eldiario.es

9

GALICIA

Política económica da crise (e III)

El paro mata

Hai na Galiza a día de hoxe 205.014 traballadores afectados (cubertos e en espera) polas regulamentacións temporais de emprego. A cifra de parados da última estatística dispoñíbel (EPA) para o primeiro trimestre de 2020 é de 156.800 persoas afectadas. É decir, antes de que remate o período hábil de utilidade dos ERTE, a economía galega presenta para os seus dirixentes responsábeis en política económica (chamado habitualmente goberno galego) dous problemas: un, reducir a cifra de paro convertendo os parados en ocupados, e dous, conseguir que os atinxidos pola regulamentación temporal de suspensión de emprego non se convertan en parados.

Para lograr tal obxectivo a medio prazo sería necesario, precisaríamos como país, que existise un plan de acción de política económica capaz de incentivar de forma permanente focos de creación de emprego con arraigo material e económico suficiente para non pendurar do fío das subvencións nin dos subsidios. É certamente un logro que a través das accións de política laboral se teña impedido -momentaneamente- perdas de ingresos para os traballadores afectados pola suspensión de actividade económica derivada do confinamento.

É tamén unha evidencia para os observadores da evolución da economía (que teñan algo máis que desexos marabillosos) que a recomposición da actividade económica, tanto pola vía do consumo como pola vía da oferta, non obedece a un alumado automático como o da feira de Sevilla (hoxe ‘off’, mañá ‘on’), polo que é absolutamente necesario que, á parte de contribuír a que os empregados susceptíbeis de se incluír nun ERTE (que non son todos nin moito menos), se vexan protexidos, se elabore un plan de recomposición económica que sexa quen de abranxer parados de longa duración (restos estruturais e da crise anterior),  traballadores temporeiros, eventuais, esporádicos, marxinalizados e atrapados polo confinamento, así como axudar de forma activa a minorar a carga sobre o erario público, xa que en tres meses de ERTE se gastan aproximadamente 58 millóns de euros no caso galego.

Seguir leyendo »

O último carballo

Ricardo Carvalho Calero

Con Rosalía adoitamos prescindir do apelido. Manuel Antonio asinaba sen el. Unha sorte non menos singular tronza o nome de pluma do escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990) quixo volver nacer ao mundo como Carvalho, un aceno que, na imaxinación dos lectores, podería emparentalo co célebre detective das novelas policíacas de Manuel Vázquez Montalbán. A mudanza do nome obedecía, en Carvalho Calero, a un propósito de coherencia coas súas teses etimoloxistas sobre a ortografía da lingua galega. No entanto, Vázquez Montalbán procuraba honrar as súas propias raíces galegas, e inauguraba un ciclo narrativo no que Pepe Carvalho, ao tempo que desennovelaba os crimes do relato, desennovelaba tamén os crimes da súa época.

Algo hai sempre de policial na filoloxía. Desde a súa fundación, a disciplina foi concibida como arte da depuración e da reconstrucción da orixe, e así o aprendera a xeración de Carballo (aínda non Carvalho) da escola pidaliana. Esa capacidade para escoitar os textos, ese talento para comparalos con outros e ese rigor e amplitude de miras na procura do coñecemento foron talentos que deron lugar á monumental, e por moitos conceptos non superada, Historia da literatura galega contemporánea, resultado da súa tese de doutoramento e froito maior do proxecto editorial de Galaxia na posguerra. Nos seus acertos e nos seus límites, probablemente este traballo crítico e historiográfico sexa, por enriba da súa produción literaria, o principal legado que o autor lle deixou á cultura de Galicia. O longo maxisterio do profesor explica a lealdade coa que autoras como Pilar García Negro, Carme Blanco ou Lydia Fontoira Surís —todas tres, non por casualidade, salientables rosalianistas— teñen continuado o seu traballo. Carballo, despois Carvalho, foi poeta, narrador, dramaturgo, crítico e historiador, mais, quizais, sobre todo, foi mestre. Do seu xeito de entender a docencia dan testemuño experiencias de intenso valor pedagóxico como a súa etapa no colexio lugués Fingoi, do que chegou a ser director, logo de ser apartado durante anos da función pública debido á súa lealdade ao bando republicano. Aínda tardaría en reincorporarse ao ensino universitario, mais este período da súa carreira docente valeulle en 1972 a obtención da segunda cátedra en lingua e literatura galega da historia. A primeira non fora convocada en Galicia, senón en Madrid, no ano 1914: un dato relevante nunha cultura feita de diásporas.

