Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.

Ayt. de A Coruña

O rap de Natos e Waor chega á Coruña e Ourense recibe as voces de Hinako Omori, Nadine Khouri e Wallis Bird

Los raperos Natos y Waor en el festival Conexión Valladolid.

José Luis Estévez

24 de noviembre de 2023 06:30 h

0

Afrontamos a recta final de novembro con mellor tempo e xa preparándonos para o furacán de Nadal que este venres xa ten o seu gran inicio en Galicia (e no resto do mundo segundo algúns) co aceso da iluminación de Nadal en Vigo. No que se refire á programación cultural, a música volve ser protagonista esta semana con concertos como o dos raperos Natos e Waor no Coliseum da Coruña, a actuación de tres cantantes de moi diversa procedencia no ciclo Voces Femininas. do Teatro Principal de Ourense e a clausura do Festival Outono Códax en Santiago, con Nikki Hill e The Beat de Palookaville.

Na sección de teatro de Santiago podedes ver esta fin de semana a obra Sibarís , baseada na obra homónima de Domingo Villar e no Teatro Rosalía de Castro da Coruña temos a peza Búho , de Diego Lorca. En canto ás propostas artísticas, recomendamos facer un percorrido pola Fundación Luis Seoane da Coruña, onde teñen as exposicións do festival de fotografía FFoco e outra mostra dedicada ao cineasta portugués Pedro Costa. Imos con todo.

Natos e Waor no Coliseo. A Coruña. Sábado 25 de novembro

Gonzalo e Fernando, coñecidos como Natos e Waor, son un dos dúos de hip-hop máis coñecidos da escena española dos últimos tempos. Agora chegan ao Coliseum da Coruña coa xira do seu último disco, “Luna fille”, pero tamén repasarán temas da súa traxectoria, sobre todo do seu exitoso disco Cicatrices .

Voces Femininas en Ourense. Teatro Principal. Venres 24 de novembro

Tres cantantes afincadas en Londres, a xaponesa Hinako Omori, a libanesa Nadine Khouri e a irlandesa Wallis Bird, conforman o gran cartel do concerto do ciclo Voces Femeninas en Ourense. Un trío de luxo para comprobar o estado de saúde da escena musical londinense nestes tempos.

Nikki Hill en Outono Códax. Santiago. Sala Capitol. Venres 24 de novembro e sábado 25 de novembro

O ciclo de música soul-rock remata esta semana en Santiago cunha dobre cita moi atractiva. O venres 24 chega a norteamericana Nikki Hill, un furacán musical ao que moitos comparan coa gran Tina Turner. E o sábado 25 é a quenda da banda sueca The Beat de Palookaville, un dos grupos de rhythm & blues e ska máis destacados de Europa. Gran final para un gran festival.

FFoco e Pedro Costa na Fundación Seoane. A Coruña. Ata o 31 de decembro

O festival de fotografía FFoco conta con varias exposicións e actividades na súa sede habitual da Fundación Seoane. Este ano a exposición principal está dedicada ao fotógrafo de orixe vasca Jon Cazenave. Ademais, o mesmo centro ten en carteleira outra destacada exposición dedicada ao cineasta portugués Pedro Costa.

Outras propostas:

Tribute to Queen: Unha das bandas tributo máis destacadas de Queen, Queen Forever Tribute, actúa este domingo día 26 na sala Capitol de Santiago.

Alice Wonder na Coruña: A cantante madrileña pecha este venres 24 no Teatro Colón unha nova edición do ciclo “Son artistas ” .

Víctor Manuel en Vigo: O veterano cantante asturiano leva un par de anos de xira e agora chega a Vigo para repasar toda a súa traxectoria este sábado 25 ao Auditorio Mar de Vigo.

Búho na Coruña: O venres 24 o Teatro Rosalía de Castro acolle esta peza protagonizada por Diego Lorca e Pako Merino que presenta unha reflexión sobre a memoria.

Sibarís en Santiago: a obra de Domingo Villar represéntase no Auditorio de Galicia o venres 24 e o sábado 25 con Carlos Blanco como protagonista.

Etiquetas
stats