La portada de mañana
Acceder
ENTREVISTA | Castells: "La derecha ha perdido un poder que siempre creyó suyo"
España, pendiente de cuándo Europa cortará el grifo del gasto público
OPINIÓN | Razón y servicio: sobre quién nos ha de gobernar, por Elisa Beni

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de eldiario.es en Galicia.

Riego, A Coruña e a fonte do Toural

La batalla de Cavite, en la bahía de Manila, entre España y Estados Unidos, 1898.

0

A historia de España un pouquiño mistificada si que foi. O meu exemplo preferido é o do desastre do 98. Non me digan que non é unha xenialidade sensacional transformar unha derrota nunha guerra colonial nunha crise espiritual sobre o Ser de España. Colosal. Simplemente magnífico.

España está chea de sedicentes liberais. Liberais que, mesmo, gobernan o concello e a comunidade de Madrid. En Madrid está a praza De la Cebada, un recanto do barrio de La Latina. Nesa praza foi conducido ao cadalso, nunha cesta, de modo infamante, Rafael del Riego, o militar que máis excitou a imaxinación do liberalismo español do século XIX. Pérez Galdós e Pi i Margall relataron o terrible momento. Nesa praza só unha modestísima placa dá noticia da vil execución do xeneral ordenada por Fernando VII. O Rei felón mandou que non só fóra aforcado, senón despois decapitado. Dise que o populacho xogou a darlle patadas, ao balón coma quen di, á súa cabeza.

Se Riego foi, de feito, un ídolo adorado, un santo civil, débese a que, como rezaba un panfleto sevillano, “un estado de exaltación idealista en el alma colectiva de la nación buscó y halló en Riego quien personificase los sentimientos patrióticos del momento”. O Cancionero de Riego e o Trágala, perro! foron a expresión máis popular da oposición ao absolutismo pero hoxe pouca memoria se cultiva do destino do xeneral. É outro exemplo de símbolo poderoso desactivado pola interpretación conservadora da historia. Con todo, o Himno de Riego foi o himno das dúas repúblicas que tivo España.

Estamos no 2020, e aínda en plena pandemia, que copa todos os titulares, podería haber un lugar para a conmemoración do segundo centenario do Trienio Liberal, que comezou o 1 de xaneiro de 1820, despois de que Riego se alzara en Cabezas de San Juan, na provincia de Sevilla, á fronte dun exército que non quería volver a ser diezmado en América. Fernando VII quería enviar alí a un exército maioritariamente liberal para desfacerse del e, ao tempo, impedir as independencias latinoamericanas, xa se veu con que éxito.

Por fortuna, A Coruña celebrou o bicentenario o 21 de febreiro, a data en que a cidade, ao apoiar o alzamento de Riego, puxo a rodar a bóla que determinou o trunfo liberal. Unha exposición en outubro, dirixida polo historiador Xosé Alfeirán, sobre o Trienio Liberal completará a conmemoración. Será un grao de area, que non oculta o escaso eco que o alzamento contra o absolutismo, un punto de inflexión na historia de España, está a ter.

Ese “pronunciamiento” non tería éxito, de feito, sen o concurso dos liberais coruñeses. Cando xa parecía que todo estaba perdido para o exército expedicionario de Riego, Galicia acendeu o lume resucitando a Constitución de 1812 como fórmula política dunha nova etapa histórica.

Foi a Coruña a primeira cidade que se puxo á beira dos sublevados. Despois, Zaragoza, Barcelona e outras cidades sumaríanse facendo caer o poder absolutista. Na cidade tanto os militares da guarnición como a maioría dos comerciantes e notables coruñeses eran liberais. Nunha imaxe memorable, os oficiais que estaban dentro de Capitanía, no denominado Salón do Trono, ergueron o sabre e detiveron ao absolutista capitán xeneral Venegas cando facía unha recepción para tomar posesión do cargo.

Ironías da historia, foi Carlos Espinosa de los Monteros y Ayerdi, quen se puxo á fronte do golpe de man, ocupou a Maestranza e repartiu armas aos paisanos fóra de Capitanía. Ao morrer o tamén coronel Félix Acevedo e membro da Junta Suprema pouco despois perseguindo unha partida de absolutistas no Padornelo quedou Espinosa como xefe do exército constitucionalista galego. A saber, se vivira, que pensaría dos seus descendentes. Efectivamente, pasa nas mellores familias.

A Coruña era dende logo un baluarte liberal. Xa en setembro de 1815 se produciría o fracasado pronunciamento de Porlier, posiblemente traizoado por uns sarxentos pagados polos realistas. No Café de La Esperanza –na mesma rúa Real na que despois se instalaría o Casino Republicano- reuníanse militares, funcionarios e comerciantes: os liberais tiñan o costume de reunirse en cafés e outros lugares para comunicarse as noticias, ler os xornais e debater ideas e solucións. Un hábito que fixeron institución creando Sociedades Patrióticas. A da Coruña foi, ao parecer, a primeira das formadas en España.

Os liberais eran conscientes de que era necesario triunfar en toda Galicia para o éxito do alzamento e, por iso, constituiron unha Junta Suprema de Gobierno del Reino de Galicia que pasou a estar encabezada por Pedro Agar despois de ser liberado da súa prisión en Betanzos. Agar tiña sido presidente do Supremo Consejo de Regencia de España durante as Cortes de Cádiz.

Xunto con Riego, foi o betanceiro Antonio Quiroga o militar máis notable dos pronunciados. Era, de feito, o xefe das tropas que se sublevaron en Andalucía e un dos máis conspicuos líderes do liberalismo herculino e español. Sobre a súa figura, non moi estudada, deixou algunha noticia Antonio Meijide Pardo. Por certo, a fonte da compostelana praza do Toural foi construída en 1820 e nela fulxíu durante moito tempo unha estatua que quería perpetuar a memoria do xeneral don Antonio Quiroga i Hermida representando a Marte.

O propio concello aprobou que a praza e fonte se chamaran "Plazuela y Fuente de Quiroga" e tivo esta dedicatoria: "El pueblo compostelano al restaurador de la Constitución política en 1820". No corazón de Santiago tamén se celebraba o alzamento liberal. No ano 1948, Franco mediante, a figura do xeneral foi substituída por unha ánfora. Outro exemplo, mínimo tal vez, de cómo se constrúe a historia.

Mínimo, pero moi repetido. Uns anos antes, ao acabar a guerra, en 1939, as tropas franquistas ao entrar en Madrid destruiran con saña a estatua de Mendizábal, que, por certo, chamábase Méndez e puxérase ese sufixo para darse pote. Estaba situada na praza de Tirso de Molina, moi perto do Rastro. Aquí e alí había que derrubar. O que? O que puido ser e non foi.

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de eldiario.es en Galicia.

    Autores

Etiquetas
Publicado el
13 de septiembre de 2020 - 06:01 h

Descubre nuestras apps

stats