O pop de Teenage Fanclub, o jazz contemporáneo de Kamaal Williams e o novo flamenco de Niña Pastori visitan Galicia esta semana
Esta semana, na que parece que por fin comeza o verdadeiro outono, temos unha axenda moi ocupada, con visitas de luxo no aspecto musical, como o British Teenage Fanclub e Kamaal Williams e a andaluza Niña Pastori. A eles hai que sumar outros destacados artistas que estes días se botarán polos escenarios galegos como o rapero madrileño Bewis de la Rosa ou as bandas Sidonie e La La Love You que pechan esta fin de semana as actuacións da Festa do Marisco de O Grove. .
No apartado teatral seguimos ao longo deste mes coa gran programación de actos exteriores e interiores no FIOT de Carballo e en Santiago poderase ver á gran Nuria Espert na obra La isla del aire . Na Coruña Xosé Antonio Touriñán estará no Teatro Colón co seu espectáculo Aqui Tou! . Para público de todas as idades, continúan nas próximas semanas as galas internacionais de maxia do festival Galicia Ilusiona, que estes días pararán en Pontevedra (sábado 14) e Ourense (domingo 15). E se optas por botarlle unha ollada a unha exposición, en Santiago acaban de inaugurar na Fundación Granell unha mostra sobre o mundo do xogo e o surrealismo. Temos de todo e imos con el.
Teenage FanClub de Ferrol. Auditorio municipal. Venres 13 de outubro
A banda escocesa é un dos grupos de culto de power-pop de principios dos 90 que pervive ata hoxe e segue tendo moitos seguidores en toda Europa. Chegan este venres día 13 ao Auditorio de Ferrol. Podes mercar as entradas aquí .
O sofisticado jazz de Kamaal Williams en Vigo e A Coruña. Luns 16 de outubro e martes 17 de outubro
O músico londinense chega a Vigo (Radar Estudios, luns 16) e A Coruña (Garufa Club, martes 17) para mostrar a súa arte de construír atmosferas sonoras mesturando sons de jazz con ritmos psicodélicos e rhythm & blues. Gran oportunidade de ver a un artista que rompe os moldes con respecto ao jazz tradicional. Podes mercar as entradas aquí .
Edipo en 15 minutos no FIOT. Carballo, escenarios diversos. Ata o 31 de outubro
O festival FIOT de Carballo continúa coa súa incesante programación de espectáculos escénicos de todo tipo, que inclúe esta semana a estrea de Ananké. Edipo en 15 minutos , unha micropeza de Contradictoria Compañía que se exhibirá en diferentes proxeccións ao longo do sábado día 13 Ao día seguinte chegará ao Pazo da Cultura a obra El Traje , co ferrolán Javier Gutiérrez como un dos protagonistas. . Aquí podes consultar a programación e mercar entradas.
Xogo e surrealismo na Fundación Granell. Fundación Eugenio Granell, Santiago. Ata finais de novembro
A relación entre xogos e surrealismo é o eixo central da mostra que acaba de inaugurarse na Fundación Eugenio Granell de Santiago e que conta con pezas de artistas nacionais e internacionais para explorar a íntima relación que o mundo do xogo e o surrealismo mantiveron ao longo das décadas.
Outras propostas:
Bewis de la Rosa en Santiago: A rapera madrileña Beatriz del Monte actúa na sala Capitol de Santiago este sábado día 14 para presentar o seu primeiro disco, no que se amosa como unha muller comprometida co mundo rural e co feminismo. Podes mercar as entradas aquí .
Niña Pastori en Vigo: A artista gaditana actúa o domingo día 15 no Auditorio Mar de Vigo para presentar as súas novas cancións. Podes mercar as entradas aquí .Nuria Espert en Santiago: A mítica actriz española protagoniza xunto a outros catro intérpretes a peza La isla del aire de Mario Gas. Será este venres día 13 no Auditorio de Galicia .
Festa do Marisco no Grove: Esta fin de semana remata a Festa do Marisco coas actuacións de Sidonie e La La Love You, entre outros.
Galicia Ilusiona en Pontevedra e Ourense: Esta fin de semana chegan a Pontevedra e Ourense as galas máxicas do festival Galicia Ilusiona.
Touriñán en Colón: Aquí Tou! é o espectáculo de monólogos protagonizado por Xosé Antonio Touriñán, coa súa propia vida como eixo reitor. Diversión garantida este sábado 14 no Teatro Colón.
0