Malia a importancia que na súa traxectoria chegou a acadar a carreira universitaria, o Carballo mozo gardou unha saudable distancia coa vida académica. A Universidade de Santiago non era, nos anos vinte do pasado século, un espazo intelectual que lles resultase especialmente estimulante aos estudantes máis espilidos e, como adoita acontecer coas persoas curiosas que non atopan no mundo o que precisan, un grupo de mozos da xeración de Carballo decidiu crear aquilo que desexaba. Así naceu, no ano 1923, o Seminario de Estudos Galegos, ao que o autor se incorporaría no curso 1926/1927. Nun artigo publicado no ano da súa morte, o autor menciona a irmandade espiritual do SEG co Institut d'Estudios Catalans. No entanto, o principal referente de oposición daquela iniciativa sería a Real Academia Galega da época, que os investigadores mozos consideraban pouco avanzada e desactivadora desde os puntos de vista intelectual e político. O propio estudoso lembra que o espírito dominante do colectivo viña determinado polo maxisterio dos integrantes do Grupo Nós. Entre eles mencionaba a Risco, a Cuevillas, a Castelao e a Otero Pedrayo, aos que lles foran encomendadas, respectivamente, a coordinación das seccións de Etnografía, Prehistoria, Arte e letras e Xeografía. Non é de estrañar que, cando xa o SEG levaba anos cooptado polas institucións franquistas, o home que loitara a favor do bando republicano, arriscando a súa carreira e a súa vida, declarase a súa débeda con respecto a esta herdanza: “Nós éramos seguidores afervoados dos homes de Nós”.

Seguir leyendo »

Don Ricardo: as letras eran el

María Ignacia Ramos e Carvalho Calero

Un día fixen unha comprobación nada ociosa. Se se visita a listaxe dos case 60 protagonistas das Letras Galegas desde 1963 verase que se trata, na súa maioría, de figuras que Ricardo tratou ou estudou. Persoas como Cabanillas, Villar Ponte, Risco, Castelao, Cotarelo, Antón Losada, Aquilino Iglesia, Otero, Celso Emilio, Pimentel, Cunqueiro, Bouza, Blanco Amor, Seoane, Dieste, Ferro Couselo, Fole, Piñeiro, Paz Andrade, Álvarez Blázquez, Díaz Castro, Filgueira ou Fraguas ocupan un espazo na biografía unívoca e inequívoca de Carvalho Calero.

As letras galegas eran xustamente el porque as ordenou, clasificou e canonizou coma ninguén antes fixera e porque contribuíu coma poucos a sumar seis décadas de escrita a aquela bandeira rosaliana erguida con tanto esforzo nos anos do entusiasmo republicano de preguerra, na longa noite da ditadura franquista ou nos anos 80 cando agroma a actual institucionalidade.

Como en calquera empresa humana, na cultura literaria galega conviven figuras moi diversas, todas elas necesarias. Ricardo pertence sen dúbida á categoría das sistémicas. Sendo el un escritor militante en todos os xéneros, asumiu a responsabilidade en tempos moi difíciles de pór orde na casa común e practicar un discurso normalizador. Peneirando os alicerces dunha literatura que se expresa nun idioma minorizado pero que se ofrece ao mundo como “célula de universalidade” cunha ollada de seu.

