Galicia Opinión y blogs

Sobre este blog

La portada de mañana
Acceder
El Supremo quiere juzgar a Puigdemont por terrorismo "de baja intensidad"
La industria de la carne lleva años pagando para bloquear políticas climáticas
Un paso más del Supremo contra la ley de amnistía. Opina Javier Pérez Royo

Lexitimidade da oposición ás eólicas

0

A forma da competencia empresarial nesta etapa histórica de capitalismo de dominio monopolista posúe características propias. Unhas exarcebadas, similares á doutras etapas, e outras en novas frontes que lle dan un carácter singular. Agora non está ben visto lograr por ocupación nun territorio determinado da parte civilizada do mundo unha instalación industrial, unha explotación mineira, uns muíños eólicos. A competencia entre industrias líbrase nun campo limitado por normas regulamentadoras que determinan aspectos técnicos moi concretos que non teñen a ver coa capacidade financeira, nen co saber facer industrial, nen coa existencia de forza de traballo cualificada. Tratándose de empresas de grande tamaño ou de capacidade innovadora probada, o coñecemento e cumprimento das normas non é un problema. Previamente consta o marco legal da UE; sábese cales son as tendencias predominantes na evolución dese marco; coñécese como vai ser a lexislación no caso de instalacións suxeitas a exame de impacto medioambiental; estase ao corrente dos movementos dos competidores directos así como das oportunidades financeiras dispoñíbeis…

Só queda un pequeno detalle xa que cando de disposicións con contido medioambiental se trata, como é o caso das eólicas, hai certos resquicios que facilitan nuns casos, ou dificultan noutros, a decisión de investimento en tal ou cal territorio. Un caso vale para ilustrar: vento hai moito nas serras que circundan a cidade de Madrid pero a lexislación autonómica impide colocar muíños en territorio reservado a nobres investimentos inmobiliarios. Ergo, con protección medioambiental do territorio adecuado tecnicamente, non hai eólica que valla.

A penalidade que están sufrindo as empresas que tomaron o territorio e o mar circundante a Galiza, como se de Ghana se tratase, é causado pola regulamentación levada a cabo pola Xunta. É mellorábel no sentido técnico/normativo e máis medioambiental. A presión política das empresas, logo das derrotas nos xulgados é grande, en todas as frontes, incluída a dos medios de comunicación. Hai que insultar, desprestrixiar, vexar, ridiculizar á oposición. Hai contestación pública contra o rol galego como subministrador pasivo de enerxía, sen retorno ningún para o país. E parte desa batalla consiste en esmagar o dereito á oposición nos medios de comunicación controlábeis.

Semella que as opinións teimuda e abafantemente difundidas polo xornal do goberno galego e os medios públicos ao seu servizo colocan os marcos da lexitimidade das opinións a verter sobre a eólica na Galiza. É dicer, fóra do pensamento a favor da eólica só existe a barbarie.

Este pensamento dísenos que é a única opción de se situar cos tempos marcados por Europa, o mundo, a industria do futuro, e en xeral todo o que está deste lado da civilización. Certo é tamén que neste momento non veu dar azos de éxito nen de vento favorábel a tal propaganda a celebración en Dubai da 28ª Conferencia das Nacións Unidas sobre o cambio Climático, COP28: non hai problema, han seguir insistindo coa mesma matraca. A única razón é a do capital: ocupar un lugar no espazo industrial futuro da produción de electricidade coa marca verde (ou de lavado a verde).

Dáse o caso de que a observación fría e con certa distancia das condutas e propostas doutros gobernos doutros países pódenos permitir situar as nosas posicións, que non son técnicas, agás na medida do uso da racionalidade que o coñecemento de economista obriga, senón políticas. Exactamente do mesmo xeito que as manifestadas polos representantes da industria, dos seus turiferarios, dos seus gobernantes conectados e dos pseudo-ecoloxistas que intentan colarnos aquí outra vez a sobreespecialización enerxética.

Como foi a cimeira de Dubai? Case dá a risa, senón fose porque nos vai a vida futura nas súas deliberacións e acordos. Pasouse da tímida expectativa dunha conferencia ONU para o control do cambio climático nun dos primeiros países da OPEP, cuarto exportador mundial, á saír con máis nucleares que antes de comezar o século XXI, con máis países producindo enerxía con carbón, petróleo e gas natural que antes, e cun fondo voluntario para remediar os desastres do cambio climático nos países menos ricos e máis afectados. Reiteramos: éxito total.

Para comezar, non asistiron todos os que debían estar para facer críbel o debate e as propostas. Nen o primeiro contaminador mundial (os EEUU) se fixo representar polo seu Presidente, nen o segundo, R.P. China. O terceiro en liza, India, acudíu sen pechar as térmicas de carbón, dise que en aumento, e sen asumir os acordos finais. E, máis próximo a nós, pero modelo de realización política de comenencia e/ou hipocresía absoluta entre o declarado e os feitos, é o Reino Unido. En setembro pasado acordou e comunicou que deixa até 2035 en suspenso a prohibición de vender coches de combustión. O seu Xefe de Estado contrapón unhas declaracións a subscribir por un ecoloxista de pro coa política deste momento do goberno británico. Despois de ser os primeiros cunha norma legal para eliminar por completo as emisións de gases efecto invernadoiro, pasou a reiniciar a concesión de licencias para extraer petróleo e gas natural nos xacementos do Mar do Norte, o que supón de feito esquecer a meta da eliminación do uso de combustíbeis fósiles en 2050. Acábase de abrir unha nova mina de carbón, a primeira desde a época Thatcher. Ás instalacións eólicas semellan ter chegado á fin, xa que non só non hai neste momento novas instalacións senón que non hai solicitudes novas. E agora o máis interesante (para nós): o Goberno declara “seguimos sendo uns líderes na loita contra o cambio climático pero polo momento o Reino Unido segue precisando petróleo, gas e carbón” Así mesmo, o tamaño da débeda aconsella non levar a cabo o investimento previsto de 30.000 millóns de libras en enerxía verde.

Estados Unidos, República Popular China, India e algún outro estado desta parte do mundo resultaron ser débiles defensores da mesma política enerxética que se proclama en UE e da que, na Galiza, resultamos vítimas no sentido de nos ter atribuído o papel de salvadores do mundo na transición enerxética. É cómico xuntar os argumentos sobre a nosa responsabilidade para nos deixar colocar muíños até no tellado da Catedral. Nós, seguindo o claro exemplo de ben saber facer internacional dunha potencia como é o Reino Unido declaramos: precisamos industrializarnos á nosa maneira e segundo as nosas condicións e necesidades. Precisamos enerxía, pero non tanta como para ter que producir máis da actual, pois xa estamos exportando. Precisamos medrar para nós, non para que outros se aproveiten dunha produción enerxética nosa. E precisamos unha rede ferroviaria propia electrificada para non ter que pensar no transporte por estrada. Por que o Reino Unido, India e demais concurrentes poden facer e dicer o que temos sabido e nós debemos cumprir o que din as empresas e os gobernos español e galego???