Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
Sobre este blog

Pikara Magazine es una revista digital que practica un periodismo con enfoque feminista, crítico, transgresor y disfrutón. Abrimos este espacio en eldiario.es para invitar a sus lectoras y lectores a debatir sobre los temas que nos interesan, nos conciernen, nos inquietan.

Nunha lingua propia

Ilustración de Nùria Frago

Gema Zunzunegui

Hai uns días estiven nunha conversa nunha libraría con Isabel-Clara Simó, unha escritora que me deixou encantada. No medio desa interesante conversa preguntóuselle polo tema da súa lingua materna, unha lingua minorizada e mesmo prohibida na época na que ela medrou. En pleno franquismo, o catalán relegou o seu uso ao ámbito doméstico, á intimidade, ao privado. Esa transmisión sería sempre oral, na clandestinidade, nunca dun xeito escrito. Esta autora relatou o asombro que sentiu cando na universidade lle pediron que escribira algo en catalán. Ela quedou abraiada e expresou esa sorpresa: “ah, pero a miña lingua pode escribirse?”. Esta anécdota púxome a pel de galiña. Así que aprendeu a gramática e fixo o que lle pediran: escribiu o seu primeiro relato en catalán e emocionouse porque era a primeira vez que escribía na lingua na que pensaba! Ela sabía que non había volta atrás, comprendía que o seu público lector ía ser menor, que non tería o mesmo recoñecemento, mais decidiu que non ía deixar de expresarse na lingua na que a súa mente construía as historias. A súa propia historia.

Fiquei cavilando neste fermoso relato, no importante que é poder ter o dereito e a liberdade de ver, de sentir e de vivir a través de cada lingua. Porque se hai unhas 7000 linguas no mundo, hai 7000 formas de facer referencia a(s) realidade(s). Neste proceso de pobreza lingüística e, polo tanto, cultural que vivimos, os actos de valentía e reivindicación da idiosincrasia, da riqueza da diferenza e das múltiples identidades son máis precisos que nunca.

Uns días máis tarde, con esta reflexión aínda moi presente, estando nunhas xornadas de intervención en trauma, tiven unhas sensacións opostas ás que me provocou a primeira anécdota. A muller que impartía o curso, galega, castelán falante, orgullosa de falar un inglés fluído, proxectaba vídeos de casos reais nos que ela era a terapeuta. Nun deses vídeos intúese (porque a imaxe está distorcida para preservar a identidade das pacientes) unha muller duns oitenta anos esforzándose para falar dela, da súa historia, da súa realidade en castelán. Polo medio da súa narrativa empregaba palabras ou expresións galegas ás que non lle atopaba tradución, así que lle preguntaba á súa interlocutora se se entendía o que quería contarlle. Nese momento, a muller que nos imparte o curso detén o vídeo e fai unha suposta broma: “me debe de ver muy... jejeje!”, con un ton que eu interpretei de mofa e mesmo orgullo de que a paciente percibise esa diferencia de poder que a suposta experta na materia estaba marcando.

Neste caso quedei absolutamente horrorizada. Pensa de verdade que a narrativa da vida desa muller vai ser a mesma independentemente da lingua na que sexa expresada? Non lle vai dar a liberdade de expresarse na lingua na que esa muller sinte e pensa? Como é posible que lle faga cambiar o paso de baile? Realmente vai facer un abuso de poder así?

Vexo necesario e urxente poñer fin a estas situacións clasistas e discriminatorias. Nunha sociedade na que teoricamente coexisten dúas linguas dun xeito harmónico, este caso é o mellor exemplo de que iso é mentira. Unha situación coma esta pon en evidencia que unha é a lingua do poder e a dos privilexios e a outra é a lingua minorizada e oprimida. As profesionais, aquelas que socialmente temos outorgado un rango superior, debemos saír desas posicións de privilexio, alonxarrnos do hexemónico, afastarnos do poder e ser quen de tomar posicións nas marxes, noutras realidades, de poder escoitar e entender outras historias que, tranquilamente, poderían ser as nosas historias.

Nota mental URXENTE! Aplicarme isto e aprender lingua de signos.

Lee también: 

Lee también: 

María Victoria Moreno: camiños de xiz e tinta (o su versión en castellano)

Sobre este blog

Pikara Magazine es una revista digital que practica un periodismo con enfoque feminista, crítico, transgresor y disfrutón. Abrimos este espacio en eldiario.es para invitar a sus lectoras y lectores a debatir sobre los temas que nos interesan, nos conciernen, nos inquietan.

Etiquetas
stats