Seguir leyendo »

O 25 de abril na brétema da memoria

Portugal canta a la libertad desde la ventana en su 25 de abril más atípico

Eramos aínda novos -eu mesmo tamén aínda-. E mais aínda non nos repuxeramos do tremendo impacto da estarrecedora traxedia chilena desatada, dende o centro sen corazón do imperio, pola parella siamesa Kissinger-Friedman o pasado 11 de setembro. Esa data que, até daquela, sempre significara para nós a Diada catalá, mais que dende aquel solpor do verán de 1973 tornaríase para sempre na máis triste e desoladora efeméride da nosa vida adulta -non a do mesmo día e mes do 2001, abofé-.

Entremedias, no lusco-fusco dese mesmo ano, Carrero Blanco 'subira aos ceos nun Dodge Dart' -mais ese magnicidio non mermara a nosa, a miña, tristura-. O brutal golpe de estado contra o governo progresista de Salvador Allende e a Unidad Popular, e a feroz represión xenocida contra o milloriño da cidadanía chilena, mancáranme no acubillo máis íntimo do meu espírito, no cerne da miña sensibilidade ética, e a ferida seguira a sangrar, inda non estiñara meses despois do acontecido.

E nestas chegou o abril do novo ano. E en abril, o 25, ese día que, na nosa casa, celebrabamos cada ano o 'santo' da nosa nai Mina, Herminia Torrado Moldes, a euménide de todos nós. Ninguén nos avisara de que, a partir dese ano, iamos celebralo conxuntamente co aniversario da 'Revoluçâo dos cravos' portuguesa.
Non me acorda en cal momento daquel 25 de abril de 1974 souberamos pola radio portuguesa que a división acorazada de Caldas da Raínha partira cara Lisboa, que entrara na capital, ocupara manseliñamente rúas e prazas da cidade, derrubara o goberno salazarista de Marcelo Caetano e acabara co rexime fascista portugués sen un só tanque botar un cañonazo nin un só soldado disparar un tiro de espingarda. Que a xente botárase ás rúas alborozada e festeira, a confraternizar cos soldados e pórlles caraveis no cano dos seus fusís.

Seguir leyendo »

Política económica da crise (II)

Personal sanitario en las instalaciones del nuevo hospital de Vigo

Dicíamos hai uns días que nos atopabamos con lexitimidade suficiente para analizar -mesmo cun forte contido crítico- as medidas de política económica adoptadas polo goberno do Estado para paliar neste momento os efectos devastadores da crise económica, porque os custos das solucións que se vaian implementando van incidir sobre o conxunto da cidadanía, en concreto, sobre o conxunto dos traballadores, sexan estes activos, pasivos, de alto salario ou duns ingresos ben cativos.

Os gastos da política económica asociada a paliar paro, cesamento temporal de actividade, cesamento de actividade obrigada, salarios de compensación, subsidios… han ser cubertos con fondos públicos procedentes de rendas públicas ou no peor dos casos de débeda pública. É decir, contribuír de forma rápida e decidida a paliar a coñecida caída da demanda directamente vinculada ao desemprego non é unha medida que se poida prolongar temporalmente no medio nin no longo prazo. Despois do choque inicial é imprescindíbel ter un plan de reconstrución da actividade económica. Diríase en termos habituais da oferta.

E xa que falamos de plan, podería ser un plan cunha pinga de orixinalidade. Neste momento non temos probas de que o Goberno do Estado careza dun plan de recuperación, pero hai indicios dunha ausencia polo momento. De existir un plan non se entende a petición a determinados grupos de empresas con beneficio e ansia de repartir dividendos (nunha especie de loucura felices anos 20) feita en comparecencia pública pola ministra de Economía. Tampouco é fácil asimilar as declaracións en sede parlamentar do presidente do Goberno decindo que esta crise fixo aflorar o carácter esencial de certos sectores de actividade económica (???). Foi preciso isto para sabelo?

