Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
Bruselas deja en manos de los gobiernos el rearme ante el pulso de Trump
El Gobierno apacigua a Junts con la gestión compartida de la inmigración en Catalunya
Opinión - Notas aclaratorias sobre el pacto PSOE-Junts. Por Neus Tomàs

A poeta Luísa Villata protagonizará o Día das Letras Galegas en 2024

La poeta Luísa Villalta con el mar de A Coruña al fondo

Daniel Salgado

29 de junio de 2023 13:53 h

1

“Parece mentira o vento / o santo Sampedro que se levanta do mar / acaneando sobre a gadoupa cravada nas Illas / e vén vendarnos o Pé encetado pola Rata”, din catro versos do poema Oeste (céfiro), recollido no seu cuarto e último libro, En concreto (2004). A poeta Luísa Villalta iniciaba daquela unha virada na súa obra, inconclusa debido á súa morte temperá aquel mesmo ano na cidade onde nacera, A Coruña, e que centrou algúns dos seus poemas máis singulares. Autora de catro libros publicados de poemas, entre a abstracción conceptual e o expresionismo visionario, será a protagonista do Día das Letras Galegas en 2024. Elixiuna o pleno da Real Academia Galega este xoves.

Aínda que celebrada pola crítica e un galardón noutrora prestixioso e hoxe desaparecido como o Espiral Maior, a súa escrita desparecera, esgotada ou descatalogada, das librarías. Este ano a editorial Galaxia reuniuna nun volume, Pensar é escuro. Poesía reunida 1991-2004, ao cargo do profesor Armando Requeixo. “Non creo que a súa escritura estea esquecida”, explicaba daquela a elDiario.es o propio Requeixo, “pero si que só agora comezamos a dimensionar a súa figura, unha das máis completas da literatura galega dos últimos anos”.

Música reservada foi a súa estrea en libro. Metafísica e por veces opaca, densa e ingrávida a un tempo, urbana e fortemente marcada pola música -foi violinista profesional, ademais de filóloga e docente- a súa poesía foise facendo carne, materia. Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004) completan o seu ciclo en vida. Hai tres anos, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Xunta, publicou o inédito As palabras ingrávidas. A institución recibiu en 2018 o legado da escritora.

Alén do seu traballo poético, que a sitúa nun lugar incerto entre as promocións dos 80 e os 90 da poesía galega, Villalta deu ao prelo ensaios como O outro lado da música, a poesía (1999) e volumes de narrativa como Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). O Día das Letras Galegas de Villalta sucede ao de Francisco Fernández del Riego, home chave da reconstrución cultural do galeguismo na posguerra.

Etiquetas
stats