Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
El Gobierno da por imposible pactar la acogida de menores migrantes con el PP
Borrell: “Israel es dependiente de EEUU y otros, sin ellos no podría hacer lo que hace”
Opinión - Salvar el Mediterráneo y a sus gentes. Por Neus Tomàs
Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Constitución: para reformar

Vista de una de las páginas del ejemplar de la Constitución Española de 1978 que se encuentra en el Congreso de los Diputados.

0

Unha boa parte dos asuntos de Estado que foron quedando pendentes lexislatura tras lexislatura, e que van sendo liquidados mediante leis con solvencia de provisionalidade, teríanse resolvido cun acordo de Estado reformando a Constitución. Sempre que un problema non ten solución evidente, aparece o muro constitucional como álibi para deixalo pendente e se axustar ás leis en lugar de axustar as leis á realidade do momento. Discutiuse o aforamento de certos cargos públicos, a inviolabilidade do monarca, a sucesión no reino, o pacote de decisións de soberanía cedidos á Unión Europea, as relacións entre executivo e xudicial, o financiamento autonómico, ou a forma da xefatura do Estado, xa que hai querenza entre os cidadáns de se constituír en república, e nos dereitos fundamentais, considerar preciso incluír o dereito á vivenda, a protección á terceira idade, o dereito a un meio ambiente limpo ou o dereito á auga, eliminando a súa mercantilización. É o que se denomina adecuar a Carta Magna ao estado actual de época.

Isto pasa cos acordos de costura ganduxada do sistema de financiamento autonómico denominado común: o razoábel sería realizar un cambio constitucional para adecuar o sistema ao tempo actual e non remendar un obsoleto. Certo que non hai mandato. Non é obrigatorio, e pode ser arriscado, cando semella que algúns poden entrar en fibrilación auricular sen aparato cerca. Non se trata diso. Mais se quixeramos emular a conduta indicada por Varoufakis, deberíamos comportarnos como adultos, deixar de pitirrear nunha especie de xogo escénico e comezar a facer política real, uns -o goberno- para se sentir amparados polas institucións do Estado, e outros -a oposición española- para cumpriren un rol político de responsabilidade de Estado.

O caso é que, a cada paso que dá o goberno facendo uso da súa encomenda e da súa capacidade, saltan alarmas programadas na/desde a oposición para crear un estado de opinión interesado en contra de todas as accións gubernativas. Estas téñense diferenciado tanto cualitativa como cuantitativamente de calquera dos gobernos precedentes e teñen aportado solucións valentes a problemas encistados. Se damos esquecido todo o fume de carozo que rodea a discusión política difundida, centraríamonos no asunto do financiamento autonómico que, como é ben sabido, precisa dunha reforma xa. O caso é que despois de 10 anos de caducidade do sistema denominado común, desde 2014, o goberno, por mor do acordo con Cataluña para comezar o proceso de resolución do conflito co Estado, acorda -entre outros moitos asuntos- conceder a Cataluña a recadación, a xestión, a liquidación e a inspección de todos os tributos alí pagados, a comezar polo IRPF en 2025.

Esta parte do acordo foi denominada modelo de financiamento singular para Cataluña. Contenta a unha parte dos partidos catalanistas, entra nas competencias do Estado sen precisar reforma legal algunha máis alá do financiamento autonómico común, e, dependendo do carácter de adulto do partido maioritario da oposición, si abriría o camiño para os cambios precisos na Constitución, é dicer, unha reforma. Notemos que o poder normativo, no relativo a eses impostos cedidos, queda nas mans do Estado, e notemos tamén que unha cousa é xestionar e outra ostentar a titularidade, sexa dunha competencia, sexa dun ben.

As voces encontradas fronte ao acordo ERC-PSOE teñen procedencias varias, pero as máis ruidosas son de filiación PP e do PSOE, ou ben do seu entorno ideolóxico. Non se pode dicer que teñan aportado nada, mais si moito ruído. De modo e maneira tal, que se volveu escoitar: “España se rompe”, tamén que cae a solidaridade entre os territorios, que se aumenta a desigualdade e mesmo no cimo do sobresalto verbal -para asustar ao medo- que se pasa dun federalismo a un confederalismo. Nós aseveramos que nada diso vai ocorrer. Como fica de manifesto na literalidade do acordo, nen Cataluña pasa a ostentar o estatus de Estado nen o Estado español, mellor dito, reino de España, deixa de ser un Estado unitario con autonomías de relación asimétrica con el, do mesmo modo e maneira que son diversas entre elas tanto institucional como economicamente falando.

Así mesmo, temos comprobado que España non rompe tan fácil, mellor dito, está moi dura e correosamente pegada para romper por un dame alí unha pouca máis de autonomía (ao 155 da Constitución nos remitimos). Da solidariedade podemos tratar extensamente, mais, só para deixar constancia, citamos o painel fiscal da Comunidade madrileña que de facto converte Madrid en paraíso desexado por aqueles con apetito desmedido de pagar impostos no limite inferior posíbel. E xa non aludimos ao efeito sede provocado por ser domicilio fiscal de empresas de todo tipo: públicas, privadas e mixtas, así como destinataria pola forza da capitalidade do Estado, dunha serie de investimentos públicos denominados prioritarios fronte a outros. Outra mostra extrema de solidariedade fiscal (á contra) é a conduta dun concello como Jerez de la Frontera, que se permite, cunha débeda de 1.126 millóns de euros (inaudita), desouvir as recomendacións do Ministerio para cobrar os impostos que debe cobrar e tomar medidas de redución adecuada dese monstro (andou reducindo e bonificando pagos de impostos).

Dáse un uso coloquial do termo federalismo aplicado ás relacións fiscais para denominar o sistema autonómico español no financiamento. O federalismo non é -por definición conceptual e por práctica político/institucional no ámbito mundial- equiparábel ou equivalente a un Estado de autonomías que é este, presente desde 1978. A diferenza é nidia. Nun Estado unitario como o español, a soberanía reside no pobo español, representado nas Cortes do Estado e este acorda conceder -estatutos mediante- certas competencias ás autonomías. Certas quer dicer que poden ser todas, mais concedidas, baixo acordo, de desenvolvemento ordinario en xestión.

Esta concesión quer dicer, en termos legais e políticos, que poden ser revogadas como ficou en evidencia coa aplicación fulminante do artigo 155 da Constitución. Federar, fedéranse Estados que acordan se pór de acordo, e manteñen en común o que acorden que conteña o Estado federado: é dicer, o acordo consiste en ceder entre os federados competencias ao Estado común, mantendo a soberanía cada Estado. Na confederación, os Estados confederados limitan a unhas competencias determinadas o rol do Estado. En calquera dos dous casos, non hai comparación entre un Estado de autonomías titular dunha soberanía única, que outorga competencias a outros entes, as autonomías, e as relacións entre Estados soberanos. Intentar levar o debate do financiamento a unha denominación de uso coloquial de federalismo fiscal -que si usan os economistas facendistas-, á parte de inexacto é ousado dabondo. Nen España se rompe nen parece ser tan fráxil para quebrar por un acordo máis ou menos.

O que si pode servir o acordo de financiamento para Cataluña é para reformar a Constitución que ten no momento actual forza de corsé para algunhas relacións institucionais, no autonómico, no local, no ámbito xudicial e máis en dereitos fundamentais das persoas.

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Etiquetas
stats