O nome que me puxeron os meus pais foi Yosehanna Ledesma Ramírez, pero os meus afectos chámanme Yosi. Entre nós, creo que o fan para evitar o h intercalado. Nacín hai máis de 40 anos en Hatillo, o barrio máis bonito da provincia de San Cristovo, na República Dominicana.
Na actualidade, traballo como técnica de Accem, dentro do Programa de sensibilización intercultural e participación de familias migrantes na escola, estando tamén a coordinar o grupo de participación de EAPN Galicia.
Fago parte tamén do colectivo Afrogalegas e son copresentadora de MalhumorHadas e Escola de Familias na radio comunitaria Cuac FM.
Temas de interés