Seguir leyendo »

Esquerda versus dereita ou democracia versus totalitarismo?

El líder del PP, Pablo Casado (d), pasa junto al ministro de Sanidad, Salvador Illa, durante la primera sesión de control al Ejecutivo.

O titular que rotula esta miña matinación expresa o interrogante que suscita no meu caletre a proposta de Pacto de Estado que, ao parecer, pretendería acadar o presidente do actual Goberno de coalición progresista español coas forzas conservadoras, arestora posicionadas de facto nunha executoria de extrema dereita fascista. Porque me pregunto: a dialéctica política en curso durante esta gravísima crise do coronavirus ten o seu eixo primordial na confrontación entre a esquerda e a dereita, cousa normal, con diversa intensidade, en todo rexime democrático, ou ben encerra no seu seo o conflito entre dúas concepcións antitéticas do poder político, e pola mesma entre dous antitéticos modelos de Estado, a saber, a democrático-republicana e a totalitaria-fascista?

A cuestión non me parece menor porque atinxe á índole mesma da contradición en xogo, e por tanto condiciona o plantexamento mesmo da estratexia e os métodos acaídos para afrontala e resolvela. Se o conflito contrapón entre si ideoloxías e intereses sociais progresistas e conservadores, politicamente representados por forzas que asumen, respectan e practican todas elas os valores democráticos -e, a poder ser, republicanos- cabe que, en circunstancias excepcionais, nas que están en xogo as condicións vitais de existencia do conxunto da cidadanía, poñan unhas e outras o valor sobranceiro do ben común por riba dos seus respectivos intereses peculiares e acorden remar xuntas para superaren e resolveren esa situación social e politicamente crítica. Unha vez resolta, reanudarán o normal combate democrático entre elas.

Mais se o conflito confronta entre si unha concepción democrática e outra antidemocrática, ou sexa, larvada ou explicitamente fascista-totalitaria, calquera negociación para un acordo de Estado resultará ser un xogo trucado, porque para un dos interlocutores o obxectivo encuberto non será o ben común cidadán, senón a remuda do poder democrático polo poder totalitario, o derrube ou a subversión das existentes institucións democráticas constituídas. A non ser algo pior: que esas institucións resulten estar xa baleiradas de contido -e que uns e outros xoguen á pita cega con elas, e cos dereitos e necesidades dun inxenuo ou alienado común cidadán.

Seguir leyendo »

¿Izquierda versus derecha o democracia versus totalitarismo?

El líder del PP, Pablo Casado (d), pasa junto al ministro de Sanidad, Salvador Illa, durante la primera sesión de control al Ejecutivo.

El titular que rotula esta cavilación mía expresa el interrogante que suscita en mi caletre la propuesta de Pacto de Estado que, al parecer, pretendería conseguir el presidente del actual Gobierno de coalición progresista español con las fuerzas conservadoras, ahora posicionadas de facto en una ejecutoria de extrema derecha fascista. Porque me pregunto: ¿la dialéctica política en curso durante esta gravísima crisis del coronavirus tiene su eje primordial en la confrontación entre la izquierda y la derecha, cosa normal, con diversa intensidad, en todo régimen democrático, o bien encierra en su seno el conflicto entre dos concepciones antitéticas del poder político, y por la misma entre dos antitéticos modelos de Estado, a saber, la democrático-republicana y la totalitaria-fascista?

La cuestión no me parece menor porque alcanza a la índole misma de la contradicción en juego y, por lo tanto, condiciona el planteamiento incluso de la estrategia y los métodos necesarios para afrontarla y resolverla. Si el conflicto contrapone entre sí ideologías e intereses sociales progresistas y conservadores, políticamente representados por fuerzas que asumen, respetan y practican todas ellas los valores democráticos -y, a poder ser, republicanos- cabe que, en circunstancias excepcionales, en las que están en juego las condiciones vitales de existencia del conjunto de la ciudadanía, pongan unas y otras el valor singular del bien común por encima de sus respectivos intereses peculiares y acuerden remar juntas para superar y resolver esa situación social y políticamente crítica. Una vez resuelta, reanudarán el normal combate democrático entre ellas.

