Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
El Gobierno da por imposible pactar la acogida de menores migrantes con el PP
Borrell: “Israel es dependiente de EEUU y otros, sin ellos no podría hacer lo que hace”
Opinión - Salvar el Mediterráneo y a sus gentes. Por Neus Tomàs

Ayt. de A Coruña

Teatro a escoller en Santiago e A Coruña e concertos de Ana Moura en Vigo e Depedro en Ferrol

O músico Depedro nunha imaxe promocional

José Luis Estévez

0

Despois dunha semana intensa de celebracións do Entroido é moi posible que che guste un pouco de calma. A axenda cultural ofrécenos unha serie de obras teatrais moi destacadas, sobre todo coas tres montaxes que se poderán ver esta fin de semana en Santiago, aínda que A Coruña tamén se suma á festa coa obra Doble o Nada, protagonizada por Miguel Ángel Solá e Paula Cancio. Pero se non te fartas dos desfiles e festas do entroido, as celebracións continúan en Santiago coa festa de Rosalía, que se celebra esta fin de semana con diversos actos culturais vinculados ao aniversario da morte da nosa poeta máis universal. Tamén hai concertos en cartel e en Vigo teremos o da gran fadista portuguesa Ana Moura, en Ferrol actúa De Pedro e na Coruña temos a Bala, entre outras propostas.

Estreas teatrais en Santiago e A Coruña. Venres 24 e sábado 25

A carteleira do teatro énchese de actos esta fin de semana, sobre todo en Santiago onde temos as estreas da versión galega de Hamelín, de Juan Mayorga, (Teatro Principal. Venres 24), de Safo, adaptada de textos de Safo con cancións de Christina Rosenvinge. (Auditorio de Galicia. Sábado 25) e a montaxe Soños, que rompe mitos sobre a xuventude tutelada (Salón Teatro. Venres 24). Máis información e entradas aquí.

Ademais, na Coruña pódese ver a obra Doble o Nada (Teatro Rosalía de Castro. Venres 24 e sábado 25) protagonizada polo gran actor arxentino Miguel Ángel Solá. Aquí as entradas.

Depedro en Ferrol. Auditorio Municipal. Sábado 25

Jairo Zavala, máis coñecido como Depedro, chega este sábado a Ferrol coa xira do seu disco Máquina de Piedad, no que se poden escoitar algunhas das súas cancións máis tenras pero tamén outras que reflicten o compromiso social dun artista que segue medrando ano a ano e gañando seguidores sen parar. Aquí as entradas.

O fado contemporáneo de Ana Moura. Auditorio Mar de Vigo. Venres 24

A cantante portuguesa Ana Moura está considerada a gran innovadora do fado no seu país, sabendo mesturalo con éxito con outros estilos musicais como o kizomba, o trap ou o pop. O seu último disco Casa Guilhermina resume a proposta dunha artista que se relacionou con grandes da música como os Rolling Stones, Prince ou Caetano Veloso. Aquí entradas.

Homenaxe a Rosalía. Santiago. Venres 24 e sábado 25

Santiago homenaxea esta fin de semana a Rosalía de Castro con diversas actividades no centro histórico que van dende unha feira de produtos rosalianos, ata concertos, charlas e, por suposto, recitais poéticos coa figura da escritora como referente imprescindible. Aquí o programa.

Música e arte para a saúde mental. Sala Teatro Santiago. Sábado 25

O Teatro-Salón de Santiago acollerá este sábado día 25 un acto musical e artístico para dar visibilidade ao problema da saúde mental. Participan, entre outros, a banda Fear of Missing Out e o ilustrador e escultor Carlos Asorey. Entradas gratis aquí.

Outras propostas:

Flo, Mota e Santiago Segura en Vigo: tres grandes do humor en España únense nun espectáculo que aterra este sábado día 25 no Auditorio Mar de Vigo. Aquí as entradas.

Bala na Coruña: fortes emocións este sábado no Playa Club da Coruña coa actuación do dúo grunge-rock formado por Anxela Baltar e Violeta Mosquera. Aquí as entradas.

Familia Caamagno y Zea Mays en Boiro: la banda de Oroso presenta este sábado 25 su último disco, O mundo está derrotado, en la Pousada da Galicia Imaxinaria de Boiro. Estarán acompañados por los vascos Zea Mays. Diversión asegurada. Aquí entradas.

A pasada fin de semana dúas exposicións en Vigo: se tardaches en velas, apúrate porque a exposición Francisco Leiro no Museo Marco e a exposición interactiva sobre as Vangardas no Auditorio Mar de Vigo rematan este domingo o 26.

Etiquetas
stats