Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.

Ayt. de A Coruña

Quevedo ofrece dúas actuacións en Galicia e WOMEX enche de músicas do mundo os escenarios coruñeses

Un momento del concierto que el artista Quevedo ofrece este jueves en Zaragoza. EFE/ Javier Cebollada

José Luis Estévez

0

Os temporais do outono non cederon nos últimos días e os plans culturais cubertos preséntanse novamente como unha das mellores opcións para aproveitar o tempo libre. Esta fin de semana chega con dous concertos a Galicia un dos novos ídolos musicais para os máis novos, o rapero-trampero Quevedo, que xa vendeu todas as entradas para as súas actuacións en Vigo e A Coruña, moi agardadas polos seus milleiros de galegos seguidores. A música tamén será a gran protagonista estes días na Coruña, onde se clausura o WOMEX, un evento multidisciplinar pero que ten na súa programación multitude de concertos de artistas de World Music.

En Carballo péchase esta fin de semana o festival de artes escénicas FIOT, que durante todo este mes encheu de propostas teatrais as rúas e salóns da localidade coruñesa, e en Santiago chega ao seu fin o festival de cine árabe Amal, un evento que xa ten leva máis de 20 anos e leva moito tempo chamando a atención sobre as raíces do conflito que se intensificou en Oriente Medio nas últimas semanas. Tamén en Compostela está a piques de pechar a mostra sobre arte e feminismo que acolle o Auditorio de Galicia. Todas son boas opcións para resgardarse da choiva e esperar a que se limpe.

O ídolo de Quevedo chega a Galicia. Ifevi de Vigo e Coliseo da Coruña. Venres 27 de outubro e sábado 28 de outubro

O cantante e compositor canario converteuse en moi pouco tempo nun auténtico ídolo para a mocidade de toda España e Latinoamérica. A súa mestura de rap, trap e ritmos latinos é unha fórmula de éxito inmellorable e os seus miles de seguidores nas redes sociais non fan máis que aumentar a súa fama exponencialmente. Agora chega o momento de velo en directo, aínda que é complicado conseguir entradas. Algunhas aínda se venden aquí .

WOMEX inunda A Coruña de World Music. Diferentes escenarios. Ata o domingo 29 de outubro

A gran feira profesional das Músicas do Mundo celébrase estes días na Coruña e, ademais dos stands das discográficas e das charlas e debates de Palexco, son moitos os concertos de artistas de moi diversas procedencias e estilos repartidos por diversos escenarios. na cidade. Aquí vos deixamos o programa completo para que poidades facer o voso itinerario musical.

Última fin de semana do FIOT. Carballo. Ata o 31 de outubro

O gran festival de artes escénicas que se celebra este mes en Carballo chega ao seu fin e faino con interesantes montaxes, como foi a tónica xeral do evento. Este sábado 28, por exemplo, pódese ver no Pazo de Cultura a obra The testment , da compañía catalá Zum Zum Teatre. Aquí tedes toda a programación.

Arte urbana feminista en Santiago. Auditorio de Galicia. Ata o 12 de novembro

Últimas semanas para achegarnos á exposición de 1984 en Santiago Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega que se centra en poñer en valor as achegas das mulleres á arte urbana en Galicia dende os seus inicios. Poderanse ver pezas de artistas como Lidia Cao, Abi Castillo ou Lula Goce, entre outros. Unha mostra imprescindible para os interesados na arte contemporánea galega. Aquí tes máis información.

Outras propostas:

Cine árabe en Santiago: Últimas proxeccións esta fin de semana do festival de cine árabe Amal, máis de actualidade que nunca pola tráxica situación actual en Oriente Medio.

Os Resentidos en Vigo: A mítica banda dirixida por Antón Reixa volve actuar en directo e ofrece un concerto este martes 31 no pub Sinatras de Vigo.

The Murder Capital in Santiago: Esta banda irlandesa indie presenta en Santiago o seu segundo disco, tras o éxito de público e crítica no Reino Unido.

Ortiga e Pili Pampín pechan xira: A insólita colaboración musical entre Ortiga e a cantante Pili Pampín remata este venres en Santiago cun concerto de despedida.

Festival Poesía Nova en Santiago: Sete mozos poetas galegos protagonizan un recital este domingo 28 no Teatro Principal de Santiago. Entrada gratuíta.

Etiquetas
stats