Pero si el conflicto enfrenta entre sí una concepción democrática y otra antidemocrática, o sea, larvada o explícitamente fascista-totalitaria, cualquier negociación para un acuerdo de Estado resultará ser un juego trucado, porque para uno de los interlocutores el objetivo encubierto no será el bien común ciudadano, sino el cambio del poder democrático por el poder totalitario, el derrumbe o la subversión de las existentes instituciones democráticas constituidas. A no ser algo peor: que esas instituciones resulten estar ya vaciadas de contenido y que unos y otros jueguen a la gallinita ciega con ellas, y con los derechos y necesidades de un ingenuo o alienado común ciudadano.

Seguir leyendo »

Política económica da crise

El coronavirus para la industria del motor y provoca un goteo de ERTE

Hai un cuase-consenso entre cidadáns que se consideran sensatos -e que non teñen, para nós, por que desmerecer esta condición-  que aseveran que non é momento de facer críticas á actuación do goberno. Os argumentos son do tipo de: este asunto foi un suceso absolutamente inesperado; seguíronse as indicacións de organizacións internacionais –OMS-; a Unión Europea non usou os mecanismos comunitarios diante dunha pandemia… Sendo acertadas algunhas destas aseveracións, o certo tamén é que só un concepto adolescente da responsabilidade en xeral, e da de goberno en particular, podería ser aplicábel ao caso da xestión da crise e á focaxe da súa xestión económica. Por esta razón, e non por insensatez nen por aproveitamento político ou electoral de ningún tipo, e, moito menos, por falar en nome dun grupo de presión, é mesmo sensato analizar criticamente o que se fixo, e examinar o que aínda se podería facer.

A experiencia que temos na Galiza de catástrofes permítenos afirmar que o mellor resultado do impacto económico dunha crise desta natureza é a evitación do seu desenvolvemento, tanto no tempo como no espazo. Así, por exemplo, na catástrofe tecnolóxica do Prestige tería sido moito menos grave (ecolóxica e economicamente falando) a recollida do barco e da súa carga nun porto, antes do afundimento e da conseguinte derramadura daquelas 77.000 tonelas de fuel con 2.000 quilómetros de costa contaminada que o fixeron merecente do título -para a historia- do maior desastre ecolóxico da UE.  Neste caso, no caso da pandemia do COVID-19, a mellor medida sería aquela que garantira unha evitación do desastre nos termos e modos máis rigorosos posíbel.

É de esperar que non sexa unha proposta persoal exclusiva de quen subscrebe. Non obstante, non coñezo cita algunha neste sentido (por estes lares), mais só ollando os nosos conxéneres asiáticos se pode deducir que unha actuación nese sentido xa está posta en práctica. O resultado final da crise sanitaria tería sido completamente distinto se no comezo se tivesen tomado medidas duras de identificación, diagnóstico e tratamento dos focos primeiros. O cerramento total de fronteiras exteriores e interiores, logrando o illamento dos primeiros contaxiados coñecidos, así como o seguimento exhaustivo dos posíbeis contaxiados secundarios, tería evitado as actuais medidas, o gasto conseguinte, e a crise económica que se bota enriba inevitabelmente.

Seguir leyendo »

A quen poñemos a salvo no búnker?

