Mesmo os que teñen a titularidade da vivenda, e en realidade son titulares dunha hipoteca, tampouco teñen asegurada a cobertura en paz da súa necesidade. E a tendencia de acumulación crecente en mans de fondos de capital -mesmo estranxeiros- ou directamente intermediarios financeiros, non se poderá deter por imperativo de funcionamento do mercado.
Así mesmo, cómpre lembrar unha evidencia non admitida en certos segmentos da clase traballadora: dereito á vivenda non é equivalente a dereito á compra de vivenda. Dos posíbeis enfoques para abordar este problema adoptaremos un que denominamos esencial por entender a natureza da vivenda como ben de primeira necesidade e non como un ben creado para o mercado. Se ben nesta economía todos os bens son de mercado por funcionar como mercadorías, aí está o poder do Estado como regulamentador/modulador ou mesmo subministrador dos bens de primeira necesidade. O mercado e as súas leis de funcionamento acaban creando monstros.
Se historicamente se foi avanzando na definición e consideración das necesidades sociais, no caso da vivenda -e nestas latitudes- hai un retraso considerábel no seu trato por parte do Estado. O dereito á educación obrigatoria e universal é relativamente recente na historia española, mais é un dereito e un acceso garantido pola lei. O dereito a unha sanidade universal -e no caso español, gratuíta- é tamén froito dunha conquista e unha decisión política valente. O dereito á vivenda, ben esencial, non está estabelecido na práctica, xa que hai enormes dificuldades para efectivizalo.
Imaxinemos que no caso da sanidade pública existise un sistema de sanidade pública cativo, mal dotado, con diferenzas enormes nas distintas comunidades, cunha carta de servizos non universal e convivendo cuns servizos sanitarios privados, subministradores a prezo de mercado de servizos sanitarios para quen puider pagalos e ser usuario. Esta descrición é adecuada para fotografar o problema da vivenda. Un economista liberal diría que hai desaxustes entre a oferta e a demanda, xa que hai vivendas baleiras. Non obstante, a listaxe de áreas tensionadas que facilita a lei polo Dereito á Vivenda non é ampla nen moito menos exhaustiva (e é de elaboración voluntaria).
Tamén se argumenta que os negocios privados entre proprietarios e candidatos ao aluguer son de mercado e xa se regulan por si mesmos, e, finalmente, de facto, promóvese que a intervención pública se mediatice pola construción privada e a menor intervención directa pública. Cun fondo ideolóxico semellante, máis ou menos, considerando a intervención directa do Estado só de tipo paliativo descrebemos o funcionamento da política pública desde a transición a hoxe. A consideración de ben de primeira necesidade e de cobertura universal podería chegar a solucionar o actual problema.
Mais hai unha grande serie de intereses moi arraigados e entrecruzados que son unha auténtica pexa. Considerada mercadoría, dáse compra e venda libre. Existe dereito de doazón, de herdanza e mesmo de ser ben de capital. Existe dereito de apropriación acumulativa (grandes e xigantescos proprietarios), así como a utilización da mesma en mercados especulativos. E finalmente existe o dereito a mantela baleira, sen uso como ben necesario, abandonala e mesmo abocala á ruína máis absoluta en lugar de permitir o seu uso. Con todos estes dereitos vivos -consecuencia de ser mercadoría- pouco futuro se pode esperar dos paliativos e mecanismos compensatorios da acción pública para abordar os problemas da vivenda.
Aseverar que habendo vivendas baleiras e demanda das mesmas cómpre eliminar as rixideces para que exista un mercado fluído, é unha formulación que, á parte de inane, non fai máis que incitar a coñecer outros problemas. Por que hai vivendas baleiras sen uso? Por que hai vivendas sen uso en zonas supostamente tensionadas? Como se pode consentir o apiñocamento en infravivendas? Quen coñece a demanda efectiva de vivendas? Hai censo de demandantes? Hai rexisto de disponibilidade efectiva en mans públicas? Hai censo de proprietarios que mellorarían a súa vivenda se tivesen medios? Non parece que se teña intención de resolver o problema sen nen sequer poder dar unha cifra de demandantes con todas as características precisas para tomar decisións de política económica.
O problema da vivenda non está nos asuntos conxunturais que poida padecer unha pequena cidade en épocas determinadas -afluencia de turistas- ou en colectivos de mozos en preparación para o mercado laboral, senón en falta de vivendas a prezo pagábel co salario mínimo ou con dous salarios mínimos. É un escándalo social -máis alá dun problema- que unha vivenda de aluguer con certas condicións de habitabilidade -consideradas estándar hoxe- teña un prezo no mercado libre igual ou superior a un salario mínimo. Esta característica do mercado si que é identificativa da natureza do problema. Ou ben os salarios son moi cativos, ou traballar 40 horas á semana non é suficiente para ter un lugar para viver digno.
Tamén pode ser que a planificación urbanística das cidades non se fixera de acordo coas necesidades de vivenda, de servizos públicos e de adecuación aos centros de traballo masivos. Podería ser tamén que os intereses entrecruzados dos negocios inmobiliarios/construción e bancarios foran historicamente primando sobre unha política de deseño público do uso do espazo de trazado urbano e de construción de vivendas públicas. Deberíamos considerar tamén a laxitude da lexislación española á hora de permitir a concatenación de dous fenómenos: o deterioro (semella á mantenta) dos centros históricos das cidades, o seu baleirado de veciñanza tradicional e a segunda volta en mans de especuladores para vivenda ocasional e/ou de luxo.
E tamén deberíamos considerar como a política fiscal é un actor interesante na consolidación das tendencias á acumulación, á especulación e mesmo á permisividade do mercado negro de vivendas en aluguer. E non se citou o rol decisivo do turismo masificado e sen ordenar que constitúe -en ausencia doutros motores- un tirón fundamental da economía española. Mais neste caso, para ser tratado á parte, pasa como noutros problemas españois: a apropriación do excedente turístico é privado e as deseconomías e mesmo os disparates de custos sociais son para o sector público.