Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
La última bola extra del PP para acabar con Begoña Gómez, por Sáenz de Ugarte
Esteban González Pons desvela ante el Parlamento Europeo su sobresueldo
OPINIÓN | 'Tiempos de violencia', por Rosa María Artal

O Día das Letras Galegas 2025 celebrará a poesía popular oral que “coidaron e transmitiron sobre todo as mulleres”

Teresa, Prudencia, Manuela e Adela en Mens (Malpica), en 1982

Daniel Salgado

1

Non haberá un nome no Día das Letras Galegas do anó que vén, serán moitos. De muller, sobre todo. A Real Academia Galega decidiu este venres dedicar a efeméride da publicación de Cantares Gallegos -esta é a orixe da data- á poesía popular oral transmitida a través dos séculos polas cantareiras. “Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir”, comeza o comunicado institucional que celebra “unha tradición centenaria coidada e arrequentada por moitas persoas”, a maior parte das veces mulleres. As voces baixas da historia toman o relevo da poeta Luísa Villalta, homenaxeada o pasado 17 de Maio.

A institución que preside Vítor Freixanes decidiu, non obstante, sintetizar todo un inmenso territorio literario e musical en seis figuras: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira, de Muxía, e as Pandereteiras de Mens -Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Vilar-, de Malpica. A nota emitida pola Academia sinala ademais a importancia de etnomusicólogos e afecionados, responábeis da preservación dun legado que, por momentos, pareceu en risco de extravío histórico. Foi o caso da musicóloga suíza Dorothé Schubarth, que canda o filólogo e académico Antón Santamarina elaboraron o monumental Cancioneiro Popular Galego. Ou do emblemático grupo Milladoiro. Ou dos proxectos discográficos da Central Folque, dedicados a rescatar esta memoria.

“Estas e moitas outras iniciativas de persoas que foron recollendo individualmente os cancioneiros populares por todo o país contribuíron a visibilizar a enorme riqueza dunha expresión artística colectiva deostada durante séculos”, di a Academia, “e ameazada polo proceso de urbanización do país”. Non só. Cantareiras e pandeireteiras, engade, xorden vinculadas aos traballos labregos e a axuda mutua. Cando, no esteiro do Rexurdimento e de certa revalorización da cultura propia de Galicia “os coros compilaron as músicas populares” fixaron unha imaxe da música popular: a do gaiteiro e o tambor, “ignorando as achegas de cantareiras e pandeireteiras”. Hai anos que este reducionismo foi esmorecendo.

A música folk contribuíu. Nos 70 foron bandas como os citados Milladoiro ou Fuxan Os Ventos os que se alimentaron deste caudal. “Na propia esencia da poesía popular está evolucionar e cambiar”, afirma a Academia, que enumera proxectos debedores do mundo que conmemorará o 17 de maio de 2025: Mercedes Peón, Leilía, Xabier Díaz “ou, xa parte de xeracións máis novas”, Faia Díaz, Sés, Baiuca, Mondra, Caamaño&Ameixeiras, Fillas de Casandra ou as Tanxugueiras.

Etiquetas
stats