Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
Gobierno y PP reducen a un acuerdo mínimo en vivienda la Conferencia de Presidentes
Incertidumbre en los Altos del Golán mientras las tropas israelíes se adentran en Siria
Opinión - ¡Con los jueces hemos topado! Por Esther Palomera
Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

As pupilas dilatadas de Feijóo e o ego dos candidatos

El presidente del PP, Alberto Núñez Feijóo

Ismael Ramos

0

Ultimamente leo en varios sitios —en realidade non son varios nin lectura, é TikTok— que case todos compartimos certa aversión polas cancións que se cantan nos aniversarios. Sexa no idioma que sexa —“Parabéns para ti!”, “¡Cumpleaños feliz!”, “Happy birthday to you!”— din que hai algo no ton, na liña sinuosa da súa melodía, que nos produce algo parecido á vergoña allea, o que os millennial chaman cringe —pronunciado crinch ou mesmo cringe, á española, como soa, para consolo da RAE—. Quizais o que nos incomode non sexa a canción, senón estar no centro dun coro desafinado e non sempre numeroso, o feito de sermos espectadores únicos dese atentado cariñoso contra o bo gusto. Por iso tamén, ás veces, —suxiren en TikTok— o máis sensato é unirse á canción e formar parte do desastre.

Estes días fun consciente de que só unha persoa sobrevive a un sentimento de vergonza allea tan absurdo coma ese: o candidato político. A candidata, o candidato está listo para falar sempre e sobre calquera cousa: inauguracións de todo tipo, desastres naturais, debates ao estilo BBC, e mesmo na BBC (Bodas, Bautizos e Comuñóns). En plena campaña, o candidato —de profesión ou aspiración político— está aínda máis disposto a todo. Non nos estraña ver nun acto a vinte persoas dunha lista vestidos todos dunha mesma cor: como se fosen unha secta, un logo con patas ou estivesen asesoradas por un interiorista. Vin que o facían así en moitos eventos das campañas locais do PP. O azul é a cor predilecta da sala de espera nas consultas psicolóxicas e psiquiatras. Din que relaxa, que adormece.

O caso é que o ego do candidato tolérao absolutamente todo. Parece infinito e é compartido por figuras políticas de todo signo. Se imaxino a Pablo Iglesias e Abascal, vexo a dous palomos a piques de explotar, como aqueles globos da patata caliente do Grand Prix, cando era pequeno. Como pode ser que a cidadanía merque algo tan rematadamente falso? Tan pouco natural e abertamente prepotente. Xa non se levan os líderes humildes, buscamos figuras descaradas, memorables, un exceso televisivo propio de Las noticias del guiñol. Facer campaña —diría que case independentemente das siglas— comporta ese xesto megalómano, esa exposición en parte sempre buscada, desexada: sorrir con naturalidade diante dunha torta repleta de candeas.

A Feijóo, por exemplo, dilátanselle as pupilas no medio da súa propia festa. A luz de Cádiz posúeo e faino poeta diante de toda España. Hai uns días, mentres lía o pregón da Feira do Libro de Santiago de Compostela, asistín a algo semellante. O conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, chamoume Jorge Ramos ao longo do seu discurso. Ninguén o corrixiu no momento nin o corrixiría despois. Xa estamos acostumados, nós e máis eles, porque a súa capacidade para anular os efectos normais da vergonza propia e a allea é formidable.

Noutra ocasión, sendo moito máis novo, antes de entrar na universidade, acudín a unha congreso para talentos emerxentes onde era obrigatorio asistir a unha serie de conferencias polas mañás mentres pola tarde deixaban que fixésemos cousas propias da nosa idade: mercar alcohol ilegalmente e beber en lugares onde non fósemos vistos. Unha das conferencias impartiuna Ana Pastor, daquela flamente ministra de Fomento e ex de Sanidade. Pregunteille ao final da conferencia como era posible que unha mesma persoa estivese preparada para desempeñar dous cargos tan diferentes. Como se podía ter unha formación tan ampla que permitise pasar da Sanidade ao Fomento en cuestión de anos. Non soubo contestar, pero sorriu. Sei que me deu os parabéns pola pregunta. Nos políticos, o ego convértese en impunidade fronte á ignorancia.

Pero acaso non é iso o que esiximos? O que parecemos demandar? O ego do político é sempre maior que o do maior actor de cine —no fondo enormes tímidos—, maior que o de calquera artista ou escritor inseguro con medo a ser criticado —a peor casta imaxinable— e maior incluso que o de David Bisbal e os seus máquinas. Porque o ego do político está disposto a resistir que lle canten polo seu aniversario, está preparado para gañar, para recibir implacable a luz de Cádiz. Que non se preocupe polo lapsus ou a ignorancia Feijoo —dubido que o faga—, porque estes días, a todos se lles dilatan as pupilas diante dos votantes, dese amor en forma de votos que non deixa de ser en parte amor a golpe de like. Mentres, os demais damos palmas ao seu redor e cantamos agradecidos de non ser un deles. E medra en nós a súa vergonza.

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Etiquetas
stats