Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
La guerra entre PSOE y PP bloquea el acuerdo entre el Gobierno y las comunidades
Un año en derrocar a Al Asad: el líder del asalto militar sirio detalla la operación
Opinión - Un tercio de los españoles no entienden lo que leen. Por Rosa María Artal

Catro contra un e o céspede mal cortado

Os cinco participantes no debate electoral da CRTVG

0

Escribo esta entrega da bitácora de campaña cando aínda non pasou a resaca do único debate electoral ao que Alfonso Rueda ten pensado asistir. Estou segura de que tampouco tiña moita gana de ir a ese, pero sendo na casa e coas súas regras íalle ser moi difícil xustificar unha negativa. Que se arrepentiu de baterse el só contra as catro forzas de máis ou menos esquerda está ben claro, víaselle na cara durante o debate e o mesmo PP recoñeceuno no argumentario que distribuíu ao día seguinte entre os seus cargos: foron catro contra un. Só lles faltou dicir que os árbitros estaban comprados, pero nin eles teñen tanto papo.

Non sei que idea tiña o equipo de Rueda do que ía pasar, quizais pensaron que Marta Lois (Sumar) e Isabel Faraldo (Podemos) se ían lanzar aos seus respectivos pescozos polas liortas dos seus partidos en Madrid e ían distraer a atención do soberano repaso que lle deu Ana Pontón (BNG) na primeira media hora de debate, coa axuda de Xosé Ramón Gómez Besteiro (PSdG) no tramo final, pero o certo é que os catro candidatos a relevar a Rueda na Xunta estiveron estupendamente acompasados e demostraron que o único que ten a cabeza en Madrid (literal e figurada) é o PPdeG.

O post-debate xa foi outro cantar. Na televisión que pagamos todos, os analistas de garda insistían na tese dos catro contra un para defender a un Rueda ao que nin sequera os seus defenderon con demasiada vehemencia. O fact-checking de Roberto Blanco Valdés confrontou as afirmacións dos outros candidatos con estatísticas, pero non con estatísticas sobre o uso do galego na infancia, a eucaliptización dos montes, a emigración na mocidade ou os tempos de espera no Sergas. Dixo Blanco Valdés, sen ruborizarse máis do habitual, que o PP non puidera facer todo mal nos últimos quince anos por pura estatística. Só lle faltou engadir o de que mesmo un reloxo parado dá a hora ben dúas veces ao día.

Ao día seguinte na crónica do telexornal, a TVG compráballe o argumentario (e que traballo lles vai dar?) a Rueda: para Marta Darriba, o debate amosou que “só hai dúas alternativas perfectamente irreconciliábeis”, ou el ou o “barullo”, claro, e para ilustralo puña un dos moitos momentos do debate nos que ela mesma mandara calar alguén para que falase o presidente. Nin mención a posíbeis pactos do PP con Democracia Ourensana ou co partido abertamente fascista, pactos que poden precisar para manter a presidencia da Xunta. Para iso xa non os convidaron ao debate. Canto menos se acorden deles os espectadores do telexornal, mellor.

O resto de cortes escollidos do telexornal incidiron nos tres puntos repetidos polo Partido Popular: multipartito barulleiro, Bildu e imposición lingüística. Moito se lles deben estar a torcer as enquisas para que o PP volva axitar a pantasma das galescolas que tanto lle deran de si en 2009.

O luns as redes sociais do PP publicitaban o debate co enxeñoso lema “Non hai debate”, e moito non houbo, non. Houbo catro candidatos, un enterrador, e dous árbitros hooligans. Aínda menos mal que alguén na sala de edición do telexornal tivo o bo tino de cortar todos aquel “non me voten” que o equipo do presidente meteu no discurso do minuto de ouro.

Etiquetas
stats