Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.

Ayt. de A Coruña

Programas con nenos na semana máis navideña e moitos concertos para despedir o ano

O gaiteiro Carlos Núñez (centro) na Praza da Quintana de Santiago de Compostela.

José Luis Estévez

0

Entramos na última semana do ano coa Noiteboa á volta da esquina e o final de ano un pouco máis lonxe. Son días nos que hai que buscar actividades para entreter aos nenos, que estes días están na casa, para ver un último concerto deste ano ou acudir a unha exposición que estabas agardando. Para os que teñan que completar a primeira tarefa esta semana son varios os programas que podes facer como o China Acrobatic Circus ou o Galicia Magic Fest en Vigo e, para a vindeira semana, xa anunciamos que o ano comeza co Cirque of Soleil. en Santiago.

No apartado musical volvemos ter unha semana chea de propostas moi interesantes, especialmente concentradas na fin de semana. En Santiago temos actuacións de León Benavente (xa non hai entradas á venda), Los Zigarros e Zënzar. O folk conta ademais con dúas citas importantes cos concertos de Carlos Núñez (Vigo) e Susana Seivane (A Coruña) e tamén actúa en Vigo Sila Lúa, unha das revelacións do pop español do ano. E no apartado de exposicións podemos recomendar a exposición Peregrinos Ilustrados no Museo das Peregrinacións de Santiago e a dedicada a Tono Mejuto na Fundación Seoane da Coruña. Imos con todo e Bo Nadal a todos.

Programas para ir con nenos. Vigo. Sábado 23, domingo 24, martes 26 e mércores 27

A primeira proposta chega este sábado e o mesmo domingo día 24 ao Auditorio Mar de Vigo coa actuación do Circo Acrobático China. Bo programa para nenos e adultos. Aquí , as entradas.

Tamén en Vigo (Teatro A Fundación) o martes 26 e o mércores 27 chega o Galicia Magic Fest, un evento con varios magos de diferentes partes do mundo. Podes mercar as entradas aquí .

León Benavente, Los Zigarros e Zënzar en Santiago. Diferentes escenarios. Venres 22 e sábado 23

Gran fin de semana da música en Santiago con tres actuacións que farán as delicias dos que buscan un pouco de festa para comezar a despedir o ano. O venres 22 coinciden os concertos de León Benavente (Sala Malatesta) e Los Zigarros (Sala Capitol). E ao día seguinte na sala Capitol, a banda galega de rock máis antiga, Zënzar, celebra os seus 35 anos de traxectoria. Será unha festa, sen dúbida. Aquí , as entradas para os dous últimos concertos. Para León Benavente non hai máis.

Carlos Núñez e Susana Seivane. Vigo e A Coruña. Venres 22, sábado 23 e xoves 28

Os dous gaiteiros máis destacados do panorama galego despiden o ano con concertos en Vigo e A Coruña. Carlos Núñez farao o venres 22 e o sábado 23 no Teatro A Fundación de Vigo, coa presentación do seu novo disco, Celtic Sea. Podes mercar as entradas aquí.

Pola súa banda, Susana Seivane tamén presenta o seu novo traballo, Sete , este xoves día 28 no Teatro Colón da Coruña. Aquí as entradas.

Peregrinos Ilustrados e Tono Mejuto. Santiago e A Coruña

Dúas exposicións interesantes para ver estes días. En Santiago, o Museo das Peregrinacións acolle ata o 14 de xaneiro unha exposición de ilustradores que realizaron obras a partir das distintas rutas de peregrinación a Santiago. Aquí tes máis información.

E na Fundación Seoane da Coruña temos unha interesante exposición de fotografías recompiladas polo arquitecto e fotógrafo Tono Mejuto, que revela a Galicia dos 80 antes de que aparezan os drons para fotografar o territorio. A exposición poderá verse ata o 21 de xaneiro.

Outras propostas:

Orquestra Sinfónica de Hollywood: As bandas sonoras compostas por dous grandes do xénero, John Williams e Hans Zimmer, chegan a Vigo e A Coruña o martes 26 (Auditorio Mar de Vigo) e o mércores 27 (Palacio da Ópera A Coruña). Aquí as entradas.

Sila Lúa en Vigo: A cantante e compositora galega residente en Madrid ofrece este xoves 28 un concerto en Radar Estudios de Vigo .

Homenaxe a Dire Straits: O Palacio da Ópera da Coruña acolle este sábado día 23 a actuación dunha das mellores bandas tributo a Dire Straits, os Great Straits, dirixida por Óscar Rosende. Podes mercar as entradas aquí.

Sempasúchil en Ourense: Este sábado día 23 preséntase no Liceo de Ourense este novo proxecto musical que mestura o jazz con outros estilos musicais. Aquí as entradas.

Etiquetas
stats