Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
Gobierno y PP reducen a un acuerdo mínimo en vivienda la Conferencia de Presidentes
Incertidumbre en los Altos del Golán mientras las tropas israelíes se adentran en Siria
Opinión - ¡Con los jueces hemos topado! Por Esther Palomera
Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Pacto de rendas?

Personas haciendo la compra en un supermercado.

0

Os tempos da axenda informativa móvense a unha velocidade inaudita. Semella que, despois de lanzar á pista das novas un tema, enseguida perde fol, tapado por outro máis rechamante ou de suposto percurso maior. Cremos que isto foi o que pasou con esa especie de serpente de verán do pacto de rendas: agora só toca falar da subida e da baixada de impostos, sen dar entrada en absoluto -na propaganda partidaria- ao exame de para que se pagan os impostos, cal é o papel redistribuidor do Estado ou cal debería ser a reforma fiscal axeitada ás necesidades estruturais da economía española. Non obstante, o pacto de rendas ou, mellor dito, as consecuencias dun acordo entre sindicatos estatais e empresarios sobre a contención salarial, vai aparecer, con pacto ou sen el. Por esa razón consideramos interesante analisar algúns aspectos dese tipo de acordos.

O pacto de rendas proponse para disciplinar a inflación. Mais enténdese de forma parcial (só rendas salariais) e só co acordo de certos sindicatos. Sostemos que as rendas son as salariais e as do capital, e os acordos así chamados deben á forza contemplar as dúas componentes funcionais da renda: as salariais e as do capital.

O problema da subida acelerada de prezos dos bens -a inflación-, tanto de consumo como os intermedios utilizados para producir outros, non ten a orixe na guerra de Ucraína, aínda que quede moi ben na linguaxe política dos partidos no goberno, botarlle a culpa aos rusos, á guerra, e a calquer factor externo. Previamente á guerra -de escenario europeo, mais de ámbito mundial- a tendencia de subida dos prezos xa se tiña manifestado de forma evidente. As quebras no proceso de subministros, a caída do fluxo dunha oferta continua e coñecida dos abastecementos de bens industriais asiáticos, produciu en plena pandemia desaxustes que, sendo daquela de menor importancia, remataron converténdose en diáfanas mostras dos mecanismos de interdependencia ou simplesmente dependencia industrial de Asia (China, Corea, India...). Non só foron as máscaras, senón que a continuación eran as vacinas, e moi logo bens industriais de media e de alta carga tecnolóxica. Se a este proceso así iniciado lle sumamos algo do movemento de comenencia e/ou especulación no mercado dos bens enerxéticos, acabaremos completando o panorama perfeito dunha espiral de inflación que, como un vendaval, percorre as economías europeas. Agora quedou ben ás claras a debilidade europea de abordar con finura medidas de política económica reactivas a unha crise de dimensións mundiais tendo na carteira exclusivamente política monetaria, vicaria dos intereses dos grandes estados, e nada doutros instrumentos úteis en casos deste tipo: política fiscal sen harmonizar, necesidades de gasto obrigado (como é o servizo da débeda pública) moi distintas entre cada país, necesidades redistributivas desiguais ou capital público desemellante.

Quen pensou -dentro da Comisión- en tal panorama para abordar con xeito unha política económica anticrise eficaz? Ficou tamén demostrado que soprar (só instrumentos monetarios) e sorber (nengunha unidade económica agás a circulación libre de capitais), non é posíbel. O liberalismo da política económica foi compatíbel encanto aos capitais en rota mundial lles ía ben, mesmo investindo en Asia, mais neste momento fican ao descoberto as debilidades do modelo de desindustrialización e dependencia enerxética. No caso da economía española, deberemos engadir o rol de poder económico dos grandes sectores enerxéticos en relación coa fortaleza/debilidade do Estado á hora de desenvolver as medidas de política económica axeitadas á inflación.

Tratar de disciplinar a velocidade adquirida pola suba de prezos de bens enerxéticos a falar dun pacto de rendas apoiado no exclusivo control dos salarios é igual que frear un tsunami cunha sebe de lavanda. O pacto de rendas ten unha outra faciana. Semella que os empresarios só entenden un pacto de rendas como modo e maneira de pactar -coa anuencia e sinatura sindical (sindicatos estatais)- unha contención salarial por baixo da senda da inflación. As rendas son as do traballo e as do capital. E só é concebíbel un pacto se salarios, rendas dos alugueres, rendas do capital (dividendos, reembolsos, fondos de investimento, utilidades dos fondos proprios utilizados...). Un pacto de rendas como medida de control da subida de prezos desbocada só é concebíbel se as dúas componentes da renda na súa perspectiva funcional se fan responsábeis da súa parte. Disciplinar salarios dos traballadores e, atoladamente, permitir que as rendas de capital -mesmo as de procedencia especulativa- campen a súas anchas, é non só inxusto senón unha ‘tomadura de pelo’ en termos de eficacia da política económica.

Imaxinemos que se consegue que os salarios se conxelen por unha tempada e que as rendas de capital camiñen -como agora- libres: chegará un momento en que os salarios sen consumo produzan unha evolución da demanda problemática para a realización do capital. Desde a perspectiva ética non se pode contribuír a xerar máis pobreza e desigualdade aproveitando os efectos perniciosos da inflación sobre os traballadores perceptores de rendas conxeladas. Nen é xusto nen é unha boa perspectiva económica a xerada a base da conxelación salarial, cando é ben sabido que o crecemento económico neste sistema ten o seu apoio na evolución positiva do consumo. Apoiar a política dun posíbel pacto de rendas só sobre as rendas do traballo é, ao mesmo tempo, unha incoherencia.

A distribución funcional da renda ten evoluído en España, ao igual que nos países da OCDE, en contra das rendas do traballo: é dicer, as rendas do capital teñen unha participación maior no PIB a medida que van pasando os anos desde comezos deste século, e tense demostrado que esta distribución incide negativamente na distribución persoal da renda. Estas razóns avalan a necesidade de ter en conta, nun posíbel pacto de rendas, a necesidade de abordar a participación activa das rendas do capital (non solidaria, senón de parte) no acordo. Precísase así mesmo contar coa consideración económica, e non político-conxuntural, do papel do Estado como redestribuidor e último responsábel de políticas económicas que inciden directamente na vida dos traballadores: política de vivendas, de educación e sanitarias. As componentes do gasto dos asalariados vense máis ou menos aliviadas dependendo deses repartos de bens que fai, ou debería facer, o que se denomina Estado social.

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Etiquetas
stats