Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.

Ayt. de A Coruña

A música electrónica conquista A Coruña co Fanzine Fest e inaugúrase unha exposición de realidade virtual na Cidade da Cultura

Samuel Kerridge, una de las estrellas de esta edición del Fanzine Fest

José Luis Estévez

0

Por se aínda non te decataches, o Nadal está a piques de chegar e a axenda cultural pecha o ano antes de entrar nesas semanas nas que a actividade non desaparece senón que cambia de formato para abrirse a un público máis familiar. Pero estes días aínda temos propostas atractivas como o Fanzine Fest que enche de música electrónica A Coruña esta fin de semana. Tamén no apartado musical teremos outras opcións como os concertos de Juancho Marques e El Columpio Asesino en Santiago e o de Carlos Núñez no Teatro Rosalía da Coruña.

No que se refire ás artes escénicas, esta semana hai dous eventos moi atractivos e con humor. En Ourense e Vigo estarán Cimas & Vaquero coa súa particular forma de entender a comedia mentres que no Teatro Colón da Coruña haberá varias actuacións dos humoristas coruñeses Touriñán e Perdomo. Unha boa forma de botar unhas risas antes da maraña de bos desexos de Nadal para todos en todo o mundo. E en Santiago acaba de inaugurarse na Cidade da Cultura unha exposición baseada na realidade virtual que nos permite viaxar a diferentes hábitats naturais do mundo. Non está nada mal tendo en conta o caro que custa viaxar estes días próximos ao Nadal. O que non se pode consolar, é porque non queres. Imos con todo.

Electrónica completa no Fanzine Fest. A Coruña. Venres 8 de decembro e sábado 9 de decembro

A capital da Coruña vive un ano máis unha nova edición do Fanzine Fest, dedicado á música electrónica, que esta semana pecha con dúas citas moi especiais. Un o venres pola tarde na Fundación Luís Seoane e outro o sábado pola noite na sala El Túnel, situada nos baixos do Coliseum. O británico Samuel Kerridge será un dos protagonistas da noite.

Cimas & Vaquero, un humor diferente. Ourense e Vigo. Venres 8 e. Sábado 9 de decembro

Como eles mesmos anuncian con humor, chega un espectáculo único que nunca se volverá ver...por sorte. Raúl Cimas e Vaquero visitan Galicia nunha xira con dobre cita, o venres 8 no Auditorio Municipal de Ourense e ao día seguinte no Auditorio Mar de Vigo. Risas garantidas para os seguidores deste tipo de humor que vai un pouco máis aló do convencional.

Juancho Marqués en Santiago. Sala Capitol. Xoves 14 de decembro

Hip-Hop, electrónica e pop mestúranse nas composicións deste rapero de orixe andaluza residente en Madrid que conquistou escenarios de toda España nos últimos anos. Na sala Capitol de Santiago presentará os temas do seu último disco, Paraíso 39.

Hábitats naturais en RV no Gaiás. Santiago. Museo da Cidade da Cultura. Ata finais de maio

Hábitats. Natureza estendida é o título desta nova exposición que acaba de inaugurarse no Museo da Cidade da Cultura de Santiago e que permitirá a nenos e maiores mergullarse en espazos naturais moi diversos do mundo. A idea é dar a coñecer estes espazos de forma virtual e concienciar sobre a necesidade de conservalos. A Gran Barreira de Coral de Australia, a selva amazónica e a Antártida son algúns dos espazos que case se poden tocar.

Outras propostas:

Perdomo e Touriñán na Coruña: Sen dúbida son os máximos representantes do que poderiamos chamar Humor coruñés. Actúan este venres 8 e sábado 9 no Teatro Colón da súa cidade.

El Columpio Asesino despídese en Santiago: Son unha das bandas indie españolas máis influentes dos últimos tempos. Agora despídense cunha xira por toda España con parada na sala Capitol de Santiago este sábado día 9, coas entradas esgotadas.

Carlos Núñez no Rosalía: O noso gaiteiro máis internacional presenta este mércores 13 no Teatro Rosalía da Coruña o seu novo traballo, Celtic Sea .

O Mesías de Haendel na Coruña: A Orquestra Sinfónica de Galicia quenta o Nadal cun clásico destas datas, o Mesías de Haendel . Actuacións o venres 8 e o sábado 9 no Palacio da Ópera.

Etiquetas
stats