Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.

A poeta da Pobra de Brollón Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020

Olga Novo, premio nacional de Poesía

elDiario.es Galicia

0

A poeta Olga Novo acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía 2020 pola súa obra Feliz idade, publicado por Faktoría K o pasado ano. Este ano, Olifante publicou a súa tradución ao castelán. O premio, concedido polo Ministerio de Cultura, está dotado con 20.000 euros.

O xurado elixiu esta obra “por tratarse dun relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis alá do tempo”. Segundo o fallo comunicado este xoves, “o libro é unha criatura viva que relaciona maternidade e morte cunha profunda presenza crítica da memoria histórica”. O xurado salienta a voz poética de Novo, “inconfundible e de gran potencia” que “conxuga autencticidade e verdade e distínguese pola súa linguaxe visionaria que trae á contemporaneidade o eco ancestral de toda unha tradición literaria”.

Olga Novo (Vilarmao, A Pobra do Brollón, Lugo, 1975) é doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Encadrada pola crítica dentro da denominada Xeración dos 90, o surrealismo é unha das forzas principais que actúan dentro da súa obra. Sensual, vitalista, dada ao verso longo, de gran dominio rítimico, a súa poesía atópase entre as máis recoñecidas e traducidas da literatura galega actual. Dos seus tres primeiros poemarios, A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997, Premio Losada Diéguez de Creación) e A cousa vermella (2004), os comentaristas sinalaron o seu gran torrente vivencial e a súa forza expresiva. Tamén publicou Cráter (2011), Premio da Crítica española.

Etiquetas
stats