Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
Feijóo se alinea con la ultra Meloni y su discurso de la inmigración como problema
Israel anuncia una “nueva fase” de la guerra en Líbano y crece el temor a una escalada
Opinión - Junts, el bolsillo y la patria. Por Neus Tomàs
Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Razóns para o optimismo en 2021

Un vial dispuesto para preparar cinco dosis de la vacuna contra la COVID-19

0

2020 ensinounos unha lección: non podemos estar seguros de nada. Un virus ínfimo mostrounos, por se fora necesario, o expostos que estamos ás continxencias do mundo. Hai un certo número de xeracións que están orfas de imaxinación e que supoñen que o mundo no que viven está asentado sobre bases inamovibles. A pandemia puxo en crise esa ilusión.

Foron moitas as vidas perdidas. E en circunstancias terribles: sen que os seus seres queridos puideran acompañalos. Poucas situacións poden ser máis dramáticas

Pero, no medio de catástrofes, hai espazo para o optimismo: a veloz descuberta da vacina mostra o que pode facer o xénero humano cando dedica talento, tempo e recursos á investigación. As novas vacinas abren posibilidades para o tratamento doutras enfermidades, comezando polo cancro. Do punto de vista científico o paso foi de xigante.

Quedou claro que a sanidade pública é a columna vertebral das sociedades civilizadas, xunto coa investigación. A prioridade do público é, ou debería ser, evidente: do punto de vista sanitario, pero tamén na economía. Sen gasto público, todo se viría abaixo, sería a lei da selva.

Ese é outro elemento para o optimismo. Está crise non foi como a de 2008. A UE reaccionou como debía facelo, aumentando a billa do gasto público, para impedir o colapso da propia Unión e para evitar a ruína e a desesperación de millóns de europeos. Con todo, os fondos da NextGeneration deben ser sometidos a un forte escrutinio público porque tratan sobre como imaxinamos o futuro das nosas sociedades. A discusión é sobre o modelo económico e social do século XXI en Europa. Nin máis nin menos.

Continuando co optimismo en relación ao ano que entra. A coincidencia da aprobación dos novos orzamentos do Estado, a chegada dos fondos europeos e, sobre todo, a volta a unha certa normalidade á altura do verán determinarán un ciclo económico expansivo. O gasto dos cidadáns que poden facelo facilitará novos traballos. O turismo volverá retornar. A ciencia e unha saída neokeynesiana á crise permitirán que o ceo luza máis claro.

No político, a victoria de Biden foi unha boa noticia. Facilitará as relacións internacionais e dificultará a expansión do extremismo de dereita sostido por políticas de comunicación non moi distintas das que no seu tempo puxeron en marcha Goebbels e Hitler, baseadas na estigmatización e na deshumanización de enormes colectivos humanos, sobre todo os inmigrantes. Coa extrema dereita hai que proceder como un artificieiro ante unha bomba: desactivando os cables antes de que se produza o estoupido.

España está polarizada, e a enfurruñada atmósfera de medo e odio deu pasos adiante. Pero non conseguiu facerse co control da situación. O que soporta ao goberno de coalición é un amplo abano de cidadáns que queren calma e tranquilidade: garantir a estabilidade e progreso. Tamén iso invita ao optimismo: o uso da pandemia para derrocar gobernos non causou efectos. O propio PP alí onde goberna, mesmo con Vox, sabe que o fiel da balanza está na moderación. A campaña de Feijóo, por hipócrita que fose, mostra que é consciente diso. Salvo en Madrid, claro, ou no particular Madrid no que viven Ayuso, os xuízes, o monarca e a manda de xornalistas que, máis que informar, dan couces e ornean. Pero ese Madrid de tanto peso marca a excepción, por hiperventilado que esté.

En Galicia hai que estar atentos aos pasos que dá Portugal. O Goberno portugués en pleno mostrou o interese que ten no despegue da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Hai indicios de que en Galicia se poden forxar consensos na mesma dirección. Diso depende unha parte non desprezable do progreso futuro do país. Só hai que ver os mapas.

En fin, ao 2020 hai que deixalo ir. Agora o que temos é que facer cadrar as pezas do crebacabezas para que 2021 sexa un ano de optimismo e esperanza. Feliz Ano a todos!

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Etiquetas
stats