Galicia Opinión y blogs

Sobre este blog

La portada de mañana
Acceder
Una denuncia de la extrema derecha lleva al límite al Gobierno de Sánchez
Crónica - El día que Sánchez se declaró humano. Por Esther Palomera
Opinión - El presidente Sánchez no puede ceder

O factor humano

0

En 2015, a cadea pública estadounidense PBS estreou unha serie documental sobre marabillas arquitectónicas da antigüidade. Nela, un equipo de enxeñeiros trataba de reconstruír a escala prodixios como o toldo retráctil do Coliseo romano ou os templos escavados na rocha de Petra sen empregar máis que os materiais e instrumentos cos que contaran os seus predecesores da Idade Antiga. Tras múltiples fracasos, o narrador do documental conclúe en cada episodio que os antigos romanos, fenicios ou exipcios eran uns prodixios da enxeñaría. Tamén existe outra versión do mesmo conto, nese tipo de programas que rematan xa de madrugada, na que se apunta a posibilidade de que o berce da civilización fose en realidade de orixe extraterrestre, de aí os fitos arquitectónicos.

Co que nin un nin outro tipo de programa contan nunca é co factor humano. Os prodixios da civilización construíronse sobre os lombos dos milleiros de persoas que puxeron os seus corpos ao servizo do Faraón, do Rei ou do Papa. Ou do emir de Qatar, se queremos marabillarnos pola arquitectura moderna.

Neste mes tan dado aos recontos e rankings, no medio das cancións máis escoitadas deste 2022, os libros máis vendidos, os mellores memes, estou á espera de que o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) publique o seu informe sobre sinistralidade laboral, que xa anunciaron peor que o do ano anterior. Os peores accidentes de 2021 deitaron datos devastadores: 49 persoas deixaron a vida no posto de traballo. Xa non somos escravos no Coliseo nin nas pirámides, pero seguimos a ter obreiros esmagados por maquinaria, afogados, precipitados ao baleiro, amputados de golpe os seus membros, e empresas que subcontratan empresas facendo de cada vez unha sobria declaración aos medios: “esta morte foi inevitábel”. Como non imos poder evitar un accidente laboral se podemos frear unha pandemia?

A última vítima mortal do traballo á hora de escribir estas liñas foi un vigués de 42 anos que apenas levaba unha semana traballando para unha empresa auxiliar do naval. Os seus patróns falaron de “cúmulo de fatalidades”, o que vén sendo outra forma de dicir que a súa morte foi inevitábel. Os seus compañeiros, porén, téñeno claro: faltan medios de prevención, faltan inspeccións de traballo e sobra precariedade que obriga a traballar en condicións perigosas. Ninguén do goberno galego, ao que apelaron directamente, se pronunciou.

Cando un accidente coma eses abre o boletín horario da radio, conteño a respiración por un intre agardando calquera detalle: a localidade, o sector, a idade do traballador... En canto un deses datos disipa o meu medo penso que, se cadra, ter a familia empregada en sectores que de cando en vez saen nos titulares lutuosos dá conta da miña tendencia ao drama, do nanosegundo de dúbida cando soa o teléfono en horario laboral. Supoño que para moitas outras persoas que poñen a radio pola mañá, a noticia dunha caída máis en altura, doutra máquina que tragou un ser humano, non é máis ca un dato perdido entre tantos outros que ocupan a información diaria. Que queren que lles diga, prefiro a miña tendencia ao drama. A outra opción sería asimilar como dato estatístico as 49 mortes do ano pasado, as 45 que levabamos só no primeiro semestre deste ano. E cando só falamos en termos estatísticos, coma se fose aceptábel que unha porcentaxe de persoas vaia ao traballo a deixar a vida, é cando empeza a verdadeira traxedia.