Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.

Ayt. de A Coruña

Chega a gran semana de Entroido con pasacalles, concertos e moita diversión na rúa

Varias personas durante a celebración do'Domingo Fareleiro' este domingo na praza maior da localidade ourensá de Xinzo de Limia.

José Luis Estévez

0

Estamos ás portas da gran fin de semana do Entroido, cando desfiles, festas e concertos populares se espallan por case toda a xeografía galega, con especial fincapé na provincia de Ourense onde esta festa é a máis esperada polos veciños e veciñas das vilas. Sobra dicir que a actividade festiva é total no triángulo máxico de Entroido (Xinzo, Verín, Laza) pero en practicamente todas as localidades da provincia hai posibilidades de gozar dunha das festas de inverno máis peculiares de toda Europa. Ademais, nos últimos anos tamén foi cobrando máis protagonismo nas cidades, comezando pola propia Ourense pero tamén na Coruña, Vigo e Santiago, que contan cunha importante programación festiva.

Pero máis aló do Entroido temos outras interesantes propostas culturais para esta semana, como os concertos de Carolina Durante en Santiago, o de Bala en Vigo e a dobre actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia na Coruña. O mércores 22 celebrarase en Santiago unha nova edición de NerdNites, que consiste nunha noite de charlas científicas no ambiente distendido dun bar. Unha experiencia que paga a pena vivir se nunca a viviches. Pero o certo é que o Entroido inúndao todo estes días e hai que organizalo ben para tentar disfrutalo da mellor maneira e co tipo de evento que máis queiras. Hai moito onde escoller pero se nunca visitaches o triángulo máxico de Ourense nestas datas, é o momento de facer os deberes.

Festas entroido ao grande. Ata o domingo 26

Por suposto que é imposible reproducir aquí os centos de eventos vinculados ao Entroido que teñen lugar estes días por toda Galicia pero para resumir digamos que se queres facer un percorrido polo triángulo máxico de Ourense o mellor é consultar as webs de cada un dos concellos dos que está formado (Verín, Laza e Xinzo de Limia) para que vos fagades unha idea do programa de cada día en cada un deles. Por suposto, o próximo fin de semana e o martes son os días de maior actividade, pero hai moito onde escoller e crear o teu propio itinerario. Nas cidades tamén haberá moita festa. Aquí a música cobra protagonismo e por exemplo na Coruña podes ver aquí un resumo da programación destes días, cos concertos de Sidonie (sábado 18) e Mojinos Escozíos (luns 20) en María Pita, como actos destacados.

En Vigo tamén haberá un intenso programa de Entroido que arrincará a golpe o venres 17 na Porta do Sol cun concerto gratuíto de Tanxugueiras. Santiago e a súa comarca tamén teñen un Entroido moi peculiar coa celebración de numerosos “atranques” dos Xenerais do Ulla en diferentes localidades próximas a Compostela. Aquí tedes o programa dos previstos para estes días.

E a capital ourensá non podía deixar de sumarse á festa con outro intenso programa de celebracións na autodenominada “a cidade do Entroido”. Aquí o programa.

Carolina Durante en Santiago. Sala Capitol. Venres 17

A banda madrileña chega este venres a Santiago tras o gran éxito obtido hai unhas semanas en Madrid, onde reuniron a máis de 8.000 persoas. Son, sen dúbida, un dos grupos que máis ruído fixo no panorama nacional nos últimos anos, con hits como Cayetano, no que demostran toda a súa ironía pero tamén a forza de cancións que teñen a virtude de facerse humildes en pouco tempo. Xa non quedan entradas para o concerto pero sempre podes probar a botar unha ollada en internet para ver se aparece algo. Aquí información sobre a banda.

NerdNite, ciencia casual en Santiago. Mércores 22 de febreiro

O vindeiro mércores 22 pola noite tedes a oportunidade de asistir a unha NerdNite en A Nave de Vidán en Santiago. Estes actos realízanse con certa periodicidade e consisten en charlas científicas pero cun toque informal e con participación aberta ao público. Son de balde e esta semana falaremos de temas como a rebelión dos datos ou os irmáns Portela, os creadores da gravadora galega. Aquí máis información.

Outras propostas:

Bala en Vigo: o dúo de punk rock actúa na sala Rouge de Vigo este sábado día 18 nunha das súas últimas actuacións antes de comezar a gravar o seu novo disco. Aquí as entradas.

Dobre concerto da OSG na Coruña: a Orquestra Sinfónica de Galicia, acompañada polo seu coro, ofrece dous concertos o venres 17 e o sábado 18 no Palacio da Ópera con obras de Lotti e Vivaldi. Aquí as entradas.

Nova estrea do CDG en Santiago: a sede do Centro Dramático Galego (CDG) en Santiago acollerá a estrea da nova produción da compañía, Shakespeare in Roma, creada despois do autor inglés. Entradas aquí.

Etiquetas
stats