Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
Israel amenaza con una guerra en Líbano
Moreno y Rueda piden que el Gobierno busque mayorías para los Presupuestos
Los problemas que no preocupan a los españoles. Opina Rosa María Artal
Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

A realidade troceada

Imagen de archivo de un escaparate con televisores.

0

Realidade parcelada é a observada ao escoitar inocentemente as declaracións de gobernantes, dos seus órgaos de prensa, dos comentaristas varios adscritos ao rexime e de tutti quanti viven de crearen opinión, infelizmente sempre sobre o mesmo lado. Así, lemos que o aumento do salario mínimo contribuíu á diminución do número de empregos (!!), que os indultos concedidos son ilegais, que a Constitución é unha norma que “nos demos todos”, que hai que respeitar con espírito relixioso, mellor dito, de seita ultra, que as competencias divididas entre os membros dun cogoberno -municipal, por exemplo- tamén dividen a capacidade de acción (as farolas son “miñas”, pero a factura da luz é dos “outros”), que unha cousa é o ensino, outra a cultura e outra a educación, que se debe educar para ser feliz, aínda que se deba aceitar con toda mansedume un traballo de porcaría cun salario de infraporcaría... En fin, que unha cousa é a vida na súa plasmación material diaria e outra a política.

Pensabamos que un sinal claro de infantilismo era a incapacidade que temos nesa etapa para aprehender a realidade no seu conxunto. E tamén observamos que unha maneira cómoda -para os adultos educadores- de expoñer o camiño de aprendizaxe é amosar como se distinguen as variadas parcelas da realidade observada. Mais entendiamos que era unha característica da etapa de aprender a viver en sociedade. A observación da evolución dos nenos, permítenos tamén observar como reproducen no espazo físico e no imaxinado o seu sentido da realidade: o individual, o común, o de outro/s... O problema na política actual é ver os cidadáns adultos, conscientes e capaces, deixárense guiar exclusivamente pola propaganda que, a modo de fábula infantil, deseña consignas que serven para todo: para os amantes/fanáticos de fútbol, para campañas eleitoriais, para diagnóstico dun problema ou para un tutorial de ximnasia en domicilio. Coñecemolas ben: son do tipo “entre todos sairemos adiante”, “ti podes”, “xuntos podemos”, “retoma o control”, ou ben as máis próximas sobre o “problema” catalán, a inamobilidade da Constitución do 78 ou o carácter sacro do mercado. Estas elaboracións proceden tanto dos turiferarios dun modelo de estado, do Estado español, como de sisudos analistas que esconden nunha pretensa autoridade a defensa de intereses inmobilistas, máis antigos que escribir con ‘pizarrín’.

Como diría unha docente, tamén antiga, mutatis mutandi , a realidade políticamente aprehendida pola masa votante é máis ou menos igual de infantil que eramos as nenas na infancia dos pupitres de madeira, ou semellante aos adolescentes eternos de hoxe

A causa non é a incapacidade de coñecer a realidade no seu conxunto, facerse unha idea de como funcionan as relacións sociais, as relacións políticas, senón en acreditar sen pasar polo filtro do criterio persoal, a propaganda que uns e outros expulsan como se dunha excrecencia se tratar. A propaganda e a publicidade existe e fai efeito porque en realidade o mercado dos votos existe: hai mercadoría (os votos), hai publicidade (as campañas evidentes) e hai propaganda, diariamente. Ademais, o mercado eleitoral rexe non só no momento das votacións, senón que ten trasladado ao resto de relacións políticas as súas leis de funcionamento: o que é bon para lograr votos é bon e desexábel para todo o resto. É converter a lóxica do mercado eleitoral en actuación sobre o goberno das vidas dos cidadáns. A parcelación da vida política chegou aos extremos de que o votante, non avisado, crea realmente que a democracia é votar. Que votar é un acto único e xustificábel en si mesmo. Que o contido do voto é amosar adhesión a alguén simpático, elegante e, se pode ser, de elevada estatura. Que os limites que os gobernantes teñen son enormes, por iso o cambio da realidade material non é da súa responsabilidade. Que os votos eleitorais son como os de Eurovisión: pasou o día e pasou a romaría. Quen presentar o mellor espectáculo, quen máis ‘epatar’ ao votante coa boca aberta, máis votos terá, xustificando que faga o que poida, e finalmente, pero non último, asúmese que a vida dos traballadores non depende para nada de quen goberne porque os cambios son concedidos por obra e graza de alguén parecido ao Espírito Santo.

Volvendo ao rego da parcelación ou separación entre a realidade deseñada e a material vivida, cando citabamos arriba os casos de propaganda, non se trata, ao noso entender de novas falsas (fake news) da era das redes sociais, non son os contidos difundidos polos mestres da propaganda que acompañan e acompañaron accións públicas de todo tipo: desde guerras a revolucións, pasando por golpes de estado. Unhas e outros son perfeitamente identificábeis na historia, e tamén no presente. Mesmo a comunidade científica moderna, depositaria (tamén en ideario construído) do saber sagrado, non está libre da manipulación en favor do interese bastardo, e non da creación de coñecemento novo: danse, neste campo, plaxios, manipulación de resultados, difusión de achádegos de moi dubidosa novidade; en fin, fraudes variadas. Agora referímonos ao substrato de consenso estabelecido sobre o que se debe crer, para se conducir de acordo con ese ideal. Difúndese -a favor dos empresarios- que o Banco de España dixo que o aumento do salario mínimo xerou caída na creación de empregos e así mesmo difúndese en letra maiúscula, en primeiros planos e en redes sociais, deixando ademais mensaxe directa e outra subliminal, de que hai que se contratar, por 500 euros. Non importa analisar o contido e tampouco se é relevante o efeito propagandístico en interese de parte, que tal nova pode producir. O efeito buscado está conseguido e non hai análise que valla.

Os que poden demostrar a falacia da frase non chegan aos mesmos meios, os que poden elaborar coñecemento en contra, retráense nesa guerra de propaganda, e o que finalmente permanece é a burramiada, iso si, moi ben difundida. Cando observamos a cantidade de falsidades que se usan para que se siga crendo na inalterabilidade da Constitución do 78, só atopamos a explicación nunha perguiza imposíbel de superar por parte de quen goberna, e tamén nunha saída de ton ou mesmo expresión violenta por parte de quen, aturando parvadas varias, non dá atopado outra forma de se expresar. A Constitución española, como calquer outro texto legal, é un instrumento para regular entre membros dunha sociedade determinada a convivencia. Se pode ser convivencia en paz, moito mellor, quérese dicer que, como instrumento regulador, é bon. Se non serve, non serve, así de simples: cámbiase, e os que tiveran unha relación co instrumento legal (a Carta Magna) como se fose a personalización dun deus, deberían facer unha análise de agudeza mental.

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Etiquetas
stats