Personal sanitario atiende a enfermos de covid-19 en el Hospital Clínic de Barcelona

Souben pola prensa que, perante a situación de emerxencia do país debido ao COVID-19, a Sociedad Española de Unidades Intensivas, Críticas y Unidades Coronarias (Semicyuc), elaborou o documento denominado "Recomendacións éticas para a toma de decisións en situacións excepcionais de crise debido á pandemia COVID-19 en unidades de coidados intensivos". A primeira vista, este tipo de medidas teñen moito sentido. En momentos coma estes, é necesario establecer protocolos de actuación claros que axuden os profesionais a tomar decisións complexas. Pero, como conto, é o efecto da primeira impresión. No meu caso foi suficiente con raspar un pouco para ir mudando a miña posición corporal e plantexarme moitas dúbidas, porque a tradución destas instrucións é, cando menos,  preocupante. Os médicos de coidados intensivos terán que utilizar a esperanza de vida do paciente ou o "valor social" como criterio para decidir o seu ingreso na UCI.

Entón apareceron na miña cabeza as lembranzas que hoxe comparto. Quen sabe, se cadra deste xeito é máis doado facerme entendelo. A miña avoa sempre repetía o dito "moito axuda o que non entorpece", refrán que para moitos de nós tomou sentido literal despois de aceptar que o mellor xeito de axudar a frear o COVID-19 é quedar na casa, porque se non estariamos a estorbar, tan sinxelo coma iso. Tamén pensei niso de "mulleres e nenos primeiro", imperativo categórico ou práctica cabaleirosa cunha grande carga machista onde a visión carca remarca as diferenzas entre homes e mulleres, situándoas nunha situación de inferioridade e vulnerabilidade. Ao parecer, esta frase non é máis que un mito, imaxinan vostedes unha sociedade onde o opresor pon a vida dos máis vulnerables diante da súa? Difícil de crer, non si?

Lembrei o que sentín cando un profesor propuxo na clase realizar a dinámica do búnker. Consiste en imaxinar que chega un virus que ameaza con matar a todas as persoas da nosa cidade. Por sorte, hai un búnker que protexerá a calqueira que quede dentro del durante a epidemia, pero os recursos e o espazo son limitados e só se pode garantir a vida de cinco persoas. É posíbel que vostede e máis eu non esteamos entre os que se poidan salvar, pero temos o poder de decidir quen o fai. É moita a responsabilidade e a información é limitada, pero debemos escoller con coidado a quen salvar a vida para asegurar que a humanidade continúe.

Seguir leyendo »

Necesitamos unha catástrofe?

La residencia de mayores de Celanova (Ourense), con 24 positivos por COVID-19

Nas linguas zulú e xhosa existe un proverbio que expón unha regra ética clara e  incontestable: “ubuntu”. A expresión, que nós coñecemos polo software libre, vén significar algo así como “eu son porque ti es”.  Agora, na pandemia, afirmacións coma estas parecen ir deixando de ter ese aspecto mexeriqueiro de retórica mindfulness e comezan a situarse no centro mesmo do noso relato. Hai pouco Zizeck, comparando ao coronavirus co Kill Bill, atreveuse a enunciar a necesidade dese golpe no corazón do sistema capitalista para sermos quen de repensar as características básicas da sociedade na que vivivos.

A necesidade de poñer a vida no centro e os coidados á luz, leva sendo unha das reivindicacións urxentes do feminismo, especialmente visible a partir do acontecido nas prazas do 15M e a cultura política que veu detrás. Con todo, tendimos a recibir estas chamadas a outro mundo posible como quen oe chover, sempre baixo a sospeita de utopía benintencionada. Soflamas antisistema de asemblea libertaria, de casa okupa, de anarcoides e “perroflautas"...

Pero de súpeto vén isto e desde o búnker hiperconectado das nosas casas vemos vellos que choran angustiados por tras das fiestras das súas residencias, convertidas en lazaretos, vemos piras de cadaleitos amoreados nos vehículos militares, imaxinamos a macabra escena dos corpos conxelados na morgue dun inmenso Palacio de Xeo…  e estóupannos na cara todas as contradiccións que temos como sociedade avanzada.

Seguir leyendo »